29 de decembro de 2023

Acaba 2023

Actividades para rematar este ano:

VENRES 29
No centro Universitario de Riazor o CIDU convoca aos interesados a facer un torneo de Pasapezas ou xogar libremente. Será de 19,30 en adiante.

SÁBADO 30
Os nados en 2011 ou seguintes teñen un torneo Sub12 en lichess.
Os anos pasados estivo dominado por xogadores do Naranco de Oviedo.

DOMINGO 31 - NOITEVELLA
O domingo 31 non temos torneo, pero si seguimos co noso primeiro torneo do ano dende a noitevella de 1995... xa choveu.
Será ás 2,00 do día 1 de xaneiro.

Nestes días publicaremos a nosa actividade para os primeiros días do 2024.

Boas festas!

26 de decembro de 2023

Rematando o ano

Para esta última semana do ano imos facer distintas actividades. Deixamos algún adianto.

O martes, mércores e xoves a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra organiza a Escola de Xadrez de Nadal. É de 16,00 a 17,30 e gratuita.

Xa sabedes que a información de xadrez de Palaestra a podedes ver en www.palaestra.eu

Dentro destas actividades, o mércores, imos realizar o LXXV Torneo de Navidad Sub14
Do torneo de hai una semana quedaron os trofeso sub14, así que invitamos a todos os nados en 2009 ou seguintes a participar o mércores 27 ás 16,00 horas no Centro Comercial Los Rosales.

O xoves Palaestra ten prevista a organización de 19,00 a 20,30 do IV Torneo de Nadal de Partidas Rápidas.

Para o venres estamos pendente da posible actividade do CIDU.

O sábado teremos un torneo online e outro na noitevella pechará ou mellor dito abrirá o 2024.

24 de decembro de 2023

15 de decembro de 2023

Intensa fin de semana

O Torneo de Navidad naceu en 1948. En 2023 será a súa LXXV edición. Con tal motivo neste ano agardamos celebrar distintas accións en distintos puntos da cidade. 

Aquí tes as actividades:

VENRES 15

Levamos o Torneo de Navidad á sede do CIDU, no Centro Universitario de Riazor.

De 19,30 a 20,30 realizaremos un Torneo Suizo reservado para os menores de 18 anos (admitimos como máximo aos nados en 2005).

VENRES 15. TORNEO ESCOLAR

De 20,30 a 21,30 realizaremos un Torneo Suizo para todos os interesados.

VENRES 15. TORNEO LOSTREGO

SÁBADO 16

Para rematar a Liga de Outono imos facer un torneo online para todas as idades.

Será de 16,00 a 17,00 en Lichess

CLAUSURA LIGA DE OUTONO ONLINE Arena #leZFBeEw • lichess.org

Lembra que tes que estar no equipo de AGAX Aberto

Info sobre este equipo: https://www.xadrecista.eu/2023/08/equipo-en-lichess.html

Solapándose temos un torneo por parellas a partir das 17,00 no Centro Comercial Los Rosales.

SABADO 16. TORNEO POR PARELLAS / EQUIPO MIXTO

DOMINGO 17

LXXV edición do Torneo de Navidad. A partir das 17,00 na Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos.

DOMINGO 17. TORNEO DE NAVIDAD DE ARTESANOS


8 de decembro de 2023

Segunda fin de semana

Todo o contrario que o ano pasado que tivemos torneos todos os días, nesta ponte de nadal non temos case actividade.

A xente non demandou nada en concreto, asi que só temos a Liga AGAX para os rapaces sub 12, este sábado ás catro da tarde:

Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #zoWoGpsn • lichess.org

Para a seguinte fin de semana xa hai bastantes cousas porque temos o tradicional Torneo de Navidad, que chega a súa LXXV edición e para conmemorar facemos varias probas mais dende o venres.

Se queres ir anotándote ou vendo as bases visita: https://www.xadrecista.eu/2023/12/lxxv-torneo-de-navidad_8.html