16 de setembro de 2023

Noraboa ao Calasanz

Unha fin de semana sen actividade en AGAX, salvo a viaxe a Alcalá do Calasanz.

Os rapaces marcharon a participar na fase final do MasterChess, tras gañar en xuño a fase galega.

O euipo formado por Rubén Troiteiro, Pablo Iglesias, Carlos Pardo e Nico Vigo lograron o terceiro posto, por detrás do Gredos de Alcalá que xogaba na casa e do La Salle de Alfaro.

A aposta do xadrez por colexios era unha das liñas de traballo en 2023, e teremos oportunidade de reforzala o vindeiro mes de outubro co torneo a disputar nos Dominicos.

8 de setembro de 2023

Fin da Copa González March

O xogador do Sporting Club Casino, Marcos Martínez, lidera a proba que remata esta tarde coa última partida das cinco programadas.

Marcos é o único xogador que conseguiu gañar todas as partidos e hoxe xogará contra Anxo Carreira que nas catro partidas só cedeu un empate.

Anxo gañou onte a Roque Bouza e lidera a clasificación de mellor universitario.

Como actividades previas ás 17:30 horas haberá un torneo blitz para os que o desexen (para calquera interesado federado) e ás 18:45 horas, pouco antes do comezo da quenda, unha competición de resolución de problemas en Lichess.

A rolda comezará coma sempre ás 19.00 horas e posteriormente terá lugar a entrega de premios.

Lembrámosvos tamén que se publicaron resumos fotográficos de cada día no Instagram e X de Palaestra (@scdpalaestra)

3 de setembro de 2023

Hoxe Copa AGAX Online

Hoxe celebramos a Copa AGAX Online. Dende este curso este torneo terá lugar no aniversario da nosa entidade.

Estreamos tamén un modelo de premio en tarxeta regalo que veremos que tal funciona.

Hoxe disputaremos as partidas a partir das 19,00.

Lembramos que hai que ser membro do equipo aberto de AGAX en Lichess.

Un trámite que en principio só vai ser necesario facer unha vez, xa que estes datos quedarán xa  para o futuro.

Algúns cubriron o formulario pero despois non solicitaron entrar no equipo... Aínda estades a tempo.

Copa AGAX Online

Domingo 3 de setembro de 2023

19,00 horas

1 de setembro de 2023

Actividades desta fin de semana.

Hoxe 1 de setembro chegamos a 34 anos de actividades.

Venres 1 de setembro.

Dende hoxe temos aberta a nova inscrición para o curso 2023-2024. PREME.

Sábado 2 de setembro.

Estaremos no Día da Familia en Eiris.

Desde 16,00 ás 20,00. Co xadrez xigante.

Faremos un torneo ás 18,30. Os tres primeiros levarán tres tazas con motivo de xadrez (Ista vez serán cunha imaxe do libro de Alfonso X) 

Domingo 3 de setembro.

As 19,00 Temos a Copa AGAX Online.

Lembra que tes que inscribirte antes no noso equipo de Lichess PREME

Torneo de 3' + 2'' modo Arena, sen berseker e sen racha de vitorias nesta Ligazón:

COPA AGAX ONLINE 2023 Arena #u3oROPOw • lichess.org


30 de agosto de 2023

Torneos Online

Este xoves publicaremos as actividades da fin de semana (que terán o día principal o sábado co Día da Familia en Eirís) pero de cara a nova temporada recomendamos anotaros no novo equipo de Lichess de AGAX para torneos abertos.

Para 2023-2024 incrementaremos as actividades e aproveitando a presenza de Brais en México andamos a pensar distintas competicións.

Así que se queres competir entra aqui e cubre os teus datos, xa que polas normas dalgunha das administracións necesitaremos os vosos datos reais para comprobar a participación nas actividades:

https://www.xadrecista.eu/2023/08/equipo-en-lichess.html

Este venres como é o aniversario de AGAX celebraremos a Copa AGAX Online.

Outros torneos previstos no grupo nos próximos meses (e aínda vaise incrementar):

Setembro: Torneo Día da Familia, Copa González March, Campus de Ferrol

Outubro: Rosario, Ludo, Ludo Lóstrego, Colexial por equipos, Curros

Novembro: Copa AGAX, Tódolos Santos, Outono, Liga de Outono, "Campionato Mundial de Pasapezas", Aniversario Narón

Decembro: Nadal, Navidad por parellas, Navidad 

24 de agosto de 2023

Cuarta fin de semana de agosto

As actividades nesta fin de semana estarán centralizadas pola promoción do xadrez na Romaría do Parque de Santa Margarida.

Aquí tes as actividades:

Venres 25: Os que o desen poden achegarse polo Centro Comercial Los Rosales dende 19,30 para botra unhas partidas.

