31 de decembro de 2021

TORNEO ANINOVO

E despedimos este 2021 (ou mais ben recibimos o 2022) coa celebración do Torneo Aninovo. Como nos últimos anos modalidade online (aínda que agradamos que nun futuro volva a ser presencial)

Será ás 2;30 en modalidade 3+2 durante 1 hora.

Trofeo para o mellor clasificado.

Se queres xogar xa sabes:


Lembra que tes que ser membro do equipo CC Los Rosales. Se aínda non es membro tes que pasar por aqui e facerte socio PREME

24 de decembro de 2021

Boas festas. Xadrez ata noitevella

Dende a Asociación Galega de Xadrecistas queremos desexarvos un bó nadal e animaros a participar nas actividades que temos previstas estes días.

Despois das festas de Noiteboa e Nadal, virá unha serie de actividades das que vos damos conta de xeito resumido,

DOMINGO 26

1. Actividade Online para os rapaces (nados en 2009 ou seguintes). O pasado domingo tíñamos unha actividade que non funcionou de fase final da Liga Sub 12. Repetimos a convocatoria variando de hora e pensamos que esta vez si estarán os compañeiros de Asturias, se ben o torneo será indidual.

Domingo 26 ás 17,00 en Lichess: https://lichess.org/tournament/pDObhJOZ  

2. Tamén online pero para maiores (de feito teremos un trofeo para o mellor de mais de 55 anos). O último torneo do Circuito Domingos Online.

Domingo 26 ás 17,00 en Lichess: https://lichess.org/tournament/zYV5Ak1O

Tes mais información en www.agax.es

3. Presencial: Torneo Ludo Activo no Sporting Club Casino de 18,30 a 20,45 aproximadamente.
Suizo a 5 roldas.
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados e para os tres mellores de mais de 55 anos.
A información en www.clubludo.com

LUNS 27

1. 17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupo máximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

2. 18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub8 reservado a nados en 2013 ou seguintes.

3. Torneo Presencial. Maratón dende 20,00 ata 0,30.

No Centro Universitario de Riazor.

Información en www.xadrezuniversitario.org

MARTES 28

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupo máximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub10 reservado a nados en 2011 ou seguintes.

MERCORES 29

16,30 a 17,00 en Liches para Sub10 (2011 ou seguintes). Torneo por equipos organizado polos nosos amigos portugueses de Futurix. https://lichess.org/tournament/mWsHquI4

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupomáximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub12 reservado a nados en 2009 ou seguintes.

XOVES 30

17,00 a 20,00 no CC Los Rosales. En colaboración coa asociación universitaria INCUDE, xornada en grupo máximo de 8 participantes de xogos de mesa.

20,00 a 21,00 no CC Los Rosales. En colaboración coa asociación universitaria INCUDE, torneo de partidas rápidas de xadrez.

VENRES 31

AGAX organiza o Torneo Aninovo. Información en www.agax.org.

E no 2022 teremos actividades tamén durante os días de vacacións no Centro Comercial Los Rosales e retomaremos a actividade da nosa escola.

ANOTARSE NAS ACTIVIDADES NO CENTRO COMERCIAL LOS ROSALES

17 de decembro de 2021

Xadrez nestes días

Vai ser dificil ter uns días con mais actividade de xadrez.

VENRES 17

Actividades de participación restrinxida.
16,00 a 17,00 no CBIS: Rolda final do Torneo de Outono Escolar organizado polo CIDU.
17,00 a 18,30 no CC Los Rosales: Última das fases previas do Torneo Sub18.
18,30 a 20,00 no CC Los Rosales: Liga final do Torneo Sub18, aos que se clasifican os dous mellores de cada grupo previo.
17,30 a 18,30 no Sporting Club Casino-Zapateira (só para socios): Torneo González March de partidas a 5 minutos.

Actividade aberta
20,30 a 21,30 no Centro Universitario de Riazor: Último torneo do Circuito de Outono (www.xadrezuniversitario.org)

SABADO 18

Actividade de participación restrinxida
12,00 a 14,00 no Sporting Club Casino-Zapateira (só para socios): Torneo González March de partidas a 10 minutos.

Actividade aberta
17,30 a 19,30 no CC Los Rosales: Torneo Aniversario do CIDU (información en www.xadrezuniversitario.org)

DOMINGO 19

18,00 a 19,00: Liga AGAX Online, Copa AGAX e Torneo Senior Online.
Información en www.agax.es

19,30 en adiante: LXXIII Torneo de Navidad en Artesanos (www.xadrecista.eu)

15 de decembro de 2021

CALASANZ GAÑA A LIGA DE OUTONO

O Calasanz gañou a Liga de Outono tras a última rolda celebrada o sábado 4.

A ausencia do Dominicos, coa segunda praza asegurada, non fixo mais que certificar a vitoria de Calasanz.

A clasificación final foi a seguinte:


Na clasificación individual tamén foi un calasanz o vencedor. Rubentro dominou con claridade como nas anteriores edicións desta proba.


O domingo 19 teremos unha última xornada, aberta a tódolos coloexios interesados.

Bases en www.agax.es


11 de decembro de 2021

Actividades para estes días

Este domingo para os que desecen achegarse a Sada teñen alí un torneo de xadrez. Na foto tedes o teléfono para inscribirse.

Tamén temos pola tarde o torneo do Circuito dos Domingos Online (ver www.deporcultura.eu).

Próximas datas:

Teremos xadrez o venres, sábado e domingo.

O domingo teremos a fase final da Liga AGAX. Publicaremos as bases este domingo, tras o torneo do Circuito.

Para aqueles que gostan de planificar con tempo, lembramos que o 22 e 23 celebran en Cambre o seu Torneo de Nadal.

3 de decembro de 2021

Fin de semana

Estas son as actividades previstas para estes tres días.

Veremos se temos algunha actividade nos días festivos seguintes.

Venres.

Torneo do Circuito de Outono de INCUDE. Presencial.

20,15 no Centro Universitario de Riazor

Sábado

Liga AGAX Sub12 Online.

En lichess ás 16,00

Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #iQQdixfP • lichess.org

Temos taménpresencial un torneo na modalidade rei de mesa.

O XVI Torneo Lóstrego de Ludo ás 17,30 nos Rosales.

www.clubludo.com

Domingo

Domingo Online.

www.deporcultura.eu

2 de decembro de 2021

Dominicos gaña na penúltima xornada da Liga AGAX Sub12

O conxunto do Dominicos logrou a vitoria na rolda do último sábado de novembro, pero a segunda praza do Calasanz, parece darlle unha ventaxe suficiente para gañar esta edición.


Chegaremos a última rolda con moitas cousas sen determinar na clasificación por equipos, algo que tamén pasa na clasificación individual. Aquí, Rubentro lidera claramente pero catro xogadores loitarán por ocupar as outras dúas prazas do podium.



26 de novembro de 2021

Fin de semana tranquilo

Este fin de semana temos pouca actividade, facendo un descanso antes das accións do nadal.

Venres:
Reanúdase o Circuito de Outono presencial, ás 20,15 no Centro Universitario de Riazor.

Sábado:
Liga AGAX Sub12
Ligazón deste sábado: https://lichess.org/tournament/0lb1Ucwu

Domingo:
Torneo do Circuito dos Domingos de Outono
https://lichess.org/tournament/y3HcEzVJ

24 de novembro de 2021

23 de novembro de 2021

Nova vitoria do Calasanz

Este sábado o Calasanz logrou de novo a vitoria e parece deixar encarrilada a Liga AGAX Sub12 na súa edición de Outono.

Vemos na foto a entrega do trofeo da Liga de Inverno (por fin están entregados os trofeos desa Liga e en breve iniciaremos os da Liga de Primavera).

De novo os segundos clasificados foron os xogadores de Dominicos, empatados a puntos cos primeiros e o terceiro posto para o Pardo Bazán.

A clasificación da Liga AGAX actual é a seguinte:


No tocante á clasificación individual Rubentro logrou novamente a vitoria o que sumado ao feito de que Diego_Tirapu non puntuou permítelle ampliar a súa ventaxe e a falta de só un punto para asegurar matematicamente a súa primeira praza.


O próximo sábado teremos a penúltima xornada.

Sábado 27 de novembro
16,00 en lichess.org

18 de novembro de 2021

Xadrez do Outono

Temos por diante uns días de bastante xadrez.

Se non xoga é porque non queres. Son os días nos que se disputan os Torneos de Outono, unha actividade do CIDU.

E lóxicamente AGAX mantén a Liga AGAX Sub12 e os Domingos Online.

As probas presenciais terán lugar no Centro Universitario de Riazor, sede de INCUDE, na rúa Almirante Lángara de A Coruña.

Venres 19/11/2021

Torneo Lóstrego.
20,30 – 21,30 aproximadamente.
Premio: Trofeo para o primeiro clasificado.
Cota: 1 euro e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes recibirán unha máscara FFP2.

Torneo Lóstrego Online. 
22,30-23,30 
A través de Lichess e o club que mantén a Asociación Galega de Axedrecistas nesta plataforma.
Para participar é obrigatorio estar rexistrado no Club antes comentado (é de balde). Información para facerse premendo AQUI
Premio: Trofeo para o primeiro clasificado (terá que recollelo na sede do Club).

Sábado 20/11/2021

Liga AGAX Online Sub12
16,00 – 17,00.
Rolda semanal da nosa competición sub12.

Torneo de pasapezas.
17,30 – 18,30 aproximadamente.
Partidas lóstrego desta divertida modalidade. O noso CAMPIONATO DO MUNDO.
Premio: Trofeo para os dous componentes da parella gañadora.
Cota: 1 euro e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes nalgunha das actividades da tarde recibirán unha máscara FFP2.

Liga de Outono por equipos.
18,30 – 21,00 aproximadamente. 
Torneo de partidas a 10' + 3'' para equipos integrados por 3 persoas.
A clasificación será por resultados globais dos encontros, sendo os puntos dos taboleiros o desempate.
Premios: Trofeos para os tres primeiros equipos.  
Cota: 1 euro e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes nalgunha das actividades da tarde recibirán unha máscara FFP2.

Domingo 21/11/2021

Torneo de Outono
Torneo de partidas a 10' + 3''. Suizo a 5 roldas. (17,00/17,30/18,00/18,30/19,00)
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta e tres primeiros na categoría sub12. Medalla para todos os participantes sub12.
Cota: 2 euros e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes recibirán unha máscara FFP2.


Domingo Online
Cambia de hora ás 21,00
Podes anotarte en www.deporcultura.eu

E para os torneos de outono podes anotarte en www.xadrezuniversitario.org

15 de novembro de 2021

Calasanz gaña a xornada da Liga Sub12

O Calasanz gañou a xornada da Liga AGAX sub12, o que lle permite ampliar nun punto a súa ventaxe sobre o segundo, o Dominicos.

Hoxe tivemos ocasión de entregar o trofeo ao terceiro equipo da Liga AGAX Sub12 de Inverno (e aínda temos pendente os trofeos da de Primavera).

Esclavas foi ese equipo e con isto completamos as entregas desa primeira liga deste 2021. O mérito de Esclavas foi que só xogaban dous xogadores; Marcos e Jacobo.

A competición actual por equipos é a seguinte:


Unha clasificación aínda aberta a falta da disputa de tres xornadas mais.

