12 de xaneiro de 2024

Un xaneiro tranquilo

Un mes no que hai que renovar as fichas da federación, presentar os equipos da Liga Galega de Xadrez e teremos nos vindeiros fins de semana os campionatos provinciais que se celebrarán en Culleredo.

Polo demais a Escola de Xadrez de Palaestra está animando a adestrar en partidas lentas para prepararse para a Liga e propón unha clase de xadrez, todo nos seus Martes de Xadrez (ver www.palaestra.eu

E o CIDU ademais de estar reclutando aos seus xogadores propón unha clase de xadrez de adestramento con Iago Soto os mércores e unha clase de iniciación con Pablo Espárrago (ver www.xadrezuniversitario.org)