29 de xaneiro de 2021

QUE FACER ESTES DÍAS

A nosa proposta de actividades para os últimos días de xaneiro.

VENRES ÁS 21,30

Torneo do Circuito de Inverno de INCUDE.

www.xadrezuniversitario.org


SÁBADO ÁS 16,00

Só para os nados en 2009 ou seguintes.

LIGA AGAX SUB12 ás 16,00

https://xogandocoxadrez.blogspot.com/2021/01/liga-agax-online-sub12.html

Torneo deste sábado: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #KOwAIVjo • lichess.org


DOMINGO ÁS 17,00

Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. O Circuito Domingos Online en principio ocupará uns 40 domingos deste 2021. Cada xogador que logre vencer nun dos torneos levará unha camisola. Para xogar hai que pertencer ao club online (non hai cota).

www.deporcultura.eu


FEDERARSE

Lembra que se queres federarte para xogar xadrez presencial (cando poidamos) podes pasar polo espazo do CIDU (PREME) ou de Xadrez das Mariñas (PREME)

26 de xaneiro de 2021

DOMINIO DE CALASANZ EN LIGA SUB 12

A Liga AGAX Sub 12 empeza 2021 como rematou en 2020 co dominio dos rapaces de Calasanz, seguidos polo Dominicos.


Temos nesta Liga de Primavera 7 xornadas mais.

A novidade desta competición sobre a primeira Liga é a existencia dunha clasificación dos mellores xogadores, na que entrarán os primeiros cinco clasificados de cada xornada. Na primeira rolda tamén os primeiros postos estiveron dominados polos xogadores de Calasanz.


 

22 de xaneiro de 2021

QUE FACER ESTE FINDE?

Un finde mais con restriccións e van...

Dende AGAX e resto de entidades os propoñemos tres accións este fin de semana.


VENRES ÁS 21,30

Torneo do Circuito de Inverno de INCUDE.

www.xadrezuniversitario.org


SÁBADO ÁS 16,00

Só para os nados en 2009 ou seguintes.

A Liga Sub 12 ás 16,00

https://xogandocoxadrez.blogspot.com/2021/01/liga-agax-online-sub12.html

Torneo do sábado: https://lichess.org/tournament/tpMT7ZdL

DOMINGO ÁS 17,00

O primeiro torneo do novo Club CC Los Rosales. Domingos de Xadrez Online

http://deportivoautentico.blogspot.com/2021/01/domingos-de-xadrez-online.html


21 de xaneiro de 2021

LIGA AGAX ONLINE SUB12

Tras a boa acollida da realizada nos últimos meses de 2020 imos celebrar a LIGA AGAX ONLINE SUB12.

A idea é facer tres ligas neste 2021, no primeiro, segundo e cuarto trimestre.

Os encontros xogaranse en Lichess e contarán os tres mellores resultados de cada equipo.

Imos empezar coa Liga de Inverno, dacordo coas seguintes bases:

LIGA AGAX ONLINE SUB 12 
(NADOS EN 2009 OU SEGUINTES)

SABADOS DE 16,00 A 17,00 EN LICHESS.ORG
Torneos sistema area, de partidas a 5 minutos sen bereker e sen puntos extras por vitorias consecutivas.

Se quees xogar na Liga por equipos Sub 12:

1. Crea unha conta en Lichess.org (se xa a tes creada continua cos puntos 2 e 3) 

2. Escolle o equipo ao que pertenzas e comproba que xa estás inscrito como xogador. Se non terás que pedir ingreso... e atento a resolver o mate en unha xogada que te pedirá para enviar a solicitude.
Se non estás nalgún dos anteriores equipos pero queres participar escríbenos a correo@agax.org.

3. Unha vez inscrito, cada sábado con partida terás que anotarte e escoller o teu equipo (para iso tes que estar xa dentro do mesmo).

Sábado 30/01/2021.
Sábado 06/02/2021.
Sábado 20/02/2021.
Sábado 27/02/2021.
Sábado 06/03/2021.
Sábado 13/03/2021.
Sábado 20/03/2021.

4. Trofeos. Despois das oito xornadas da Liga teremos unha clasificación de circuito (realizada ao xeito tradicional de AGAX contando os cinco primeiros) tanto para equipos como por xogadores individuais.
Os tres primeiros de cada dunha desas categorías recibirán un trofeo.


2 de xaneiro de 2021

Resultados Torneo Aninovo

RoiandRoll (Rodrigo Pena) foi o vencedor do XXVI Torneo de Aninovo.

Logrou os cinco puntos posibles. Cun punto menos quedou JoinFreeEasy (Roberto Serrano) e na terceira possición houbo un triple empate entre franpedre (Fran Pedreira) Slyfer94 (Héctor Rodríguez) e Jajaquemate (David Pérez)