No tocante á competición individual Rubentro logrou novamente a vitoria e de novo xsanseo tivo unha boa actuación. A competición segue a ser liderada por Rubentro e Diego_Tirapu

Próxima xornada:

Sábado 20 de novembro ás 16,00 horas

7 de novembro de 2021

NA METADE DA LIGA AGAX SUB12

Este sábado disputouse a rolda 4 da Liga AGAX de Outono.

A vitoria do Dominicos, que non puntuou a semana pasada, e que conseguiu a vitoria por un só punto, parece anunciar duros enfrontamentos entre o Calasanz, que lidera a proba e o Dominicos que o segue a dous puntos. Ben situado, a catro puntos do lider está o Compañía de María, que participa por vez primeira na competición e que cedeu a segunda praza que tiña a semana pasada.

Lembramos que os tres primeiros equipos levarán un trofeo e o campión tamén recibirá camisolas para os seus mellores xogadores.

Os tres mellores xogadores individuais tamén terán trofeo. Nas competicións pasadas os que conseguiron levalos foron sempre o mesmo trio; rubentro, rsanseo e xsanseo, deles so rubentro está agora no trio de cabeza, liderando a proba pese a faltar un día. Diego_Tirapu vai segundo e PabloIg terceiro.


O próximo sábado de novo xornada, ás 16,00 horas.

  

4 de novembro de 2021

XADREZ NO FIN DE SEMANA

Estas son as actividades previstas para este fin de semana.

VENRES 5 DE NOVEMBRO

Dende 19,00 podes ir botar unhas partidas ao Centro Comercial Los Rosales.

Ás 20,15 teremos un dos torneos do Circuito de Outono.
Cinco roldas a cinco minutos.

SABADO 6 DE NOVEMBRO

Ás 16,00 Liga AGAX Sub12 (nados en 2009 ou seguintes)

Tras a ausencia dos xogadores de Dominicos, Calasanz pasa a dominar a competición, seguidos de Compañía de María e Dominicos.

Na clasificación indivisual Rubentro (Calasanz) e Diego_Tirapu (Xesuitinas) están empatados na primeira posición, seguidos de cerca por PabloIg (Calasanz)

Ligazón para este sábado:

Ás 18,00 horas no Centro Comercial Los Rosales Torneo do XXV Aniversario. 

Ritmo: 10 minutos finish. Horario aproximado:
1ª Rolda: 18,00
2ª Rolda: 18,20
3ª Rolda: 18,40
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,20
Entrega de Trofeos: 20,00

Premios: Trofeo para o campión.


DOMINGO 7 DE NOVEMBRO

Torneo 31º dos Domingos Online. Ás 17,00.
Información do estado do Circuito e ligazón para inscribirse en:

29 de outubro de 2021

FIN DE SEMANA

Fin de semana da ponte con distintas cousas.

VENRES 29

Dende as 19,00 teremos mesas dispostas no Centro Comercial Los Rosales onde ás 20,15 teremos un torneo do Circuito de Outono de Xadrez, (www.xadrezuniversitario.org)

SÁBADO 30

Teremos unha nova xornada da Liga AGAX Sub12.

Para nados en 2009 ou seguintes.


Pero a actividade presencial vai seguir o sábado coa Copa AGAX (www.xadrecista.eu). Unha combinación de torneo suizo e de Copa con eliminatorias. Será Nos Rosales
Ritmo: Na Copa o sistema de xogo será por eliminatorias xogadas por Armagedón, no que as Brancas terán 5 minutos e Negras 4 minutos, sendo as táboas valoradas como vitoria das negras. No Torneo Tódolos Santos o ritmo será de 10 minutos finish. 
De 17,00 a 20,40 aprox.

DOMINGO 31

Torneo do Circuito dos Domingos Online. Ás 17,00 horas.

27 de outubro de 2021

Calasanz gaña a segunda xornada da Liga Sub12

A presencia dun equipo completo permitiu a Calasanz gañar na segunda xornada da Liga Sub12 de xadrez, e ademais colocou aos seus catro representantes entre os dez primeiros xogadores.

O segundo posto de Dominicos, que gañara a primeira xornada, permite aos da cidade vella seguir a liderar a proba con dous puntos de vantaxe sobre Calasanz e Compañía de María.


No tocante a clasificación individual, Rubentro do Calasanz, que fora o gran dominador nas tres ligas celebradas ata o momento, non logrou vencer no seu retorno á competición, superado polo seu compañeiro de equipo PabloIG.

Catro xogadores lideran esta taboa, dous de Dominicos, un de calasanz e outro de Xesuitinas.


O próximo sábado teremos unha nova xornada:

Sábado 30 ás 16,00 horas.

22 de outubro de 2021

FIN DE SEMANA DE XADREZ

Estas son as propostas para este fin de semana:

VENRES ÁS 20,00
A recuperación do pasado venres estivo bastante ben e repetimos.
Será o segundo torneo do Circuito de Outono.
A información en: www.xadrezuniversitario.org

SABADO ÁS 16,00
O sábado pasado empezou a Liga AGAX de Outono Sub12 Online.
Dominicos gañou nesta primeira xornada, seguido de Compañía de María que se estreaba nesta proba. En terceira posición quedou o Pardo Bazán.
Só para os nados en 2009 ou seguintes, alumnado dalgún dos centros educativos da cidade da Coruña.

Rolda do sábado 23/10/2021: 

Se non estás en ningún equipo ou queres coñecer as normas básicas desta liga amigable, tes a información da Liga en: 

Clasificacións actuais:



E mais tarde:

SABADO ÁS 19,30
Os nosos amigos de Portugal preparan outro torneo Sub12.
Así que se queres seguir adestrando é unha boa oportunidade.
Para nados en 2009 e seguintes.


DOMINGO ÁS 17,00
Novo torneo dos Domingo Online
Mira no espacio do club online ou visita

E LEMBRA...
Para alumnos, PDI, PAS e exalumnos da Universidade da Coruña, INCUDE ven de abrir a inscrición no seu xa clásico torneo online da UDC.

21 de outubro de 2021

RELATOS E DEBUXOS DE XADREZ

Lembramos que temos pendente os premios de relatos e debuxo de 2020.

E como nestes meses si que imos ter algunha actividade con mais xente, pasamos a publicar relatos e imaxes. Unha a semana, que non houbo moita participación.

Relato: "O alcume"
Debuxo: "A visión do movemento"

O alcume  

No mundo do xadrez haiche milleiros de nomes cos que se coñece aos xogadores; o “Ogro de Bakú”, o “Tigre de Madrás”, o “Mago de Riga”, ou mesmo a “Máquina de xadrez” por nomear algúns. Mais o home que ocupa o meu relato non sae en libro ningún, porén, é o apelativo xadrecístico que máis hei de lembrar.  

Desfrutaba eu os meus anos mozos, e conseguira un traballo nunha vila preto de onde vivía. As miñas tarefas non veñen ao caso, máis podo dicir que tiña o tempo xusto para ir lá de mañanciña na miña bicicleta e voltar a casa no serán. O único momento onde me paraba, era na praza do pobo, á hora do almorzo. Foi aí que comezou o meu romance co xadrez, e foi nese lugar, que coñecín ao home do que vos quería falar.
 
Era el unha persoa de poucas carnes, tal parecía que o fose levar o vento se soltaba o seu caxato. Nunca souben a súa idade coa certeza que me gustaría, pero era un vello con todas as da lei, cabelo branco e engurras sobre engurras. Pero todo aquilo que lle faltaba de corpo e xuventude, sobráballe de miolos; cousa que xa se adiviñaba pola súa mirada. Chegaba aquel vellote á praza, sacaba  o  seu  taboleiro de  cartón e máis  as  pezas,  de  madeira  -se tivera que atinar diría que dalgún carballo- e traballadas a man, o que lles daba un aire único, e tamén un cheiro ao  verniz que nunca as ía deixar. A súa, era  sempre a mesma  rutina, colocaba o reloxo e comezaba a xogar soíño. En  contadas ocasións, algún  veciño que pasaba por alí xogaba con el, pero pouco duraban.  

Pois ben, por aqueles tempos tíñame por un bo xogador, dende que o meu avó ensinárame a xogar “coas súas regras”. Así que un día achegueime ao seu carón e díxenlle se quería botar unha partida. O home sorriu e cun xesto convidoume a xogar. O que nese momento presenciei non é sinxelo de contar, mais era mesmo como ver un pingüín cando se mergulla na auga, o medio natural dese homiño, non era outro que o taboleiro. A súa axilidade mental era tal, que ata as súas mans semellaban lóstregos apañando as pezas. Con todo a partida, como tódalas outras que habían de vir, rematou nun instante.
 
Aquel baile sobre o taboleiro entre nolos dous  converteuse nunha costume, sen entre nos cruzar máis verbas que “sorte”, “xaque mate” e “boa partida”.  
 
Así foi, que esta estraña sorte de amizade sen nomes nin más historia que as nosas batallas, seguiu durante un par de meses. Un día, por curiosidade, mentres estaba a traballar, preguntei na tasca que quedaba mirando cara a praza do pobo se alguén  coñecía aquel home co que eu trabara semellante relación. Ninguén parecía saber del, máis aló de que coma un reloxo chegaba á praza  sempre á mesma hora, cando non chovía. Xa case desistira, cando unha señora deixou caer un nome. “Ese éche o Cancodrilo”, sentenciou cun sorriso. Pese a que eu cría que se trabucara cando quería dicir “crocodilo”, aconteceu que polo alcume alguén máis tiña ouvido falar del e máis nada. O verdadeiro nome ou o porqué daquel outro ninguén mo puido dicir, e o meu tempo de traballo nunca me permitiu afondar máis niso.   

Coa práctica, cos xestos e miradas do meu velliño, aprendín a ler no seu ollar cando eu facía algún movemento mal dado. Pasou o tempo, e por fin, conseguín gañar un xogo. Dos seus beizos saíu “boa partida”, pero cunha ledicia que eu non chegaba a entender. Tendeume a man e apertou con esa forza que eu so lle tiña visto no xadrez. Seguimos xogando máis veces, pero foi unha das últimas. Co tempo o vello deixou de vir e eu deixei  de traballar nesa vila. Aínda así, o que aprendín con el non o esquecín e no meu tempo na universidade gañei fama de xogador a temer.  

Tivo mesmo que ser o fado, que anos tras o meu tempo nesa vila voltei parar lá. Ía preguntar polo meu vello amigo cando vin un taboleiro de cartón e aquelas pezas co cheiro a verniz ciscadas por el. Cando cheguei á súa altura, ergueuse ante min un cativo duns once anos, que  tiña  apañado do chan o bispo  que  faltaba  no  xogo.  Sen  darme  tempo  a  dicir  nada, ofreceume xogar. Despois de ver que era un xogador  ben forte para a súa idade, logo de trocarmos unhas palabras puiden saber que era o neto daquel vello que eu tanto estimaba. 

Contoume como o seu avó coñeceu a súa avoa nesa praza cando xogaba ao xadrez sendo el mozo. Polo visto dicía que os seus mellores amigos os tiña coñecido así. E cando eu xa tiña que marchar o raparigo espetoume “Sabes cal é o can máis perigoso?”. Para a súa estrañeza e a máis a miña, souben responder. “O Cancodrilo” afirmei, mentres soltaba unha gargallada. 

