30 de decembro de 2012

Torneo de Nadal de Xadrez


Cando o Real Club Deportivo converteuse en Sociedade Anónima Deportiva desapareceron as seccións deportivas, quedando como única actividade o fútbol. Unha daquelas era o xadrez, e agora as instalacións do Deportivo volven a recibir unha competición de xadrez.

2 E 3 DE XANEIRO - TORNEO DE NADAL SUB 14
No Playa Club, en Riazor. Torneo en 4 categorías (sub8, sub10, sub12, sub14).
Os dous días haberá partidas ás catro, cinco e seis da tarde.
Premios:
Os tres primeiros de cada categoría recibirán un trofeo e ademais haberá un agasallo para todos os participantes.

2 E 3 DE XANEIRO - TORNEO DE NADAL
No Playa Club, en Riazor. Torneo en única categoría.
Sistema Suizo a cinco roldas con partidas a 20 minutos por xogador.
Dia 2: Partidas ás 19,00 19,45 e 20,30 e día 3: partidas ás 19,00 e 19,45
Premios:
1º Clasificado: Trofeo + 30 euros
2º Clasificado: Trofeo + 20 euros
3º Clasificado: Trofeo + 10 euros

LEMBRAMOS QUE ESTA É UNHA BOA OPORTUNIDADE PARA FACERSE SOCIO DE AGAX. HAI DUAS PROBAS COMBINADAS CON PREMIOS.

1 de xullo de 2012

CONCURSO DESEÑO DE CAMISETAS CO XADREZ COMO MOTIVO

CONCURSO DESEÑO DE CAMISETAS CO XADREZ COMO MOTIVO

Queremos que os membros e simpatizantes de AGAX teñan unha camiseta cun debuxo especial, así que AGAX convídavos a participar neste primeiro Concurso de Deseño de Camisetas, co tema do xadrez.

Ten en conta que o deseño da camiseta será só no frontal, polo que só tes que enviarnos a parte dianteira. O noso logo podes polo como mellor gostes, non hai restricións sobre isto. Só pedímos que non o maltrates. Tamén nalgún lado debe aparecer a nosa web www.agax.org 

Podes enviar todas as propostas que queiras, pero que sexan en baixa resolución en formato jpg.
Se finalmente es seleccionado como o gañador do concurso porémonos en contacto contigo para que nos envíes a túa idea en maior calidade.

A dirección de correo onde tes que enviar os teus deseños é a:

correo@agax.org

Manda o nome e un xeito de contacto. Tenta non evitar mails con moito peso, por favor. Os deseños recibidos serán postos nas nosas páxinas, para que a xente opine.

Seleccionaremos un dos deseños, o cal será utilizado nunha tirada de camisetas que esperamos ter listas este mesmo verán. Para elixir o deseño guiarémonos pola opinión dos socios da entidade.

Podes utilizar as cores que queiras, pero como consello quizais sexa mellor que uses poucos degradados, mellor tintas planas e lembra que ás veces os deseños con menos tintas obteñen mellor aparencia.

Os dereitos do deseño pertencentes ao autor, serán cedidos á Asociación Galega de Axedrecistas, para esta tirada de camisetas, que en principio non será de máis de 100.

O premio

Coa crise non temos para dar un premio en metálico. Se o teu deseño resulta elixido, ofrecémosche:

- Unha camiseta de cada talla realizada que se faga co teu deseño.
- O trece libros que compoñen a Colección de Libros de Peto de ASENCUDEGA
- Un xogo de xadrez de cristal
- Outro material promocional de AGAX (camisetas e chaveiros)
- E obviamente, o noso agradecemento.

Prazo de entrega: 31 de xullo de 2012.