31 de maio de 2024

Primeira fin de semana de xuño

Chegamos ao mes de xuño e na primeira fin de semana temos varias actividades.

Sábado 1: 
TORNEO SEMANA VERDE
Todo o día en Silleda empeza o Circuíto Promoción.
Pero ademais a Federación Galega celebra pola tarde o
Campionato Galego de Xadrez Lóstrego 2024
Neste caso en Padrón.
Para ambas actividades tes a información na páxina da Federación Galega de Xadrez.

Domingo 2:
Campionato Galego de Rápidas 2024
En Padrón todo o día

Martes 4: 
ASEMBLEA AGAX
Horario: 20,00 en adiante.
Na sala de xadrez do Centro Comercial Los Rosales.
Ven darnos ideas para o que queda do ano e próximo curso.

Sábado 8:
TORNEO DE PRIMAVER NOS ROSALES
Para todos os interesados e de balde.
Mais info en: www.palaestra.eu

13 de maio de 2024

Semana e avance doutros torneos.

Na fin de semana temos o Torneo do Día das Letras Galegas, dentro do grupo dos torneos do aniversario do CIDU.

Pero tamén hai torneos en Carballo (o mesmo día 17) Ferrol (o 18) e Culleredo (18 e 19).

Así que os interesados teñen a oportunidade de xogar torneos valedeiros para ELO en blitz, rápidas e standard.

VENRES 17. DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Torneo no Centro Universitario de Riazor.

Información e inscricións na web do CIDU:

https://www.xadrezuniversitario.org/2024/05/torneo-do-dia-das-letras-galegas.html


SÁBADO 18 E DOMINGO 19: TORNEO CULLEREDO.

OUTROS TORNEOS PREVISTOS NO QUE QUEDA DO MES:

25. TORNEO FESTAS BARRIO ROSALES.

25-26. CAMPIONATOS GALEGOS POR EQUIPOS (RÁPIDAS E BLITZ).


3 de maio de 2024

Empezando maio

Empeza maio con forza, estas son algunhas das cousas que temos previstas:

Sábado: 

DÍA DA CIENCIA NA RUA
Horario: 11,00 a 18,00.
Parque de Santa Margarida.
Actividade tradicional das mais queridas da nosa entidade.
Lembrade que temos torneo de pasapezas ás 12,30 e de partidas lóstrego ás 16,30.

XOGADE FASE PROVINCIAL
Horario: 11,00 a 14,00.
Área Central. Santiago de Compostela.
O CIDU Infantil é o único conxunto da cidade que estará entre os catro mellores da provincia en calquera das categorías.

LIGA GALEGA DE XADREZ
Horario: 17,00 en adiante.
Segue a Liga Galega nas categorías superiores.


Domingo:

TORNEO ONLINE DÍA DA NAI
Ás 20,00 temos o torneo do primeiro domingo de mes.


Outras cousas previstas este mes:

* Os "martes de xadrez" de Palaestra no CC Los Rosales recuperan a súa configuración de pequena clase e torneo de rápidas.

* O venres 17 o CIDU organiza dentro dos seus torneos de Aniversario o Torneo Día das Letras Galegas.
Será pola tarde un torneo valedeiro para ELO lóstrego.