15 de outubro de 2021

FIN DE SEMANA DE XADREZ

Imos recuperar algunhas das actividades de xadrez, estas son as nosas propostas para estes días.

VENRES ÁS 20,00
Recuperamos no Centro Universitario de Riazor os torneos presenciais.
Damos inicio ao Circuito de Outono.
A información en: www.xadrezuniversitario.org

SABADO ÁS 16,00
Tamén neste fin de semana retomamos a Liga AGAX SUB12.
Só para os nados en 2009 ou seguintes, alumnado dalgún dos centros educativos da cidade da Coruña.
Empeza a Liga de Outono, que serán 8 sábados.

Se xa estás nalgún dos equipos e coñeces as normas podes ir directamente ao espazo do torneo deste sábado. Alí terás que indicar con que equipo vas xogar:

Se non estás en ningún equipo ou queres coñecer as normas básicas desta liga amigable, tes a información da Liga en:


DOMINGO ÁS 17,00
Novo torneo dos Domingo Online
DOMINGO ONLINE Arena #kAKfxcna • lichess.org

E tamén para alumnos, PDI, PAS e exalumnos da Universidade da Coruña, INCUDE ven de abrir a inscrición no seu xa clásico torneo online da UDC.

12 de outubro de 2021

LIGA AGAX ONLINE SUB12

Volvemos coa Liga AGAX Online en colaboración co Concello da Coruña. Tras as edicións de inverno e primavera, chega a edición de outono da LIGA AGAX ONLINE SUB12. Cumprimos así a nosa proposta de principios de ano, cando bastante mais confinados propusimos facer tres ligas neste 2021, no primeiro, segundo e cuarto trimestre.

Coma nas edicións anteriores os encontros xogaranse en Lichess e contarán os tres mellores resultados de cada equipo.

No mes de decembro teremos unha actividade aberta a colexios de calquera parte do mundo, pero agora a competición está destinada a colexios da cidade da Coruña, pero se o teu colexio non ten equipo (irán engadíndose algúns estes días) contacta con nos. 

Para a clasificación contarán os tres primeiros representantes de cada colexio. Poden participar tódolos xogadores que o desexen dun mesmo centro e ir variando ao longo da proba. Igoalmente poden incorporarse equipos novos ao longo da duración do torneo.

Cada sábado puntuarán para o circuito os cinco mellores equipos e os cinco mellores xogadores individualmente. Na clasificación final do circuito levarán trofeo e camiseta os tres mellores equipos e os tres mellores xogadores.

LIGA AGAX ONLINE SUB 12 
(NADOS EN 2009 OU SEGUINTES)

SABADOS DE 16,00 A 17,00 EN LICHESS.ORG
Torneos sistema area, de partidas a 5 minutos sen berseker e sen puntos extras por vitorias consecutivas.

Se queres xogar na Liga por equipos Sub 12:

1. Crea unha conta en Lichess.org (se xa a tes creada continua cos puntos 2 e 3) 

2. Escolle o equipo ao que pertenzas e comproba que xa estás inscrito como xogador. Se non terás que pedir ingreso... e atento a resolver o mate en unha xogada que te pedirá para enviar a solicitude.


O Sporting Club será, en principio, o único club que xogue, pero non poderá levar os premios dos colexios.
Se hai tres ou mais xogadores dun colexio, que non crea equipo o da expresamente o permiso para facelo, o nome do equipo en Lichess será "COLEXIO NON OFICIAL", como vedes nalgún dos nomes dos equipos en lichess.

Se non estás nalgún dos anteriores equipos pero queres participar escríbenos a correo@agax.org.

3. Unha vez inscrito, cada sábado con partida terás que anotarte e escoller o teu equipo (para iso tes que estar xa dentro do mesmo). Publicaremos as ligazóns neste mesmo espazo. Así que cada xornada entra en www.xogandocoxadrez.eu para participar na proba do día.
Serán oito sábados. Datas previstas: Outubro: 16, 23 e 30. Novembro: 6, 13, 20 e 27. Decembro: 4

4. Trofeos. Despois das oito xornadas da Liga teremos unha clasificación de circuito (realizada ao xeito tradicional de AGAX contando os cinco primeiros) tanto para equipos como por xogadores individuais.
Os tres primeiros de cada dunha desas categorías recibirán un trofeo.


11 de outubro de 2021

Resultado do XXVII Torneo do Rosario

CATEGORIA ABSOLUTA

1 RODRIGO PENA,   1663  5 18.0 13.5 20.0 4
2 JOSE FERNANDEZ OTERO,   1655  4.5 17.5 14.5 21.0 4
3 MARCOS MARTINEZ,   1746  4.5 14.5 11.0 18.0 4
4 DANIEL CIXESIDO,   1626  4 14.0 11.5 17.0 4
5 FRANCISCO GARCIA,   1673  4 13.0 13.0 19.5 4
6 SERGIO COUTO,   1665  3.5 15.5 16.0 23.5 3
7 GRGORIO SAAVEDRA,   1679  3 13.0 16.0 23.0 3
8 YAGO ALLEGUE,   1353  3 8.0 10.0 15.5 3
9 ROBERTO SERRANO,   1473  3 8.0 8.0 12.0 3
10 JULEN COUTO,     2.5 10.5 10.5 16.5 2
11 RAMIRO DEL VALLE,   1368  2.5 8.5 13.0 19.0 2
12 JOSE PARRA,   1475  2 8.0 12.5 19.0 2
13 ROBERTO BLANDON,   1100  2 8.0 12.5 18.0 2
14 ADRIAN QUEVEDO,     2 5.0 9.0 15.0 2
15 DAVID PEREZ,     1.5 5.5 10.5 16.0 1
16 JESUS RAMOS,     1 1.0 9.5 15.0 1


