3 de maio de 2024

Empezando maio

Empeza maio con forza, estas son algunhas das cousas que temos previstas:

Sábado: 

DÍA DA CIENCIA NA RUA
Horario: 11,00 a 18,00.
Parque de Santa Margarida.
Actividade tradicional das mais queridas da nosa entidade.
Lembrade que temos torneo de pasapezas ás 12,30 e de partidas lóstrego ás 16,30.

XOGADE FASE PROVINCIAL
Horario: 11,00 a 14,00.
Área Central. Santiago de Compostela.
O CIDU Infantil é o único conxunto da cidade que estará entre os catro mellores da provincia en calquera das categorías.

LIGA GALEGA DE XADREZ
Horario: 17,00 en adiante.
Segue a Liga Galega nas categorías superiores.


Domingo:

TORNEO ONLINE DÍA DA NAI
Ás 20,00 temos o torneo do primeiro domingo de mes.


Outras cousas previstas este mes:

* Os "martes de xadrez" de Palaestra no CC Los Rosales recuperan a súa configuración de pequena clase e torneo de rápidas.

* O venres 17 o CIDU organiza dentro dos seus torneos de Aniversario o Torneo Día das Letras Galegas.
Será pola tarde un torneo valedeiro para ELO lóstrego. 

Ningún comentario: