29 de abril de 2022

XADREZ FINAL ABRIL

Como xa dixemos a semana pasada este trimestre é dos mais activos en canto a actividades.

A semana disputaronse as partidas do Xogade intercomarcal. Se queredes mais información a tedes AQUI

Para estes días temos as seguintes accións:

ATENCION: HOXE VERNES MARCAREMOS MAIS ACTIVIDADES PARA ESTES DIAS

VENRES 29 (Hoxe)

17,00 - 20,00: Nos Rosales Torneo 1º de bach. 

20,30 - 21,30: Terceiro torneo do Circuito de Primavera de INCUDE. Nos Rosales. Cota de 1 euro.
Tes mais información na web www.xadrezuniversitario.org


SABADO 30

Na mitoloxía popular a noite do sábado 30 era a Noite de Beltaine. En Galicia había distintas celebracións e afumaban o gando. Para os fans de Harry Potter as lendas desta noite inspiraron os mortífagos.

16,00 - 17,00: Segunda rolda da Liga Online Sub12 coa súa fase de Primavera. Funciona como anos anteriores por equipos nos que puntúan os tres mellores. Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #0332rUQp • lichess.org

16,30 - 19,00: Segunda rolda da Liga amigable das Mariñas. Esta rolda dispútase no Sporting Club Casino de A Zapateira.

17,00 - 21,00: Asemblea da Federación Galega de Xadrez en Vigo. Estydarán posibles reformas na Liga Galega de Xadrez e outras competicións oficiais por equipos.


COMO INDICABAMOS SEGURAMENTE PUBLIQUEMOS MAIS ACTIVIDADES.
A PROXIMA SEMANA TEMOS DIA DA CIENCIA NA RUA E GALEGOS LOSTREGO E RAPIDAS.

22 de abril de 2022

INTENSO FIN DE SEMANA

Este trimestre empezou mais tranquilo que os anteriores, pero xa veredes que temos actividades constantes:

VENRES 22 (Hoxe)

17,00 - 20,00: Nos Rosales Torneo 1º de bach. 

20,30 - 21,30: Segunda xornada do Circuito de Primavera de INCUDE. Nos Rosales. Cota de 1 euro.

SABADO 23

11,00 - 14,00: Xogase a fase intercomarcal dos xogos escolares da Xunta (Xogade). Unha idea de como van a tedes en https://www.xn--xadrezdasmarias-brb.org/2022/04/escolares-2022.html

16,00 - 17,00: Reinicia a Liga Online Sub12 coa súa fase de Primavera. Funciona como anos anteriores por equipos nos que puntúan os tres mellores. Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #cHJnaEtJ • lichess.org

16,30 - 19,00: Iniciamos a Liga amigable das Mariñas. Esta primeira rolda será en Vila Concepción.

Para calquera dúbida contacta con nos no noso correo ou no Whatsapp 654 60 37 16

Vindeiras actividades: Ademais de ocupar os venres cos torneos de 1º de bach e os sábados coa liga online sub12 e a liga presencial das Mariñas, temos previsto torneo o día 1 de maio, o Día da Ciencia na Rúa o 7 de maio, a fase provincial de escolares (agardando pasar) o 14 de maio e mais cousas que iremos poñendo por aqui.

18 de abril de 2022

LIGA AGAX SUB12 DE PRIMAVERA

Durante os meses de abril, maio e xuño teremos a edición de primavera da nosa Liga Sub12.

Tal como fixemos en 2021 e está previsto que sigamos no 2022 a Liga AGAX Sub12 funciona como tres competicións diferenciadas no inverno, primavera e outono.

Cada unha delas formada por oito roldas que van sumando nun circuito.

Tamén no nadal realizaremos unha proba dun só día, como xa realizamos en 2021 onde poderán participar xogadores de calquera orixe, non só da cidade da Coruña.

Liga Primavera 2022.

Datas de xogo: Abril: 23 e 30 - Maio: 7, 14 e 28 - Xuño: 4, 11 e 18.

Por tanto a primeira rolda será xa este sábado, día 23 ás 16,00 horas.

A fase intercomarcal dos escolares é pola mañán, así que agardamos que todos poidan partipar.

SABADO 23 DE ABRIL (DIA DO LIBRO). 16,00

LIGAZON DO TORNEO: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #cHJnaEtJ • lichess.org

Por outra banda indicamos os resultados finais da Liga de Inverno, que non colocaramos anteriormente neste espazo.

O equipo vencedor foi o Calasanz, seguido de Pardo Bazán e Compañía de María.


Na clasificación individual o vencedor novamente foi Rubentro seguido de PabloIG (ambos do Calasanz) e de terceiro Martinchi (do Compañía de María).


8 de abril de 2022

ACTIVIDADES FIN DE SEMANA

Nestes días previos á Semana Santa temos algunhas propostas para os interesados.

VENRES 8
17,30 - 18,30: Torneo Casino.
Só para socios. Partidas a 5 minutos

20,15 - 21,15: Torneo amigable en Centro Comercial Los Rosales.
Partidas a 5 minutos.
Cota: 1 euro
Premio: Taza de AGAX

SÁBADO 9
12,00 - 14,00: Torneo Casino.
Só para socios. Partidas a 10 minutos.

17,00 - 19,30: Torneo nos Rosales.
Especial adestramento para escolares pero aberto a todos os interesados. Xogarán en categoría única.
O obxectivo principal e ver aos xogadores de idade escolar para completar a convocatoria dos equipos para a fase escolar.
Partidas a 15 minutos.
Cota: 2 euros
O campión recibirá un trofeo.

* Permanecede atentos ás posibles actividades en Semana Santa.

* Os clasificados para os escolares (www.xadrezdasmariñas.org) deberían comunicar a súa participación estes días.