5 de maio de 2023

1ª Fin de semana de Maio

Centrados no Día da Ciencia na Rúa pero teremos mais cousas.

VENRES 5

Dende as 19,30 os do CIDU xúntanse no Centro Universitario de Riazor, pero con menos tempo xa que ás 20,30 hai a Cea do Deporte que afecta a varios xogadores. 

SABADO 6

Día da Ciencia na Rúa. Xornada especial de 11,00 a 19,00 no Parque de Santa Margarida. Teremos ali os taboleiros xigantes e dúas accións puntuais:

Torneo de Pasapezas ás 12,00. Torneo de Rápidas ás 17,00.

O premio en ambos casos serán unhas tazas da nosa asociación

DOMINGO 7

Para celebrar o Día da Nai faremos un torneo online en Lichess.org

Ligazón do torneo: TORNEO DIA DA NAI Arena #YESRmuFv • lichess.org

Se non es membro do equipo lembra que tes que cubrir o formulario: https://forms.gle/MjmmkjswNG9rUVqd7 

E lembra seguirnos nas redes sociais; @xadrecistas


Ningún comentario: