26 de maio de 2023

Última fin de semana de maio

Fin de semana da Copa de Galicia, a cadete o sábado e a absoluta o domingo.

Venres 26

Os membros da comunidade universitaria teñen o torneo semanal do Circuito de Primavera.

Sábado 27

Ás 11,00 a AAVV de Los Rosales organiza un torneo no Centro Cívico, aberto a todos os interesados. Hai trofeos para os tres primeiros clasificados da categoría absoluta e outros tres para a categoría sub14 así como medallas para todos os interesados. 

19 de maio de 2023

Última xornada de Liga

Pois chegamos nesta terceira fin de semana a última xornada da Liga.

Que actividades teremos?

VENRES 18

Os membros da Comunidade Universitaria e socios do CIDU teñen un novo "venres no CUR" dende as 19,00 en adiante.

SÁBADO 19

Liga Galega de Xadrez. Chegamos a última rolda. Aqui temos a rolda dos equipos mais relacionados coa nosa actividade.

ROLDA-11
ESCOLA XADREZ SIGRÁS  - EXF TORREÓN
Xadrez Das Mariñas  - CÍRCULO FERROLANO C
AIR HOSTESS B - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
TDFC - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
REGATAS DE PERILLO - XIRIA CALVO CARBALLO B
Xadrez Das Mariñas - CXB LUGAMI A

12 de maio de 2023

Penúltima xornada de Liga

Nesta segunda fin de semana disputarase a penúltima xornada da Liga Galega de Xadrez.

VENRES 12

Os do CIDU celebran para os seus xogadores e membros da UDC a terceira rolda do Circuito de Primavera. 20,30 no CUR.

SABADO 13

Dispútase a Liga Galega de Xadrez. Para os equipos mais relacionados coa nosa actividade estas son as partidas:

RECATELO CAMPUS TERRA - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
NARONTEC C.X.N. - Xadrez Das Mariñas 
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - AIR-HOSTESS A
MIRKO A - Xadrez Das Mariñas 
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - AFECCIONADOS CLUBEXA

5 de maio de 2023

1ª Fin de semana de Maio

Centrados no Día da Ciencia na Rúa pero teremos mais cousas.

VENRES 5

Dende as 19,30 os do CIDU xúntanse no Centro Universitario de Riazor, pero con menos tempo xa que ás 20,30 hai a Cea do Deporte que afecta a varios xogadores. 

SABADO 6

Día da Ciencia na Rúa. Xornada especial de 11,00 a 19,00 no Parque de Santa Margarida. Teremos ali os taboleiros xigantes e dúas accións puntuais:

Torneo de Pasapezas ás 12,00. Torneo de Rápidas ás 17,00.

O premio en ambos casos serán unhas tazas da nosa asociación

DOMINGO 7

Para celebrar o Día da Nai faremos un torneo online en Lichess.org

Ligazón do torneo: TORNEO DIA DA NAI Arena #YESRmuFv • lichess.org

Se non es membro do equipo lembra que tes que cubrir o formulario: https://forms.gle/MjmmkjswNG9rUVqd7 

E lembra seguirnos nas redes sociais; @xadrecistas