15 de decembro de 2023

Intensa fin de semana

O Torneo de Navidad naceu en 1948. En 2023 será a súa LXXV edición. Con tal motivo neste ano agardamos celebrar distintas accións en distintos puntos da cidade. 

Aquí tes as actividades:

VENRES 15

Levamos o Torneo de Navidad á sede do CIDU, no Centro Universitario de Riazor.

De 19,30 a 20,30 realizaremos un Torneo Suizo reservado para os menores de 18 anos (admitimos como máximo aos nados en 2005).

VENRES 15. TORNEO ESCOLAR

De 20,30 a 21,30 realizaremos un Torneo Suizo para todos os interesados.

VENRES 15. TORNEO LOSTREGO

SÁBADO 16

Para rematar a Liga de Outono imos facer un torneo online para todas as idades.

Será de 16,00 a 17,00 en Lichess

CLAUSURA LIGA DE OUTONO ONLINE Arena #leZFBeEw • lichess.org

Lembra que tes que estar no equipo de AGAX Aberto

Info sobre este equipo: https://www.xadrecista.eu/2023/08/equipo-en-lichess.html

Solapándose temos un torneo por parellas a partir das 17,00 no Centro Comercial Los Rosales.

SABADO 16. TORNEO POR PARELLAS / EQUIPO MIXTO

DOMINGO 17

LXXV edición do Torneo de Navidad. A partir das 17,00 na Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos.

DOMINGO 17. TORNEO DE NAVIDAD DE ARTESANOS


Ningún comentario: