5 de decembro de 2016

V TORNEO DE NADAL

O sábado 10 de nadal celebraremos a quinta edición do noso Torneo de Xadrez.

Tras a primeira edición no Playa Club e as dúas seguintes no MUNCYT nesta ocasión repetimos no Centro Comercial Los Rosales onde os xogadores de calquera idade, novidade desta edición, poderán disputar as partidas deste torneo.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: V TORNEO DE NADAL

Data: 10 de decembro de 2015.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 11,30.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 20 minutos a finish.

Horario das roldas: 11,30 / 12,15 / 13,00 / 17,00 / 17,45 / 18,30.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha medalla e un libro.

Cota: 4 euros.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos. Os participantes serán consderados socios simpatizantes do Club Deportivo Auténtico.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: deportivoautentico@deporcultura.eu

Hai un límite de participantes de 100 xogadores