Pois chegados a este mes de nadal as distintas entidades que colaboran con AGAX teñen un calendario bastante amplo.
Nesta ponte en concreto hai que destacar o realizado polo CIDU nos seus torneos Maratón e Aniversario.
Imos con todo o que poderás facer en xadrez estes próximos días:
Venres 2 de decembro
Ás 20,00 no Centro Comercial Los Rosales torneo do Circuito de Outono de partidas rápidas.
Sábado 3 de decembro
Neste día moitos xadrecistas acudirán a Vigo á asemblea da federación Galega que debe escoller ao presidente. Tras a elección da asemblea hai unhas semanas o actual presidente conta cos apoios suficientes para ser reelexido.
Domingo 4 de decembro
Ás 17,00 Torneo de Outono no Centro Universitario de Riazor.
Luns 5 de decembro
Ás 18,00 empeza o Torneo Maratón. Son varios torneos, pero ten especial importancia o primeiro que é válido para ELO.
Martes 6 de decembro
Tanto se xogas o Torneo Maratón como se prefires ir despois de durmir o martes antes de xantar tes un torneo de damas e tamén outro torneo en ritmo blitz dentro das actividades do Maratón, válido para ELO.
E pola tarde dende as 17,30 no Sporting Club Casino terás o Torneo Aniversario do CIDU, válido para ELO.
Mércores 7 de decembro
Ás 19,30 teremos o Torneo Aniversario do CIDU en modalidade Blitz no Sporting Club Casino, válido para ELO.
Xoves 8 de decembro
Ás 17,00 no Centro Comercial Odeón en Narón o Torneo Aniversario do CIDU no Campus de Ferrol, válido para ELO.
Venres 9 de decembro
Ás 20,00 no Centro Comercial Los Rosales torneo do Circuito de Outono de partidas rápidas.
Sábado 10 de decembro
Ás 11,00 no Centro Comercial Los Rosales XI TORNEO DE NADAL