Domingo 27: De 17,30 a 19,30 estaremos nos soportais da Casa das Ciencias e de 18,30 a 19,30 relizaremos un amigable de rápidas.

O premio para os primeiros será unha taza con motivo de xadrez... será a primeira actividade na que entreguemos este modelo.

Mais actividades:

Lembra que Palaestra e o Casino están a organizar a Copa AGAX do 4 ao 8 de setembro.

Nos próximos meses teremos moitísimas actividades como anos pasados así que pasa por aqui o polas nosas redes sociais para ir coñecendo as distintas actividades.

18 de agosto de 2023

Terceira fin de semana de agosto

Actividades estes días:

O venres 18 os que queiran poden ir botar unhas partidas no Centro Comercial Los Rosales.

O sábado 19 temos os Torneo de Cambre.
Como en años anteriores un de blitz pola mañá e outro de rápidas pola tarde.
Bases do torneo Blitz: 
Bases do torneo Rápidas:

O domingo 20 hai dúas actividades a recomendar
Por un lado Iniciativa Universitaria en Vimianzo, que incluirá un torneo de xadrez.
Info en:

Por outro lado temos o Torneo do verán de Sada, o "Torneo San enRoque"
Sete roldas desde ás 16,00

E para as vindeiras semanas o domingo 27 teremos unha actividade coincidindo coa Romaría de Santa Margarida na Casa das Ciencias.

10 de agosto de 2023

Fin de semana

As próximas semanas teremos bastantes actividades:

Venres 11
Ás 20,15 temos o Torneo de blitz previo ao Torneo do Día da Xuventude.
Cinco partidas a cinco minutos. Sen cota de inscrición.
O vencedor levará unha taza con motivo de xadrez.

Sábado 12
Ás 17,00 temos o Torneo día da Xuventude.
Cinco partidas a quince minutos. Sen cota de inscrición.
O mellor das categorías senior, absoluta, sub14, sub12, sub10 e sub 8 levará un trofeo.
Todos os participantes recibitán un libro.

Domingo 13
Ás 16,15 xógase o Torneo de San Roque en betanzos.
Xa teñen cubertas as súas 90 prazas.


Próximas actividades:

O sábado 19 temos os Torneo de Cambre.
Como en años anteriores un de blitz pola mañá e outro de rápidas pola tarde.
Bases do torneo Blitz: 
Bases do torneo Rápidas:

O domingo 20 hai dúas actividades a recomendar
Por un lado Iniciativa Universitaria en Vimianzo, que incluirá un torneo de xadrez.
Info en:

Por outro temos o Torneo do verán de Sada, o "Torneo San enRoque"
Sete roldas desde ás 16,00
Info: 

4 de agosto de 2023

Xadrez nas fins de semana

Estes días empezaron para nos rescatando este pequeno video de hai mais de vinte anos. Naquela época El Corte Inglés era un dos espazos de xogo mais habituais para o Grupo AGAX e alí creamos o que hoxe é a Copa Galicia. A actividade do video probablemente fora un zonal por categorías, as fases previas para os campionatos galegos, que daquela celebrábanse normalmente nos últimos meses do ano. Varios dos que aparecen seguen a xogar vinte anos mais tarde.



E na actualidade temos algunas cousas que comentar:

SABADO 5: Torneo de Lugnasad no Centro Comercial Los Rosales. 17,00 horas.
SÁBADO 12: Torneo Día da Xuventudeno Centro Comercial Los Rosales. 17,00 horas.
DOMINGO 13: Torneo de Betanzos
SÁBADO 19: Torneo de Cambre
DOMINGO 20: Torneo de Sada

25 de xullo de 2023

Actividade finais de xullo

Estes días con pouca actividade animamos a participar no desprazamento a Monforte.

Dende INCUDE van facer unha actividade variada e no tocante ao xadrez hai tres liñas fundamentais:

1. Promoción do xadrez ao aire libre no Campo dos Condes

2. Creación dun club de xadrez específico para a comarca de Lemos.

3. Tarde de xadrez no Pazo de Tor.

O desprazamento é gratuito.

Podes ver as bases en: http://iniciativasuniversitarias.blogspot.com/2023/07/sabado-29-monforte.html

10 de xullo de 2023

Días tranquilos

Temos por diante uns días tranquilos. En principio as únicas actividades confirmadas son a Semana de xadrez con Hector Rodríguez no Colexio Calasanz e o torneo do Día do Xadrez... pero será a vindeira semana.

Sobre a semana de xadrez tes información en:

Sobre o torneo do Día do xadrez:

O CIDU ten que coñecer aínda os horarios do verán para determinar as accións destas semanas.
E lembramos a viaxe a Monforte do sábado 29 coa tarde de xadrez no Pazo de Tor.

30 de xuño de 2023

1ª Fin de semana de xullo

A fin de semana non será de moita actividade no noso grupo pero temos as actividades que organiza INCUDE con motivo do Asalto ao Castelo en Vimianzo

Tes a información global  de INCUDE en:


E de toda a actividade do Asalto en:


Dende a nosa asociación ademais imos poñer as bases dun novo equipo por aqueles lares.

SÁBADO 1 DE XULLO:

11:20: Torneo presencial de xadrez.

Torneo suizo, cinco roldas e a ritmo de cinco minutos. O mellor recibirá un trofeo.

Será na praza do Concello de Vimianzo.

16:00: Torneo de Xadrez Online

Segundo ano que realizamos este torneo de partidas a 3 + 2 en modalidade area, dunha hora de duración.

En lichess.org, aberto a todos os interesados: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #t7Clwq3z • lichess.org

Os participantes nas actividades presenciais recibirán tamén un libro de agasallo. 


23 de xuño de 2023

ACTIVIDADE NO VERÁN

Rematado o curso hai varias actividades que imos recomendar, aínda que este fin de semana sexa de descanso.

Estas son algunhas das actividades que están previstas (pode que algunha aínda non apareza nas páxinas das entidades organizadoras).

Sabemos que INCUDE ten previstas varias actividades mais pero xa iremos informando:

MES DE XUÑO.

SEMANA DE XADREZ PARA RAPACES
Do luns 26 ao venres 30 de xuño. Centro Comercial Los Rosales.
Horario: De 11,00 a 14,00
Unha semana de xadrez de iniciación co temario de nivel 1 de AGAX (iniciación).
Cota: 50 euros

TORNEO AMIGABLE FOGUEIRAS DE SAN PEDRO
Mércores 28 de xuño - 20,00 horas. Centro Comercial Los Rosales.
Torneo de partidas a 5 minutos
Cota: De balde

MES DE XULLO.

ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO
Sábado 1 de xullo. Praza do Concello de Vimianzo.
Horario: De 11,00 a 14,00
Distintas actividades neste día.

SEMANA DE XADREZ E XOGOS
Do luns 3 ao venres 7 de xullo. Centro Comercial Los Rosales.
Horario: De 11,00 a 14,00
Unha semana de xadrez con xogos (xadrez, damas, mikado, dominó...).
Cota: 60 euros (inclúe un pequeno xogo de xadrez)

SEMANA DE ADESTRAMENTO
Do luns 3 ao venres 7 de xullo. Centro Comercial Los Rosales.
Horario: De 19,00 a 21,00
Unha semana de xadrez con unha hora de problemas de finais e outra hora de torneo amigable.
Cota: De balde

SEMANA DE XADREZ CON HECTOR RODRIGUEZ.
Do luns 17 ao venres 21 de xullo. Espazo a determinar.
Horario: De 9,00 a 14,00
Unha semana de xadrez con Héctor Rodríguez.
A información publicarase nos próximos días.

TORNEO DÍA MUNDIAL DO XADREZ
Xoves 20 de xullo - 20,30 horas. Centro Comercial Los Rosales.
Torneo de partidas a 5 minutos
Cota: De balde

TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR
Sábado 29 de xullo. Xadrez en Monforte de Lemos.
Horario: Pola tarde
Distintas actividades neste día.

MES DE AGOSTO.

TORNEO DÍA MUNDIAL DA XUVENTUDE
Sábado 12 de agosto - 17,00 horas. Centro Comercial Los Rosales.
Torneo de partidas a 15 minutos
Cota: De balde

TORNEO SANTA MARGARIDA
Domingo 27 de agosto
Pendente de mais info

MES DE SETEMBRO.

COPA GONZALEZ MARCH
Do 4 ao 8 de setembro no Sporting Club Casino
Torneo de partidas a 60 minutos
Información pendente de concretarse.

POSIBLE DESPRAZAMENTO DO CALASANZ A ALCALA
15 de setembro. Para participar no Campionato de España Escolar en Centros Comerciales.

OPEN SICENCE EN CAMBRE
15 e 16 de setembro.

OUTRAS ACCIONS.

CAMPAMENTOS DE MIRKO - CAMBRE
As semanas de xullo de luns a venres de 11,00 a 13,00

CAMPAMENTOS DE SMISLOV - SADA
Neste caso hai tres no verán; primeira quincena de xullo, segunda quincena de xullo e primeira quincena de agosto

CLASES EN SIGRÁS
Os martes de 11,00 a 12,30 no seu local social.

TORNEOS EN CAMBRE E BETANZOS
Os tradicionais torneos do verán terán lugar o 13 de agosto (Betanzos) e 19 de agosto (Cambre).

16 de xuño de 2023

3ª Fin de semana de xuño

Estamos a día 16 e tal día coma hoxe de hai 34 anos tiña lugar a fundación da Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX). Pero dende o principio normalmente celebramos o noso aniversario o día 1 de setembro, día que foi aprobada oficialmente no rexistro do Ministerio do Interior e que parécenos mais práctico para iniciar a temporada.

Estas son as actividades que teremos estes días:

VENRES 16

20,30 - 21,30 TORNEO NO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR.
Na categoría senior aberto a membros da Comunidade Universitaria e xogadores do CIDU e aberto aos rapaces nados en 2009 ou seguintes (haberá trofeo para os tres mellores destes últimos).

SÁBADO 17 DE XUÑO

17,00: Un equipo do Colexio Calasanz competirá en Vigo no Torneo de Colexios organizado no Centro Comercial Vialia.

17,00: Ten lugar a Liga de Xadrez das Mariñas.

DOMINGO 18 DE XUÑO

11,00: Día do Deporte na Rúa. Un ano mais AGAX é a entidade referencia do xadrez coruñés e nesta ocasión mudamos de lugar. Estaremos na Praza de Portugal. Como xa publicamos de 12,00 a 14,00 realizaremos un Torneo amigable.

E para os previsores imos informando de datas:

En breve publicaranse máis accións no verán, e o vindeiro luns 19 teremos bastantes novidades, xa que estamos pendentes dunha xuntanza ás 17,30. Algunhas datas que parecen xa confirmadas:

Do luns 26 ao venres 30 de xuño de 11,00 a 14,00 horas.
Semana de xadrez de Palaestra nos Rosales. Curso de xadrez co temario nivel 1 de AGAX.

1 xullo: Asalto ao Castelo de Vimianzo
17 ao 21 de xullo: Semana de xadrez para rapaces en Riazor.
29 de xullo: Tarde de xadrez no Pazo de Tor

13 de agosto: Torneo de Betanzos
19 de agosto: Torneos de Cambre

Semana do 4 de setembro: Copa González March

14 de xuño de 2023

DIA DO DEPORTE NA CORUÑA

O domingo 18 teremos na Coruña o Día do Deporte onde un ano mais AGAX levará a actividade de xadrez.

Este ano temos dúas novidades: Cambio de Ubicación. Estaremos na Praza de Portugal e ademais realizaremos un pequeno torneo amigable.

A actividade comezará ás 11,00 horas.

9 de xuño de 2023

2ª Fin de semana de xuño

A fin de semana está protagonizada polo Torneo de Primavera deste 2023.

VENRES 9

Centro Comercial Los Rosales. A Coruña. 20,15.
Suízo a 5 roldas. 5 minutos a finish.
Absoluta e Universitaria.

SABADO 10

Centro Comercial Los Rosales. A Coruña. 17,00.
Suízo a 5 roldas. 15 minutos a finish.
Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

PREME PARA INSCRIBIRSE

2 de xuño de 2023

Empezamos o mes de xuño

Empezamos o mes de xuño con relativa calma.

VENRES 2

Os membros da Comunidade Universitaria tñene un novo "venres no cur" dende 19,30.

SÁBADO 3

Ás 11,00 terá lugar a Asemblea da federación Galega de Xadrez, con interesantes puntos na súa orde do día. Parece evidente que hai que modificar cousas no modelo da Liga Galega de Xadrez.

Pola tarde ten lugar o Campionato Galego Lóstrego.

DOMINGO 4

Durante todo o día ten lugar o Galego de Rápidas.

Lembramos que na próxima fin de semana se desenvolve o Torneo de Primavera de Los Rosales. Estás xa anotado?

26 de maio de 2023

Última fin de semana de maio

Fin de semana da Copa de Galicia, a cadete o sábado e a absoluta o domingo.

Venres 26

Os membros da comunidade universitaria teñen o torneo semanal do Circuito de Primavera.

Sábado 27

Ás 11,00 a AAVV de Los Rosales organiza un torneo no Centro Cívico, aberto a todos os interesados. Hai trofeos para os tres primeiros clasificados da categoría absoluta e outros tres para a categoría sub14 así como medallas para todos os interesados. 

19 de maio de 2023

Última xornada de Liga

Pois chegamos nesta terceira fin de semana a última xornada da Liga.

Que actividades teremos?

VENRES 18

Os membros da Comunidade Universitaria e socios do CIDU teñen un novo "venres no CUR" dende as 19,00 en adiante.

SÁBADO 19

Liga Galega de Xadrez. Chegamos a última rolda. Aqui temos a rolda dos equipos mais relacionados coa nosa actividade.

ROLDA-11
ESCOLA XADREZ SIGRÁS  - EXF TORREÓN
Xadrez Das Mariñas  - CÍRCULO FERROLANO C
AIR HOSTESS B - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
TDFC - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
REGATAS DE PERILLO - XIRIA CALVO CARBALLO B
Xadrez Das Mariñas - CXB LUGAMI A

12 de maio de 2023

Penúltima xornada de Liga

Nesta segunda fin de semana disputarase a penúltima xornada da Liga Galega de Xadrez.

VENRES 12

Os do CIDU celebran para os seus xogadores e membros da UDC a terceira rolda do Circuito de Primavera. 20,30 no CUR.

SABADO 13

Dispútase a Liga Galega de Xadrez. Para os equipos mais relacionados coa nosa actividade estas son as partidas:

RECATELO CAMPUS TERRA - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
NARONTEC C.X.N. - Xadrez Das Mariñas 
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - AIR-HOSTESS A
MIRKO A - Xadrez Das Mariñas 
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - AFECCIONADOS CLUBEXA

5 de maio de 2023

1ª Fin de semana de Maio

Centrados no Día da Ciencia na Rúa pero teremos mais cousas.

VENRES 5

Dende as 19,30 os do CIDU xúntanse no Centro Universitario de Riazor, pero con menos tempo xa que ás 20,30 hai a Cea do Deporte que afecta a varios xogadores. 

SABADO 6

Día da Ciencia na Rúa. Xornada especial de 11,00 a 19,00 no Parque de Santa Margarida. Teremos ali os taboleiros xigantes e dúas accións puntuais:

Torneo de Pasapezas ás 12,00. Torneo de Rápidas ás 17,00.

O premio en ambos casos serán unhas tazas da nosa asociación

DOMINGO 7

Para celebrar o Día da Nai faremos un torneo online en Lichess.org

Ligazón do torneo: TORNEO DIA DA NAI Arena #YESRmuFv • lichess.org

Se non es membro do equipo lembra que tes que cubrir o formulario: https://forms.gle/MjmmkjswNG9rUVqd7 

E lembra seguirnos nas redes sociais; @xadrecistas


23 de abril de 2023

Torneo Aniversario do CIDU

BASES DO TORNEO ANIVERSARIO -  CIRCUITO GALEGO DE PROMOCION.

DATA: 
Luns 1 de maio de 2023.

LOCAL DE XOGO:
Salóns da 1ª Planta do Sporting Club Casino.
Rúa Real 83 - A Coruña
Os pais permanecerán na planta baixa salvo nos inicios de cada rolda.

HORARIO:
Presentación: 11,00 - 11,20
1ª Rolda: 11,30
2ª Rolda: 12,30
3ª Rolda: 13,30
4ª Rolda: 17,00
5ª Rolda: 18,00
6ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 20,00 a 20,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a seis roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
O emparellamento realizarase polo sistema VEGA.
Os xogadores poden solicitar non ser emparellados sempre que o fagan ao inicio da rolda anterior.

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido e o árbitro principal Ernesto Pérez, do Sporting Club Casino.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitadas. Nas categorías sub8, sub10, sub12 e sub14 serán necesarias tres xogadas ilegais para a perda da partida. Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORIAS:
Poderán participar calquera xadrecista sub14 teña licencia federativa en vigor. Os participantes do torneo xogarán nas seguintes categorías dacordo a súa idade:

Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2015 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2013 e 2014.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2011 e 2012.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2009 e 2010.

As categorías anteriores contarán para o Circuito Promoción da Federación Galega de Xadrez

PREMIOS
Categoria Sub8: Trofeo para os cinco primeiros. Medalla para os postos 6º ao 20º
Categoría Sub10: Trofeo para os cinco primeiros. Medalla para os postos 6º ao 20º
Categoría Sub12: Trofeo para os cinco primeiros. Medalla para os postos 6º ao 20º
Categoría Sub14: Trofeo para os cinco primeiros. Medalla para os postos 6º ao 20º

Haberá un pequeno libro de INCUDE para todos os participantes que finalicen o torneo. 

Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é gratuíta. 
O máximo de participantes por categoría será de 50.
A data tope para anotarse será o xoves 27 de abril.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web está publicado un torneo amigable absoluto para a mesma data, pensado en parte para os acompañantes que desexen estar entretidos (VER BASES).

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

21 de abril de 2023

Cuarta Fin de semana de abril

Chegamos á cuarta fin de semana de abril, coa Liga Galega xa nas últimas roldas en terceira, mentras que no resto de categorías aínda terá un mes por diante.

Venres 21

Os socios do CIDU e membros da comunidade universitaria da UDC teñen ás 20,00 a segunda rolda do Circuito de Primavera no CUR.

Sábado 22

Encontros dos equipos mais ligados ás nosas actividades:

ROLDA-7 
Xadrez Das Mariñas - CÍRCULO FERROLANO B
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - E.L.X. un Tal Dubov
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CLUB XADREZ ARTEIXO A
AIR-HOSTESS A - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
Xadrez Das Mariñas - GRUPO BAZAN B
XIRIA CARBALLO C - CIDU CALASANZ - ROSALES
CLUB XADREZ IRINDO - CIDU ESCOLA INCUDE
CXB PORTO DE PAULA - XDM - GRUPO OCA "C"
SMYSLOV PROMOCIÓN C - SPORTING CLUB CASINO
SMYSLOV PROMOCIÓN B - AVV O GAITEIRO - SIGRAS

Lembramos que a seguinte fin de semana temos as fases comarcais de escolares e o Torneo Aniversario do CIDU.

14 de abril de 2023

Terceira Fin de semana de abril

Estes días temos fundamentalmente dúas actividades:

VENRES 14
Para os rapaces da Escola Universitaria, xogadores do CIDU e membros da comunidade universitaria da Coruña.

Venres ás 20,00 no Centro Universitario de Riazor.

SÁBADO 15
Este sábado temos as seguintes partidas de liga os equipos mais vencellados con AGAX:
Xadrez Das Mariñas - E.L.X. LUGO XADREZ
CLUBEXA A - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
RECATELO CAMPUS TERRA LUGO - Xadrez Das Mariñas
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CIDU ESCOLA INCUDE - ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA
CIDU CALASANZ  - CLUB XADREZ IRINDO
SPORTING CLUB CASINO - XDM - GRUPO OCA "C"
AVV O GAITEIRO  - SMYSLOV PROMOCIÓN C

23 de marzo de 2023

Nova fin de semana intensa

Nesta primeira fin de semana de primavera temos moita actividade como hai quince días.
Principalmente as actividades son as xornadas de Xogade e da Liga Galega de Xadrez. 

Venres 24
Dende ás 18,00 no Pavillón de Elviña. Segunda e última xornada do programa Xogade na Coruña.

Sábado 25
Ás 17,00 celébrase a quinta rolda da Liga Galega de Xadrez.
 
EFX CAPABLANCA - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A - CÍRCULO FERROLANO B
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B - E.L.X. PANADERÍA FERNANDO VALIN
XIRIA CALVO CARBALLO B - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - E.L.X. BOBBY FISCHER
ESCOLA XADREZ CLUBEXA - CIDU ESCOLA INCUDE
ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA - CIDU CALASANZ - ROSALES
CXB PORTO DE PAULA - SPORTING CLUB CASINO
XDM - GRUPO OCA "C" - AVV O GAITEIRO - SIGRAS

Domingo 26
Dende ás 10,00 no Pavillón Sofía Toro. Segunda e última xornada do programa Xogade en Cambre.

10 de marzo de 2023

2ª Fin de semana de Marzo

Voltamos a intensas fins de semana de xadrez.

Para os que queiran actividades temos:

VENRES 10

Ás 18,00 comezan as partidas do programa Xogade da Xunta para A Coruña. Será no Pavillón de Elviña na Avenida Glasgow. Xa hai anos que ningún dos nosos equipos competía na Coruña, xa que se prefería ir a Cambre pero este ano o CIDU presenta equipos en categorías alevín e benxamín.

De 19,30 a 21,30 está aberta a sala de xadrez do Centro Universitario de Riazor, para a comunidade universitaria e xogadores do CIDU.

SABADO 11

Terceira rolda da Liga Galega de Xadrez. O calendario dos clubs mais implicados coa nosa actividade é o seguinte:

ESCOLA XADREZ SIGRÁS - EFX CAPABLANCA
GRUPO BAZÁN - Xadrez Das Mariñas 
E.L.X. ABSOLUTO - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
Xadrez Das Mariñas - CLUB XADREZ SMYSLOV SADA
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - TDFC
CLUB DE AJEDREZ MACONDO - CIDU ESCOLA INCUDE
CLUB XADREZ ARTEIXO - CIDU CALASANZ - ROSALES
CXB PORTO DE PAULA - AVV O GAITEIRO - SIGRAS
SPORTING CLUB CASINO - MIRKO 
XDM  - ESCOLA XADREZ CULLEREDO

Nesta terceira rolda por fin o Sporting Club Casino xoga na casa.

DOMINGO 12

Ás 10,00 comezan as partidas do programa Xogade da Xunta para Cambre. Será no Pavillón Sofía Toro, detrás da Casa do Concello. Dende hai anos apoiamos a xuntanza dos nosos clubs nun só equipo para competir como Xadrez das Mariñas.

Moita actividade que agardamos disfritedes.

22 de febreiro de 2023

CALENDARIO LIGA 2023


Calendario dos equipos que colaboran mais estreitamente con AGAX.

ROLDA-1 25-02-2023
GRUPO BAZÁN A - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A
RECATELO CAMPUS TERRA - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B - PIRATA TITO
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - REGATAS DE PERILLO
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B - NARONTEC C.X.N. B
CLUB DE AJEDREZ MACONDO C - CIDU CALASANZ - ROSALES
CIDU ESCOLA INCUDE - TDFC7
AVV O GAITEIRO - SIGRAS - ESCOLA XADREZ CULLEREDO
SMYSLOV PROMOCION A - XDM - GRUPO OCA "C"
SPORTING CLUB CASINO - BYE.

ROLDA-2 04-03-2023
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A - E.L.X. LUGO XADREZ
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca - EXF TORREÓN
E.L.X. BOBBY FISCHER - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B
CXB LUGAMI B - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B
AFECCIONADOS CLUBEXA - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CIDU CALASANZ - ROSALES - CIDU ESCOLA INCUDE
MIRKO B - AVV O GAITEIRO - SIGRAS
ESCOLA XADREZ CULLEREDO- SPORTING CLUB CASINO
BYE. - XDM - GRUPO OCA "C"

ROLDA-3 11-03-2023
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A - EFX CAPABLANCA
GRUPO BAZÁN A - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca
E.L.X. ABSOLUTO - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B - CLUB XADREZ SMYSLOV SADA
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - TDFC
CLUB DE AJEDREZ MACONDO C - CIDU ESCOLA INCUDE
CLUB XADREZ ARTEIXO B - CIDU CALASANZ - ROSALES
CXB PORTO DE PAULA - AVV O GAITEIRO - SIGRAS
SPORTING CLUB CASINO - MIRKO B
XDM - GRUPO OCA "C" - ESCOLA XADREZ CULLEREDO

ROLDA-4 18-03-2023
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B - CLUB XADREZ ARTEIXO A
CÍRCULO FERROLANO D - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B
PIRATA TITO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CIDU ESCOLA INCUDE - CLUB XADREZ ARTEIXO B
CIDU CALASANZ - ROSALES - ESCOLA XADREZ CLUBEXA
AVV O GAITEIRO - SIGRAS - SPORTING CLUB CASINO
MIRKO B - XDM - GRUPO OCA "C"

ROLDA-5 25-03-2023
EFX CAPABLANCA - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A - CÍRCULO FERROLANO B
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B - E.L.X. PANADERÍA FERNANDO VALIN
XIRIA CALVO CARBALLO B - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - E.L.X. BOBBY FISCHER
ESCOLA XADREZ CLUBEXA - CIDU ESCOLA INCUDE
ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA - CIDU CALASANZ - ROSALES
CXB PORTO DE PAULA - SPORTING CLUB CASINO
XDM - GRUPO OCA "C" - AVV O GAITEIRO - SIGRAS

ROLDA-6 15-04-2023
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca - E.L.X. LUGO XADREZ
CLUBEXA A - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A
RECATELO CAMPUS TERRA LUGO - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CIDU ESCOLA INCUDE - ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA
CIDU CALASANZ - ROSALES - CLUB XADREZ IRINDO
SPORTING CLUB CASINO - XDM - GRUPO OCA "C"
AVV O GAITEIRO - SIGRAS - SMYSLOV PROMOCIÓN C

ROLDA-7 22-04-2023
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca - CÍRCULO FERROLANO B
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A - E.L.X. un Tal Dubov
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CLUB XADREZ ARTEIXO A
AIR-HOSTESS A - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B - GRUPO BAZAN B
CLUB XADREZ O TOQUE XIRIA CARBALLO C - CIDU CALASANZ - ROSALES
CLUB XADREZ IRINDO - CIDU ESCOLA INCUDE
CXB PORTO DE PAULA - XDM - GRUPO OCA "C"
SMYSLOV PROMOCIÓN C - SPORTING CLUB CASINO
SMYSLOV PROMOCIÓN B - AVV O GAITEIRO - SIGRAS

ROLDA-8 29-04-2023
CLUBEXA A - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca
NARONTEC C.X.N. - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A
XIRIA CALVO CARBALLO B - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
E.L.X. MILAGROSA - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B - AIR HOSTESS B
CIDU CALASANZ - ROSALES - BYE
CIDU ESCOLA INCUDE - CLUB XADREZ O TOQUE XIRIA CARBALLO C
XDM - GRUPO OCA "C" - SMYSLOV PROMOCIÓN C
SPORTING CLUB CASINO - SMYSLOV PROMOCIÓN B
AVV O GAITEIRO - SIGRAS - SMYSLOV PROMOCION A

ROLDA-9 06-05-2023
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca - E.L.X. un Tal Dubov
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A - CÍRCULO FERROLANO C
E.L.X. ABSOLUTO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B - CÍRCULO FERROLANO E
REGATAS DE PERILLO - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B
CIDU CALASANZ - ROSALES - TDFC7
BYE - CIDU ESCOLA INCUDE
XDM - GRUPO OCA "C" - SMYSLOV PROMOCIÓN B
BYE. - AVV O GAITEIRO - SIGRAS
SPORTING CLUB CASINO - SMYSLOV PROMOCION A

ROLDA-10 13-05-2023
RECATELO CAMPUS TERRA - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A
NARONTEC C.X.N. - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - AIR-HOSTESS A
MIRKO A - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B - AFECCIONADOS CLUBEXA

ROLDA-11 20-05-2023
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A - EXF TORREÓN
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca - CÍRCULO FERROLANO C
AIR HOSTESS B - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
TDFC - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B
REGATAS DE PERILLO - XIRIA CALVO CARBALLO B
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B - CXB LUGAMI A

2 de febreiro de 2023

Actividade da Fin de semana

Temos por diante unha intensa fin de semana coa celebración dos campionatos provinciais nas categorías sub8, sub10 e sub14. O record de asistencia a estas probas provinciais mantense denden 2013, último ano que se fixeron na cidade da Coruña.

Dende entón ninguén tivo unha participación tan alta como cando teñen lugar no Sporting Club Casino. 

Na categoría sub8 o record estaba posto en 22 e parece que imos ter 25. En sub10 a marca era 47 e imos estar 10 por debaixo. En sub14 en 2013 tiveran so 13 xogadores e agora estaremos en 25.

Polo tanto estamos 2 por riba, se ben a marca mais salientable en 2013 foron os 63 na categoría sub12 (que realizaremos en Cambre a próxima semana). Tendo en conta que nas edicións seguintes non chegaron á metade desta marca, témolo dificil para facer unha igoal. Pero non vai ser polas gañas. 

Aqui tes o menú semanal:

Venres 3 de febreiro.

Para socios do CIDU e universitarios en xeral: Venres no CUR ás 19,30 horas.

Sábado 4 de febreiro. Sporting Club Casino

11,00: Campionato Provincial sub 8. https://info64.org/provincial-coruna-sub8-2023-xunta-de-galicia

16,00: Campionato Provincial sub14 https://info64.org/provincial-coruna-sub14-2023-xunta-de-galicia

16,00: Torneo de Imbolc www.xadrezuniversitario.org

Domingo 5 de febreiro. Sporting Club Casino.

11,00: Campionato Provincial sub 10. https://info64.org/provincial-coruna-sub10-2023-xunta-de-galicia

16,00: Campionato Provincial sub14 https://info64.org/provincial-coruna-sub14-2023-xunta-de-galicia

16,00: Torneo de Imbolc www.xadrezuniversitario.org

Lembramos que para todos os nados en 2011 ou seguintes o próximo domingo día 12 teremos os Provinciais da categoría sub12. Será en Vila Concepción. 

Remata o prazo!

Ola!

Lembra que so tes ata as sete da tarde de hoxe xoves para inscribirte nos provinciais desta fin de semana.

Podes ver toda a información nesta web e mesmo consultar por teléfono no 654 60 37 16 

30 de xaneiro de 2023

Torneos provinciais

Actividades de xadrez para o vindeiro fin de semana. Hai prazo para inscribirse ata o xoves 2.

As categorías dos provinciais sub8, sub10 e sub14 serán organizadas polo Sporting Club Casino na Rúa Real 83 da Coruña.

TORNEO SUB8

Sub8 (nados en 2015 en adiante): 
Sábado 4 de febreiro: 11,00, 12,00, 13,00, 16,00, 17,00 e 18,00. 
Caso de ter mais de 64 xogadores xogaríase unha rolda tamen ás 19,00.
Ritmo de xogo: 15 minutos + 15 segundos de incremento (15’+15’’).



TORNEO SUB14

Sub14 (nados en 2009 en adiante): 
Sábado 4 de febreiro: 16,00, 17,30 e 19,00. 
Domingo 5 de febreiro: 16,00, 17,30 e 19,00. 
Caso de ter mais de 64 xogadores xogaríase unha rolda o domingo 5 ás 12,00.
Ritmo de xogo: 30 minutos + 15 segundos de incremento (30’+15’’).



TORNEO SUB10

Sub10 (nados en 2013 en adiante): 
Domingo 5 de febreiro: 11,00, 12,00, 13,00, 16,00, 17,00 e 18,00. 
Caso de ter mais de 64 xogadores xogaríase unha rolda tamen ás 19,00.
Ritmo de xogo: 15 minutos + 15 segundos de incremento (15’+15’’).




Inscricións: 

A través do formulario electrónico: https://forms.gle/HMbq1uM5axj76edd7
Prazo: xoves 2 de febreiro ás 19,00 horas.
Información complementaria:
Web oficial: www.fegaxa.org
Por whatsapp 654 60 37 16
Información en Facebook, instagram e twitter en @scdpalaestra.net

Comité de apelación: Estará formado polo director e o árbitro do torneo.

Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría e agasallo para todos os participantes.