CATEGORIA SUB12

1 ROQUE SANDE,  1º SUB12 5.5 5 23.0 19.5 14.5 20.75 138.0
2 JULEN COUTO, 1º SUB10 5.5 5 19.0 19.5 12.5 17.25 114.0
3 ALVARO CARRIL, 1º SUB8 4 4 22.5 13.0 16.0 12.50 135.0
4 MATEO ALVAREZ,  2º SUB12  4 4 18.5 13.0 11.5 10.00 111.0
5 XOAN SANDE,  2º SUB10 4 3 20.5 14.0 13.5 7.00 123.0
6 SERGIO FERNANDEZ, 3º SUB10 4 3 16.0 10.0 10.0 6.50 96.0
7 ADRIAN FERNANDEZ, 3 3 22.0 12.0 14.5 7.50 132.0
8 ANTON CASTRO, 3 3 20.5 13.0 13.0 8.50 123.0
9 CHEMA DE LA RICA, 3 3 13.5 9.0 8.5 5.50 81.0
10 PEDRO ROSENDE, 2º SUB8 2.5 1 16.0 8.5 11.0 3.00 96.0
11 VICTOR CAO, 3º SUB12 2 2 19.5 11.0 12.5 5.00 117.0
12 ADRIAN FUENTES, DOMINICOS 2 2 14.5 6.0 10.0 3.50 87.0
13 PEPE VESTEIRO, 2 0 15.5 6.5 10.0 2.25 93.0
14 ALDARA SANDE, 2 0 15.0 5.5 10.0 1.75 90.0
15 YAGO PIÑEIRO, 3º SUB8 1.5 0 19.0 7.5 12.0 1.00 114.0

4 de outubro de 2021

XXVII TORNEO DO ROSARIO

Asociación Galega de Xadrecistas vai celebrar o XXVII Torneo do Rosario, un dos mais antigos de cantos celebramos, xa que o iniciamos en 1995. 

Nome do Torneo: XXVII TORNEO DO ROSARIO

Datas: 9 e 10 de outubro de 2021.

Lugar: Sábado no Colexio Dominicos (entrada pola rúa Maestranza) e Domingo no Sporting Club Casino (Rúa Real) - A Coruña.

Ritmo: 10 minutos + 3 segundos en ambos torneos

Horario:
Os dous días terán os mesmos horarios:
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,35
3ª Rolda: 18,10
4ª Rolda: 18,45
5ª Rolda: 19,20
6ª Rolda: 19,55
Entrega de Trofeos: 20,30

Situación COVID:
Os participantes deberán ter posta a máscara en todo momento e cumprir as indicacións dos organizadores.
Haberá xel en tódalas mesas de xogo.
O número máximo de participantes será de 40.
O sábado disputarase no Pavillón do Colexio Dominicos e o domingo na 4ª planta do Casino, espazos doadamente ventilables.

Premios:
O sábado haberá trofeo para os 3 primeiros da categoría sub12 (2009 e 2010) os tres primeiros da categoría sub10 (2011 e 2012) e os tres primeiros da categoría sub8 (nados en 2013 ou seguintes)
Haberá tamén medalla para todos.
O domingo pode anotarse quen desexe, independentemente da súa idade e haberá trofeos para os tres primeiros.

Inscricións: 3 euros 
(de balde para alumnos de Dominicos o sábado, para socios do Casino o domingo e en xeral para os socios de AGAX).
Para facerse socio de AGAX prema AQUI.

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa normativa COVID aprobada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Xadrez esta proba que non vale para ELO será considerada unha actividade de adestramento. Os asistentes ou os seus pais deberán cubrir o formulario de aceptación de riscos antes do inicio do torneo.

Advertencia 2: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. No caso dos socios do Casino o seu seguro cubre a participación no torneo do domingo. Para o resto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 3: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 4: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

2 de outubro de 2021

JAVIER MAZAIRA GAÑA O TORNEO XADREZ DO TEMPLE

Javier Mazaira, antigo vicepresidente de AGAX, resultou vencedor no Torneo Xadrez do Temple. O xogador do TDFC coruñés logrou 5,5 puntos dos seis posibles, medio punto mais que Roque Bouzas, xogador betanceiro do Círculo Ferrolano. En terceiro lugar o xogador santiagués Breixo Longueira do Club Escola de Xadrez Compostela.

O torneo abre o Circuito Xadrez das Mariñas que organiza AGAX coa axuda da Deputación da Coruña.

O Torneo Xadrez do Temple completou as xorandas de xadrez en Vila Concepción (Cambre) que tiveron o día mais activo na celebración do Torneo por equipos celebrado o sábado coa vitoria do Macondo.

Información completa do torneo: https://info64.org/xadrez-do-temple/standings

18 de setembro de 2021

Terceiro fin de semana de setembro

Fin de semana similar ao anterior

E para pasar o tempo temos estas actividades sábado e domingo, dúas online (unha só para sub10) e outra presencial co xogo das damas.

SABADO DE 16,30 A 18,30

Torneo de Xadrez e demostración de Othello e Go.
Trofeo para o mellor de cada un destes xogos.
Nos soportais da Casa das Ciencias, no parque de Santa Margarida.


SABADO ÁS 19,30

Os nosos amigos de Portugal realizan un sub10. A semana pasada non tiveron moita xente, pero Rubentro foi o cencedor. Só para nados en 2011 ou seguintes!!

https://lichess.org/tournament/VSy6g1S9

DOMINGO DE 16,30 A 18,30

Torneo de Damas e demostración de outros xogos de taboleiro.
Trofeo para o mellor das damas.
Nos soportais da Casa das Ciencias, no parque de Santa Margarida.

DOMINGO ÁS 20,30

E o domingo ás 20,30 repetición do torneo 26 dos Domingos Online.

DOMINGOS ONLINE Arena #McWsK1cG • lichess.org

10 de setembro de 2021

Segundo Fin de semana de setembro.

Estes días estamos a preparar os diferentes grupos das escolas de xadrez e agardamos ir anunciando novidades.

E para pasar o tempo temos estas actividades sábado e domingo, dúas online (unha só para sub10) e outra presencial co xogo das damas.

SABADO ÁS 19,30

Os nosos amigos de Portugal realizan un sub10
Só para nados en 2011 ou seguintes!!

https://lichess.org/tournament/OcIuw3rw

SABADO E DOMINGO - OLIMPIADA XOGOS ENXEÑO

Horario das accións: 16,30 – 18,30

Colaboración de INCUDEAsociación Galega de Axedrecistas e a Casa das Ciencias.
Actividade de carácter aberto para tódolos interesados.
A Mind Sports Association, é unha entidade que reune dende 2005 ás federacións internacionais dos deportes de mente mais recoñecidos, sendo as fundadoras as federacións de Damas, Xadrez, Bridge e Go. Aínda que o Bridge ten o recoñecemento de deporte universitario pola FISU, non hai na práctica bridge universitario en España, polo que serán os outros tres xogos a base da actividade.

ACTIVIDADE 2: ACTIVIDADE DE DAMAS
Sábado 11 de setembro: Partidas libres e clases de iniciación ás damas.
Domingo 12 de setembro: Torneo de partidas rápidas. Trofeo para o mellor.

Información para anotase na web dos Amigos da Casa das Ciencias:

DOMINGOS ONLINE

E o domingo ás 20,00 teremos o torneo dos Domingo Online.

Información en www.deporcultura.eu

2 de setembro de 2021

PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

Empezamos o mes de setembro, mes no que tradicionalmente festexamos o noso aniversario (o 1 de setembro de 1989 a nosa entidade quedou oficialmente inscrita e facemos o cambio de temporada)

XOVES E VENRES

De 17,00 a 20,00 no Centro Comercial Los Rosales teremos clases e partidas libres para todos os interesados.

Venres de 20,00 a 21,00 teremos un torneo de partidas rápidas.

Estas actividades son gratuitas.



SABADO E DOMINGO - OLIMPIADA XOGOS ENXEÑO

Horario das accións: 16,30 – 18,30

Colaboración de INCUDEAsociación Galega de Axedrecistas e a Casa das Ciencias.
Actividade de carácter aberto para tódolos interesados.
A Mind Sports Association, é unha entidade que reune dende 2005 ás federacións internacionais dos deportes de mente mais recoñecidos, sendo as fundadoras as federacións de Damas, Xadrez, Bridge e Go. Aínda que o Bridge ten o recoñecemento de deporte universitario pola FISU, non hai na práctica bridge universitario en España, polo que serán os outros tres xogos a base da actividade.

ACTIVIDADE 1: ACTIVIDADE DE XADREZ
Sábado 4 de setembro: Partidas libres e clases de iniciación ao xadrez.
Domingo 5 de setembro: Torneo de partidas rápidas. Trofeo Promocion de Xadrez.

Información para anotase na web dos Amigos da Casa das Ciencias:

DOMINGOS ONLINE

E o domingo ás 20,00 teremos o torneo dos Domingo Online.

Información en www.deporcultura.eu

18 de agosto de 2021

Fin de semana 20 a 22 de agosto

VENRES 20
Xadrez nos Rosales. Só para xogadores federados. Dende as 19,00 horas.
Partidas libres para os interesados ata máximo de 12 participantes. Inscríbete antes no Whatsapp 654 60 37 16
Se hai xente interesada realizaremos un amigable de 20,00 a 21,00 horas. Cota 2 euros e trofeo para o gañador.. 
Dado que non sabemos se participaremos na extraña Liga Galega de Xadrez que están montando, empezaremos a entregar aos federados polo CIDU que se pasen por estas actividades a máscara e a camiseta deste 2021.

SÁBADO 21
O sábado temos os dous torneos de Agosto en Cambre. Hai que anotarse como moi tarde o xoves.

DOMINGO 22
Non realizaremos o Torneo dos Domingos Online porque hai un torneo organizado pola xente de Pontevedra, que parece interesante. O Cidade de Pontevedra 2021 Arena en Lichess ás 21.00
https://lichess.org/tournament/dfaMIXai

29 de xullo de 2021

ULTIMOS DIAS DE XULLO

Este fin de semana non temos ningunha das nosas ideas tradicionais, estaremos axudando a INCUDE na súa Xornada de Lugnasad. Xadrez presencial amigable o venres e para os que queiran turismo e xadrez o sábado a cita é no Pazo de Tor en Monforte. E se non actividade de Fortnite.

INCUDE XERAL: XORNADA LUDICA DO LUGNASAD: Dende hai uns anos facemos algunha actividade lúdica nas principais festividades da tradición celta, aínda que coa COVID a cousa complicouse...

24 de xullo de 2021

II TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR

A Asociación Galega de Xadrecistas e as asociacións Savilemos e INCUDE animan a pasar o próximo sábado un rato coñecendo o Pazo de Tor, da Rede Museística da Deputación de Lugo, e particpar na  II Tarde de Xadrez no Pazo de Tor,

Nome do Torneo: II TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR

Data: 31 de xullo de 2021.

Lugar: Pazo de Tor - Monforte

Hora de inicio: 16,30. As partidas duraran unha hora aproximadamente e a continuación haberá unha visita polo interior e polos xardíns do Pazo. O horario previsto aparece no cartel.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,00.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas. 

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 5 minutos a finish.

Categorías: Única.

Premios:

Trofeo para o mellor.
Agasallo para todos os participantes. Pola situación coa COVID o límite de inscritos será de 20. 
É obrigatorio o uso de máscara. En cada posto de xogo colocaremos xel desinfectante.

Cota: De balde.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

22 de xullo de 2021

Actividades para final de xullo

O vindeiro domingo, Día de Galicia, hai marcado o segundo torneo deste mes do circuito dos Dominios Online. Será xa o torneo 23.

Domingo 25 de xullo ás 17,00 horas

DOMINGOS ONLINE Arena #RoFeuWcO • lichess.org


Por outra banda para os interesados en turismo e xadrez e se non coñecedes o Pazo de Tor (Monforte de Lemos) ide reservando o sábado 31 para ir por alí.

3 de xullo de 2021

Que temos de xadrez en xullo?

Tras as actividades de xadrez da semana pasada, agora imos ter un pouco mais de relax.
En principio estas son algunhas actividades que temos previstas:

1. Presencial. Curso de Finais
A vindeira semana de luns a venres de 11,00 a 14,00. Curso de finais básicos.
Tedes a información en www.xadrezuniversitario.org

2. Online. Curso de docentes
A semana do 12 polas tardes. Online (as clases colgaríanse e poden verse noutros horarios)
Necesitaremos 10 persoas que se anoten antes dp vindeiro martes.
Tedes a información en www.xadrezuniversitario.org

3. Online. Domingos Online
A actividade dos Domingos Online en xullo será só os domingos 4 e 25.
www.deporcultura.eu

4. Outras actividades
Estamos ultimando a celebración dunha pequena proba presencial o último sábado de xullo e algunha outra cousa. En canto concretemos informaremos por este medio.

25 de xuño de 2021

PRIMEIRO FIN DE SEMANA DO VERAN

Estes días temos cousas distintas para pasar os tres días do Fin de Semana. 

Convén prestar atención, porque hai cousas bastante distintas.

VENRES ÁS 20,00

Unha vez rematado o Circuito de Primavera de INCUDE, non temos previsto moitas actividades nos venres. De feito hoxe teríamso que ter a última xornada do Universitario de Semirrápidas. Pero desenvolveuse con rapidez (rematou coa vitoria de Rodrigo Pena).

Aproveitamos para facer ás 20,30 o primeiro torneo da Asociación SEDA, que é unha entidade que ten varios anos e que por ser de ámbito nacional é a que empezamos a empregar para algunha actividade fora de Galicia.

O Torneo terá lugar a través do equipo de Lichess de SEDA.
Non berseker, non puntos extras por vitorias consecutivas.

Ritmo 3+2 durante 45 minutos


SÁBADO ÁS 17,00

Rematada tamén a Liga AGAX Sub12, este sábado temos o XXIX Torneo Lóstrego da UDC.
Aberto a todos os interesados. 

Unha actividade que se engloba no peche de curso da Asociación estudantil Hercle. Podes inscribirte en www.hercle.org

(Se queres podes asistir a unha actividade de billar e mesmo de maxia).


DOMINGO DE 11,00 A 14,00
Sesión de mañán do Día do deporte na rúa na Coruña. Teremos varios taboleiros para botar unhas partidas nos xardíns de Méndez Núñez.

DOMINGO DE 16,00 A 18,00
Sesión de tarde do Día do deporte na rúa na Coruña. Temos dúas actividades a propoñer;

O Domingo Online habitual ás 17,00. Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. (Ven a xogalo alí e así xa xogas logo o seguinte presencial). www.deporcultura.eu

Amigable de rápidas ás 18,00. Torneo final do Día do Deporte. Suizo a 5 roldas.

CURSOS

No verán imos facer varios cursos.
Polo de agora temos previsto os de INCUDE; un de finais elementais (dende o 5 ao 9 de xullo) e outro de formación de monitores (do 12 ao 19 de xullo).

FEDERARSE

Lembra que se queres federarte para xogar xadrez presencial podes pasar polo espazo do CIDU (PREME) ou de Xadrez das Mariñas (PREME)

23 de xuño de 2021

DOMINICOS GAÑA A LIGA AGAX SUB12

O equipo do Dominicos rematou a Liga AGAX Sub12 na súa edición de primavera en primeiro lugar.
O segundo clasificado foi Calasanz e en terceiro lugar Esclavas.
Na clasificación individual o mellor foi o xogador de Calasanz Rubentro, que foi seguido polos irmáns do Dominicos rsanseo e xsanseo.
Coa celebración da última xornada da Liga AGAX, esta competición despídese ata o mes de outubro, cando terá lugar a liga de Outono, en función tamén de se hai Liga Galega de Xadrez presencial.


18 de xuño de 2021

REMATA A LIGA AGAX SUB12 E A SEGUNDA TANDA DOS DOMINGOS ONLINE

Este fin de semana retomamos os dous torneos online que protagonizaron case todo o que levamos de ano.

SÁBADO ÁS 16,00

Só para os nados en 2009 ou seguintes.

LIGA AGAX SUB12 ás 16,00

https://xogandocoxadrez.blogspot.com/2021/01/liga-agax-online-sub12.html

Torneo deste sábado: 

Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #CVymuMEw • lichess.org

DOMINGO ÁS 17,00

Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. O Circuito Domingos Online en principio ocupará uns 40 domingos deste 2021. Cada xogador que logre vencer nun dos torneos levará unha camisola. Para xogar hai que pertencer ao club online (non hai cota).

www.deporcultura.eu

FEDERARSE

Lembra que se queres federarte para xogar xadrez presencial podes pasar polo espazo do CIDU (PREME) ou de Xadrez das Mariñas (PREME)

SER MONITOR

En xullo teremos un curso de docentes de xadrez.

Infórmate en https://www.xadrezuniversitario.org/2021/06/curso-de-docentes-en-xadrez.html