29 de outubro de 2021

FIN DE SEMANA

Fin de semana da ponte con distintas cousas.

VENRES 29

Dende as 19,00 teremos mesas dispostas no Centro Comercial Los Rosales onde ás 20,15 teremos un torneo do Circuito de Outono de Xadrez, (www.xadrezuniversitario.org)

SÁBADO 30

Teremos unha nova xornada da Liga AGAX Sub12.

Para nados en 2009 ou seguintes.


Pero a actividade presencial vai seguir o sábado coa Copa AGAX (www.xadrecista.eu). Unha combinación de torneo suizo e de Copa con eliminatorias. Será Nos Rosales
Ritmo: Na Copa o sistema de xogo será por eliminatorias xogadas por Armagedón, no que as Brancas terán 5 minutos e Negras 4 minutos, sendo as táboas valoradas como vitoria das negras. No Torneo Tódolos Santos o ritmo será de 10 minutos finish. 
De 17,00 a 20,40 aprox.

DOMINGO 31

Torneo do Circuito dos Domingos Online. Ás 17,00 horas.

27 de outubro de 2021

Calasanz gaña a segunda xornada da Liga Sub12

A presencia dun equipo completo permitiu a Calasanz gañar na segunda xornada da Liga Sub12 de xadrez, e ademais colocou aos seus catro representantes entre os dez primeiros xogadores.

O segundo posto de Dominicos, que gañara a primeira xornada, permite aos da cidade vella seguir a liderar a proba con dous puntos de vantaxe sobre Calasanz e Compañía de María.


No tocante a clasificación individual, Rubentro do Calasanz, que fora o gran dominador nas tres ligas celebradas ata o momento, non logrou vencer no seu retorno á competición, superado polo seu compañeiro de equipo PabloIG.

Catro xogadores lideran esta taboa, dous de Dominicos, un de calasanz e outro de Xesuitinas.


O próximo sábado teremos unha nova xornada:

Sábado 30 ás 16,00 horas.

22 de outubro de 2021

FIN DE SEMANA DE XADREZ

Estas son as propostas para este fin de semana:

VENRES ÁS 20,00
A recuperación do pasado venres estivo bastante ben e repetimos.
Será o segundo torneo do Circuito de Outono.
A información en: www.xadrezuniversitario.org

SABADO ÁS 16,00
O sábado pasado empezou a Liga AGAX de Outono Sub12 Online.
Dominicos gañou nesta primeira xornada, seguido de Compañía de María que se estreaba nesta proba. En terceira posición quedou o Pardo Bazán.
Só para os nados en 2009 ou seguintes, alumnado dalgún dos centros educativos da cidade da Coruña.

Rolda do sábado 23/10/2021: 

Se non estás en ningún equipo ou queres coñecer as normas básicas desta liga amigable, tes a información da Liga en: 

Clasificacións actuais:



E mais tarde:

SABADO ÁS 19,30
Os nosos amigos de Portugal preparan outro torneo Sub12.
Así que se queres seguir adestrando é unha boa oportunidade.
Para nados en 2009 e seguintes.


DOMINGO ÁS 17,00
Novo torneo dos Domingo Online
Mira no espacio do club online ou visita

E LEMBRA...
Para alumnos, PDI, PAS e exalumnos da Universidade da Coruña, INCUDE ven de abrir a inscrición no seu xa clásico torneo online da UDC.

21 de outubro de 2021

RELATOS E DEBUXOS DE XADREZ

Lembramos que temos pendente os premios de relatos e debuxo de 2020.

E como nestes meses si que imos ter algunha actividade con mais xente, pasamos a publicar relatos e imaxes. Unha a semana, que non houbo moita participación.

Relato: "O alcume"
Debuxo: "A visión do movemento"

O alcume  

No mundo do xadrez haiche milleiros de nomes cos que se coñece aos xogadores; o “Ogro de Bakú”, o “Tigre de Madrás”, o “Mago de Riga”, ou mesmo a “Máquina de xadrez” por nomear algúns. Mais o home que ocupa o meu relato non sae en libro ningún, porén, é o apelativo xadrecístico que máis hei de lembrar.  

Desfrutaba eu os meus anos mozos, e conseguira un traballo nunha vila preto de onde vivía. As miñas tarefas non veñen ao caso, máis podo dicir que tiña o tempo xusto para ir lá de mañanciña na miña bicicleta e voltar a casa no serán. O único momento onde me paraba, era na praza do pobo, á hora do almorzo. Foi aí que comezou o meu romance co xadrez, e foi nese lugar, que coñecín ao home do que vos quería falar.
 
Era el unha persoa de poucas carnes, tal parecía que o fose levar o vento se soltaba o seu caxato. Nunca souben a súa idade coa certeza que me gustaría, pero era un vello con todas as da lei, cabelo branco e engurras sobre engurras. Pero todo aquilo que lle faltaba de corpo e xuventude, sobráballe de miolos; cousa que xa se adiviñaba pola súa mirada. Chegaba aquel vellote á praza, sacaba  o  seu  taboleiro de  cartón e máis  as  pezas,  de  madeira  -se tivera que atinar diría que dalgún carballo- e traballadas a man, o que lles daba un aire único, e tamén un cheiro ao  verniz que nunca as ía deixar. A súa, era  sempre a mesma  rutina, colocaba o reloxo e comezaba a xogar soíño. En  contadas ocasións, algún  veciño que pasaba por alí xogaba con el, pero pouco duraban.  

Pois ben, por aqueles tempos tíñame por un bo xogador, dende que o meu avó ensinárame a xogar “coas súas regras”. Así que un día achegueime ao seu carón e díxenlle se quería botar unha partida. O home sorriu e cun xesto convidoume a xogar. O que nese momento presenciei non é sinxelo de contar, mais era mesmo como ver un pingüín cando se mergulla na auga, o medio natural dese homiño, non era outro que o taboleiro. A súa axilidade mental era tal, que ata as súas mans semellaban lóstregos apañando as pezas. Con todo a partida, como tódalas outras que habían de vir, rematou nun instante.
 
Aquel baile sobre o taboleiro entre nolos dous  converteuse nunha costume, sen entre nos cruzar máis verbas que “sorte”, “xaque mate” e “boa partida”.  
 
Así foi, que esta estraña sorte de amizade sen nomes nin más historia que as nosas batallas, seguiu durante un par de meses. Un día, por curiosidade, mentres estaba a traballar, preguntei na tasca que quedaba mirando cara a praza do pobo se alguén  coñecía aquel home co que eu trabara semellante relación. Ninguén parecía saber del, máis aló de que coma un reloxo chegaba á praza  sempre á mesma hora, cando non chovía. Xa case desistira, cando unha señora deixou caer un nome. “Ese éche o Cancodrilo”, sentenciou cun sorriso. Pese a que eu cría que se trabucara cando quería dicir “crocodilo”, aconteceu que polo alcume alguén máis tiña ouvido falar del e máis nada. O verdadeiro nome ou o porqué daquel outro ninguén mo puido dicir, e o meu tempo de traballo nunca me permitiu afondar máis niso.   

Coa práctica, cos xestos e miradas do meu velliño, aprendín a ler no seu ollar cando eu facía algún movemento mal dado. Pasou o tempo, e por fin, conseguín gañar un xogo. Dos seus beizos saíu “boa partida”, pero cunha ledicia que eu non chegaba a entender. Tendeume a man e apertou con esa forza que eu so lle tiña visto no xadrez. Seguimos xogando máis veces, pero foi unha das últimas. Co tempo o vello deixou de vir e eu deixei  de traballar nesa vila. Aínda así, o que aprendín con el non o esquecín e no meu tempo na universidade gañei fama de xogador a temer.  

Tivo mesmo que ser o fado, que anos tras o meu tempo nesa vila voltei parar lá. Ía preguntar polo meu vello amigo cando vin un taboleiro de cartón e aquelas pezas co cheiro a verniz ciscadas por el. Cando cheguei á súa altura, ergueuse ante min un cativo duns once anos, que  tiña  apañado do chan o bispo  que  faltaba  no  xogo.  Sen  darme  tempo  a  dicir  nada, ofreceume xogar. Despois de ver que era un xogador  ben forte para a súa idade, logo de trocarmos unhas palabras puiden saber que era o neto daquel vello que eu tanto estimaba. 

Contoume como o seu avó coñeceu a súa avoa nesa praza cando xogaba ao xadrez sendo el mozo. Polo visto dicía que os seus mellores amigos os tiña coñecido así. E cando eu xa tiña que marchar o raparigo espetoume “Sabes cal é o can máis perigoso?”. Para a súa estrañeza e a máis a miña, souben responder. “O Cancodrilo” afirmei, mentres soltaba unha gargallada. 

15 de outubro de 2021

FIN DE SEMANA DE XADREZ

Imos recuperar algunhas das actividades de xadrez, estas son as nosas propostas para estes días.

VENRES ÁS 20,00
Recuperamos no Centro Universitario de Riazor os torneos presenciais.
Damos inicio ao Circuito de Outono.
A información en: www.xadrezuniversitario.org

SABADO ÁS 16,00
Tamén neste fin de semana retomamos a Liga AGAX SUB12.
Só para os nados en 2009 ou seguintes, alumnado dalgún dos centros educativos da cidade da Coruña.
Empeza a Liga de Outono, que serán 8 sábados.

Se xa estás nalgún dos equipos e coñeces as normas podes ir directamente ao espazo do torneo deste sábado. Alí terás que indicar con que equipo vas xogar:

Se non estás en ningún equipo ou queres coñecer as normas básicas desta liga amigable, tes a información da Liga en:


DOMINGO ÁS 17,00
Novo torneo dos Domingo Online
DOMINGO ONLINE Arena #kAKfxcna • lichess.org

E tamén para alumnos, PDI, PAS e exalumnos da Universidade da Coruña, INCUDE ven de abrir a inscrición no seu xa clásico torneo online da UDC.

12 de outubro de 2021

LIGA AGAX ONLINE SUB12

Volvemos coa Liga AGAX Online en colaboración co Concello da Coruña. Tras as edicións de inverno e primavera, chega a edición de outono da LIGA AGAX ONLINE SUB12. Cumprimos así a nosa proposta de principios de ano, cando bastante mais confinados propusimos facer tres ligas neste 2021, no primeiro, segundo e cuarto trimestre.

Coma nas edicións anteriores os encontros xogaranse en Lichess e contarán os tres mellores resultados de cada equipo.

No mes de decembro teremos unha actividade aberta a colexios de calquera parte do mundo, pero agora a competición está destinada a colexios da cidade da Coruña, pero se o teu colexio non ten equipo (irán engadíndose algúns estes días) contacta con nos. 

Para a clasificación contarán os tres primeiros representantes de cada colexio. Poden participar tódolos xogadores que o desexen dun mesmo centro e ir variando ao longo da proba. Igoalmente poden incorporarse equipos novos ao longo da duración do torneo.

Cada sábado puntuarán para o circuito os cinco mellores equipos e os cinco mellores xogadores individualmente. Na clasificación final do circuito levarán trofeo e camiseta os tres mellores equipos e os tres mellores xogadores.

LIGA AGAX ONLINE SUB 12 
(NADOS EN 2009 OU SEGUINTES)

SABADOS DE 16,00 A 17,00 EN LICHESS.ORG
Torneos sistema area, de partidas a 5 minutos sen berseker e sen puntos extras por vitorias consecutivas.

Se queres xogar na Liga por equipos Sub 12:

1. Crea unha conta en Lichess.org (se xa a tes creada continua cos puntos 2 e 3) 

2. Escolle o equipo ao que pertenzas e comproba que xa estás inscrito como xogador. Se non terás que pedir ingreso... e atento a resolver o mate en unha xogada que te pedirá para enviar a solicitude.


O Sporting Club será, en principio, o único club que xogue, pero non poderá levar os premios dos colexios.
Se hai tres ou mais xogadores dun colexio, que non crea equipo o da expresamente o permiso para facelo, o nome do equipo en Lichess será "COLEXIO NON OFICIAL", como vedes nalgún dos nomes dos equipos en lichess.

Se non estás nalgún dos anteriores equipos pero queres participar escríbenos a correo@agax.org.

3. Unha vez inscrito, cada sábado con partida terás que anotarte e escoller o teu equipo (para iso tes que estar xa dentro do mesmo). Publicaremos as ligazóns neste mesmo espazo. Así que cada xornada entra en www.xogandocoxadrez.eu para participar na proba do día.
Serán oito sábados. Datas previstas: Outubro: 16, 23 e 30. Novembro: 6, 13, 20 e 27. Decembro: 4

4. Trofeos. Despois das oito xornadas da Liga teremos unha clasificación de circuito (realizada ao xeito tradicional de AGAX contando os cinco primeiros) tanto para equipos como por xogadores individuais.
Os tres primeiros de cada dunha desas categorías recibirán un trofeo.


11 de outubro de 2021

Resultado do XXVII Torneo do Rosario

CATEGORIA ABSOLUTA

1 RODRIGO PENA,   1663  5 18.0 13.5 20.0 4
2 JOSE FERNANDEZ OTERO,   1655  4.5 17.5 14.5 21.0 4
3 MARCOS MARTINEZ,   1746  4.5 14.5 11.0 18.0 4
4 DANIEL CIXESIDO,   1626  4 14.0 11.5 17.0 4
5 FRANCISCO GARCIA,   1673  4 13.0 13.0 19.5 4
6 SERGIO COUTO,   1665  3.5 15.5 16.0 23.5 3
7 GRGORIO SAAVEDRA,   1679  3 13.0 16.0 23.0 3
8 YAGO ALLEGUE,   1353  3 8.0 10.0 15.5 3
9 ROBERTO SERRANO,   1473  3 8.0 8.0 12.0 3
10 JULEN COUTO,     2.5 10.5 10.5 16.5 2
11 RAMIRO DEL VALLE,   1368  2.5 8.5 13.0 19.0 2
12 JOSE PARRA,   1475  2 8.0 12.5 19.0 2
13 ROBERTO BLANDON,   1100  2 8.0 12.5 18.0 2
14 ADRIAN QUEVEDO,     2 5.0 9.0 15.0 2
15 DAVID PEREZ,     1.5 5.5 10.5 16.0 1
16 JESUS RAMOS,     1 1.0 9.5 15.0 1


CATEGORIA SUB12

1 ROQUE SANDE,  1º SUB12 5.5 5 23.0 19.5 14.5 20.75 138.0
2 JULEN COUTO, 1º SUB10 5.5 5 19.0 19.5 12.5 17.25 114.0
3 ALVARO CARRIL, 1º SUB8 4 4 22.5 13.0 16.0 12.50 135.0
4 MATEO ALVAREZ,  2º SUB12  4 4 18.5 13.0 11.5 10.00 111.0
5 XOAN SANDE,  2º SUB10 4 3 20.5 14.0 13.5 7.00 123.0
6 SERGIO FERNANDEZ, 3º SUB10 4 3 16.0 10.0 10.0 6.50 96.0
7 ADRIAN FERNANDEZ, 3 3 22.0 12.0 14.5 7.50 132.0
8 ANTON CASTRO, 3 3 20.5 13.0 13.0 8.50 123.0
9 CHEMA DE LA RICA, 3 3 13.5 9.0 8.5 5.50 81.0
10 PEDRO ROSENDE, 2º SUB8 2.5 1 16.0 8.5 11.0 3.00 96.0
11 VICTOR CAO, 3º SUB12 2 2 19.5 11.0 12.5 5.00 117.0
12 ADRIAN FUENTES, DOMINICOS 2 2 14.5 6.0 10.0 3.50 87.0
13 PEPE VESTEIRO, 2 0 15.5 6.5 10.0 2.25 93.0
14 ALDARA SANDE, 2 0 15.0 5.5 10.0 1.75 90.0
15 YAGO PIÑEIRO, 3º SUB8 1.5 0 19.0 7.5 12.0 1.00 114.0

