24 de xaneiro de 2025

LIGA AGAX COLEXIAL SUB12

LIGA AGAX COLEXIAL SUB12

Torneo por equipos, máximo de oito participantes.

Competición por equipos formados por alumnos do mesmo colexio na categoría Sub12 (2013 e seguintes).

Datas: Sábados ás 17,00.
1 e 15 de febreiro, 8 e 22 de marzo e 5 de Abril (só na opción de 6 colexios).
Máximo duración por xornada: 3 horas. Estímase que en realidade será entre unha hora e hora e media.  

Sede: Sala de xadrez do Centro Comercial Los Rosales.

Composición equipos: Equipos integrados por catro xogadores. Cada colexio inscribirá unha orde de forza con tantos alumnos como desexe e cada sábado presentará catro xogadores.

Uniformidade: Os equipos xogarán uniformados, co uniforme colexial ou deportivo de cada centro. Antes de cada rolda os integrantes de cada equipo posarán nunha foto para as redes sociais da propia competición e de cada colexio.

Ritmo de xogo: 45 minutos finish. Obrigatorio anotar. Non haberá obriga nos últimos 15 minutos.

Sistema de xogo: Xogaranse dúas partidas cada sábado. De ser seis centros disputarase unha liga de ida e volta nos 5 sábados indicados. De ser oito equipos será unha liga simple en 4 sábados con dúas partidas cada sábado.

Puntuación: Os resultados dos encontros serán 1, ½ ou 0, sendo os puntos individuais o primeiro sistema de desempate.

Premios: Haberá trofeo para os seis colexios participantes, coa idea de que sexa entregado na dirección dos mesmos. Tamén todos os xogadores presentes na xornada final de entrega de premios recibirán medallas pola súa participación.

Outras normas:

No caso de número impar poderase aceptar un equipo de múltiples colexios. Este equipo non sumará puntos na Liga pero os seus xogadores recibirán as medallas e outros premios individuais que poidesen establecerse.

Os xogadores inscritos aceptan a publicación dos seus nomes e de fotos da actividade para publicitar a Liga ou as actividades de xadrez.

O formulario debe aparecer abaixo, pero según navegador parece dar problemas. Nese caso é accesible a través desta ligazón:


Ningún comentario: