5 de xuño de 2008
Torneo XIX Aniversario de Palaestra
TORNEO XIX ANIVERSARIO DE PALAESTRA
I. DÍA DE CELEBRACIÓN.
O Torneo terá lugar o sábado 7 de xuño de 2008.
II. HORARIO DAS PARTIDAS.
As partidas comezarán ás 17;30, 17;45, 18;00, 18;15, 18;30 e 18;45.
III. DURACIÓN DAS PARTIDAS.
A partidas terán unha duración de 5 minutos por xogador.
IV. MODALIDADE DO TORNEO.
Sistema suízo a seis roldas (elaborado polo "PROTOS").
V. PARTICIPANTES.
O campionato será aberto, podendo participar no mesmo tódolos interesados ata un límite de corenta xogadores.
Os xogadores serán listados polo seu ELO e logo alfabéticamente.
VI. COTAS.
A cota de participación será de 1 euro.
VII. LOCAL DE XOGO.
O torneo terá lugar na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés.
VIII. PREMIOS.
A entrega de premios terá lugar despois da última rolda.
O listado de premios será o seguinte:
1º.- Trofeo + 30 € en tarxeta regalo + 40% das cotas.
2º.- Trofeo + 30% das cotas.
3º.- Trofeo + 20% das cotas.
Ademais haberá un agasallo para tódolos participantes.
4 de xuño de 2008
A Liga de Primavera disputouse o pasado sábado.
Disputada o 31 de maio de 2008, na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés na Coruña, coa participción de diferentes equipos da Coruña e Lugo.
Xogábase a 5 Roldas dende as 17,00 da tarde e con ritmo de 20 minutos por xogador.
O equipo estivo formado por Antonio Pazos, Walter López e Pedro Suárez
Tras o equipo da Universidade quedaron os dous equipos do Círculo das Artes de Lugo.
Mais info na páxina web de Deporcultura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)