O sábado 24 de outubro de 2026 celébrase na Coruña o Torneo XXX Aniversario do C.C. Los Rosales, que servirá de homenaxe do xadrez coruñés a Ernesto Pérez Ramil, socio fundador da AGAX.
A organización está coordinada por todas as asociacións de ASENCUDEGA. É un torneo amigable e aberto: pode participar calquera xogador, con ou sen licenza federativa. A cota de inscrición é solidaria: un quilo de alimentos para o Banco de Alimentos.
- Data: sábado 24 de outubro de 2026, ás 17:00
- Lugar: planta baixa do Centro Comercial Los Rosales, A Coruña
- Ritmo: 10 minutos + 3 segundos por xogada, suízo a 5 roldas
- Cota: un quilo de alimentos para o Banco de Alimentos
Bases do torneo
- Nome: Torneo XXX Aniversario / Homenaxe a Ernesto Pérez Ramil
- Data: sábado 24 de outubro de 2026
- Lugar: planta baixa do Centro Comercial Los Rosales, A Coruña (segundo a participación, poderase habilitar algún espazo adicional)
- Tipo de torneo: amigable, aberto a calquera xogador con ou sen licenza federativa
- Hora de inicio: 17:00. Cómpre chegar antes para formalizar a inscrición
- Horario das roldas: 17:00 / 17:40 / 18:20 / 19:00 / 19:40
- Entrega de premios: a partir das 20:00
- Sistema de xogo: suízo a 5 roldas
- Ritmo de xogo: 10 minutos con 3 segundos de incremento por xogada
- Categorías: sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e absoluta
- Desempates: despois da última rolda sortearase a orde entre os seguintes criterios: Buchholz total, Buchholz -1, progresivo e número de partidas gañadas
- Cota de participación: un quilo de alimentos, que se doará ao Banco de Alimentos
- Premios: trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría e medalla para todos os participantes de categoría sub-14 e inferiores
- Inscrición: a través do formulario en liña: https://forms.gle/3yQbDozQDrUt77Va7
Consideracións adicionais
- A organización poderá xuntar categorías se non se chega ao número mínimo de participantes.
- A organización poderá deixar algunhas categorías sen reloxo e colocalo só no caso de que a partida se alongue.
- Os participantes autorizan a publicación dos seus datos persoais nos medios que a organización considere oportunos para a difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.), así como a súa presenza nas fotografías realizadas cos mesmos fins.
- A participación no torneo implica a aceptación destas normas.
Bases orixinais publicadas en Palaestra: Torneo XXX aniversario


