Este mes de xuño temos varias cousas.
HOXE SABADO. Temos a xornada da Liga AGAX Sub12. Non parece que funcionase moitos nas últimas semanas, sexa por exames, comunións, praia, otras actividades...
Coma sempre, aqui a ligazón:
Sábado 4 ás 16,00:
Adianto próxima fin de semana. 11 de xuño.
Dende o Centro Comercial Los Rosales e a SCD Palaestra lanzan a edición do Torneo de Primavera. Será pola tarde cun suizo a 5 roldas. Gratuito, para calquera idade e con trofeos e medallas.
Será pola tarde e podes anotarte en:
Adianto sábado 18 de xuño.
Aqui ides ter que duplicaros ou se aínda non sodes capaces de estar en dous sitios ao mesmo tempo tedes dúas cousas onde elixir:
Torneo de Narón do Circuito Galego de Promoción.
Todo o día para categorías sub14.
Aínda non publicaron as bases completas pero seguramente as coloquen estes días na web da Fegaxa
Se non pola tarde en Vila Concepción haberá o encontro por equipos con partidas rápidas que fixemos o ano pasado en 2021.
E cousas en xullo.
Aínda que iremos engadindo cousas sen dúbida xa temos dúas datas que marcar:
Adianto: Sábado 2 de xullo: Asalto ao Castelo de Vimianzo. A festa chega aos seus 25 anos. Se alguén non a coñece que aproveite. E ainda que o torneo de xadrez é matutino, estar por alí e participar no asalto infantil da tarde é moi entretido.
Adianto: Sábado 30 de xullo: Iniciamos en 2019, tivemos que parar coa COVID en 2020 e recuperámola de novo en 2021... Tarde de Xadrez no Pazo de Tor (Monforte). O ano pasado tivemos o privilexio dunha visita minuciosa ao Pazo e quedamos con eles de institucionalizar o último sábado de xullo como día de actividade. Se non coñeces o Pazo, ou tes que revisitar Monforte ou simplemente queres botar unhas partidas... vai marcando na axenda. O xogo e a mesa de xadrez do Pazo xa custifican a visita para un xadrecista.