4 de outubro de 2021

XXVII TORNEO DO ROSARIO

Asociación Galega de Xadrecistas vai celebrar o XXVII Torneo do Rosario, un dos mais antigos de cantos celebramos, xa que o iniciamos en 1995. 

Nome do Torneo: XXVII TORNEO DO ROSARIO

Datas: 9 e 10 de outubro de 2021.

Lugar: Sábado no Colexio Dominicos (entrada pola rúa Maestranza) e Domingo no Sporting Club Casino (Rúa Real) - A Coruña.

Ritmo: 10 minutos + 3 segundos en ambos torneos

Horario:
Os dous días terán os mesmos horarios:
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,35
3ª Rolda: 18,10
4ª Rolda: 18,45
5ª Rolda: 19,20
6ª Rolda: 19,55
Entrega de Trofeos: 20,30

Situación COVID:
Os participantes deberán ter posta a máscara en todo momento e cumprir as indicacións dos organizadores.
Haberá xel en tódalas mesas de xogo.
O número máximo de participantes será de 40.
O sábado disputarase no Pavillón do Colexio Dominicos e o domingo na 4ª planta do Casino, espazos doadamente ventilables.

Premios:
O sábado haberá trofeo para os 3 primeiros da categoría sub12 (2009 e 2010) os tres primeiros da categoría sub10 (2011 e 2012) e os tres primeiros da categoría sub8 (nados en 2013 ou seguintes)
Haberá tamén medalla para todos.
O domingo pode anotarse quen desexe, independentemente da súa idade e haberá trofeos para os tres primeiros.

Inscricións: 3 euros 
(de balde para alumnos de Dominicos o sábado, para socios do Casino o domingo e en xeral para os socios de AGAX).
Para facerse socio de AGAX prema AQUI.

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa normativa COVID aprobada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Xadrez esta proba que non vale para ELO será considerada unha actividade de adestramento. Os asistentes ou os seus pais deberán cubrir o formulario de aceptación de riscos antes do inicio do torneo.

Advertencia 2: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. No caso dos socios do Casino o seu seguro cubre a participación no torneo do domingo. Para o resto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 3: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 4: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

2 de outubro de 2021

JAVIER MAZAIRA GAÑA O TORNEO XADREZ DO TEMPLE

Javier Mazaira, antigo vicepresidente de AGAX, resultou vencedor no Torneo Xadrez do Temple. O xogador do TDFC coruñés logrou 5,5 puntos dos seis posibles, medio punto mais que Roque Bouzas, xogador betanceiro do Círculo Ferrolano. En terceiro lugar o xogador santiagués Breixo Longueira do Club Escola de Xadrez Compostela.

O torneo abre o Circuito Xadrez das Mariñas que organiza AGAX coa axuda da Deputación da Coruña.

O Torneo Xadrez do Temple completou as xorandas de xadrez en Vila Concepción (Cambre) que tiveron o día mais activo na celebración do Torneo por equipos celebrado o sábado coa vitoria do Macondo.

Información completa do torneo: https://info64.org/xadrez-do-temple/standings