29 de outubro de 2023

Semana da Copa AGAX

Martes 31
No Centro Comercial Los Rosales teñen a Xornada Lúdica do Samaín, mezclando xadrez e Carcasonne. O Centro estará con moitas actividades como actuacións musicais e demais. Así que a idea é pasar unha tarde distinta alí.

Mércores 1
Celebraremos na tarde deste día festivo como xa vai sendo tradicional a Copa AGAX e o torneo Tódolos Santos.

Venres 3
O CIDU organiza a Liga de Outono por equipos (partidas blitz e 3 membros por equipo) e o chamado "Campionato do Mundo de Pasapezas"

Sábado 4
O CIDU organiza o Torneo de Outono para categorías sub14, sub12, sub10 e sub8 e os Torneos de Outono Absoluto e Lóstrego.
Animádevos a participar. Seguide as redes sociais dos distintos clubs e equipos para coñecer mais rápido as noticias.

27 de outubro de 2023

Moitas accións estes días.

Pechando o mes de outurbo temos moitas accións

Venres 27
Os do CIDU teñen actividades no Centro Universitario de Riazor dende ás 19,00 ata as 21,30.
Para membros da comunidade universitaria e xogadores do CIDU

Sábado 28
Club Ludo organiza nos Dominicos un torneo por colexios, que pretendía ser unha proba con media ducia de equipos e parece que vai ter o máximo de 12. 

Domingo 29
Non o levamos nos, pero na ERLAC fan un dos torneos promoción.

Martes 31
No Centro Comercial Los Rosales facemos a Xornada Lúdica do Samaín, mezclando xadrez e Carcasonne. O Centro estará con moitas actividades como actuacións musicais e demais.

Mércores 1
Celebraremos na tarde deste día festivo como xa vai sendo tradicional a Copa AGAX e o torneo Tódolos Santos.

Venres 3
O CIDU organiza a Liga de Outono por equipos (partidas blitz e 3 membros por equipo) e o chamado "Campionato do Mundo de Pasapezas"

Sábado 4
O CIDU organiza dentro do Circuito promoción da Federación Galega o Torneo de Outono para categorías sub14, sub12, sub10 e sub8 e os Torneos de Outono Absoluto e Lóstrego.

Animádevos a participar. Seguide as redes sociais dos distintos clubs e equipos para coñecer mais rápido as noticias.

20 de outubro de 2023

Fin de semana

VENRES 20

Os membros do CIDU e INCUDE empezan a xuntarse os venres en Riazor. De 19,30 a 21,30. Só para membros do CIDU e universitarios da UDC.

SÁBADO 21

O Colexio Dominicos celebra o XVI Torneo Ludo activo. Xa cubertas as prazas, algo mais de 32 xogadores participarán nesta proba valedeira para ELO e para o Circuito das Mariñas, que na actualidade lideran Iago Soto e Luca Grygar.

DOMINGO 22

Dentro das súas actividades coa DX Xuventude INCUDE ten outra actividade de xadrez e patrimonio. Será ás 18,00 no Centro de Interpretación de Caldoval (Mugardos). Podes ver outras actividades que van facer ese día os de INCUDE en www.asombrate.es

E para os rapaces o sábado 28 está prevista a realización dun torneo por colexios como peche das actividades dos 40 anos de xadrez nos Dominicos. www.clubludo.com

12 de outubro de 2023

Xadrez na ponte

A fin de semana vai estar centrada en dúas accións:

O venres ás 19,30 no Colexio Dominicos teremos a 16ª edición do Torneo Ludo Lóstrego. As bases en www.clubludo.com

O sábado INCUDE ten preparada unha saída a Celanova que inclúe un amigable de xadrez na Casa dos Poetas. A información en www.asombrate.es  

4 de outubro de 2023

Torneos do Rosario

A fin de semana vai estar protagonizada polo Torneo do Rosario, que vivirá neste 2023 un cambio con respecto ós últimos anos. A nova actividade do Club Ludo fai que este torneo, así como os torneos propios de Ludo, deixen de estar organizados pola Asociación Galega de Xadrecistas

Nome do Torneo: XXIX TORNEO DO ROSARIO

Datas: 6 e 7 de outubro de 2023.

Lugar:  Colexio FESD-Santo Domingo. Praza de Santo Domingo - A Coruña.

TORNEO LÓSTREGO. VENRES 6 ás 19,30

TORNEO RÁPIDO. SÁBADO 7 ás 17,00

Toda a información en www.clubludo.com