30 de novembro de 2023

Primeira fin de semana de decembro

Fin de semana protagonizada pola decimosegunda edición do Torneo de Nadal.

Venres 1: 

Xogadores do CIDU e da comunidade universitaria reunense no CUR dende as 19,30

Sábado 2: 

Aínda que non funcione e ademais coincida co Torneo de Nadal, seguimos a promover a Liga AGAX Sub12. Será ás 16,00 en Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #yEjS9HIf • lichess.org

XII Torneo de Nadal. A tarde do sábado teremos o XII Torneo de Nadal no Centro Comercial Los Rosales.

https://www.deporcultura.eu/2023/11/xii-torneo-de-nadal.html

24 de novembro de 2023

Última fin de semana de novembro

Chegamos á derradeira fin de semana deste mes de novembro.

Venres 24

De 19,30 a 21,30 para membros da Universidade da Coruña e socios do CIDU hai actividade no Centro Universitario de Riazor. www.xadrezuniversitario.org

Sábado 25

De 16,00 a 17,00 temos a Liga AGAX Online Sub12

Ligazón: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #kDpBrLaR • lichess.org

De 17,30 en adiante temos no CC Los Rosales a Xornada de Xadrez dos 50 anos de torneos por sistemas suizo na cidade. Con varios trofeos e medallas para os participantes.

Ligazón: https://www.xadrecista.eu/2023/11/torneo-50-anos-de-suizos.html

Outras cousas:

O seguinte sábado, 2 de nadal, Palaestra organizará o XII Torneo de Nadal. As bases as teredes pronto aqui. E se queredes viaxar a Asturias o mesmo día Héctor realiza un torneo en Posada de Llanera.

E deixamos outra ligazón, neste caso para apoiar a Celanova nunha competición navideña con outras localidades https://www.ferrerorocher.com/es/es/xp/pueblos/vota.html?pueblo=celanova

17 de novembro de 2023

Actividade da fin de semana.

A fin de semana será tranquila. De descanso previo aos torneos presenciais que teremos nas semanas seguintes, empezando polo sábado 25 e continuando xa o día 2 co Torneo de Nadal de Los Rosales.

Hoxe simplemente teremos aos xogadores do CIDU no CUR e mañá teremos unha xornada da Liga AGAX Sub12. Para os nados en 2011 ou seguintes.

Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #EaGA0Y12 • lichess.org

As bases dos torneos do Nadal agardamos publicalas en breve, incluindo as actividades especiais polo LXXV Torneo de Navidad.

9 de novembro de 2023

Actividad de Fin de semana

Varias actividades para pasar estes días con xadrez, volve a Liga AGAX Online e tempos un torneo valedeiro para ELO FIDE.

Venres 10: Temos pendente a celebración do Torneo de Pasapezas (o Campionato do Mundo) que será esté venres ás 20,30 no Centro Universitario de Riazor. 

Sábado 11: 

16,00: Liga AGAX Sub12  Ligazón ao encontro desta semana: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #2FWHmaVm • lichess.org

17,30: No Centro Comercial Odeón (Narón) temos o Torneo Aniversario e tamén o XXXII Torneo Universitario de Rápidas. Ademais destas actividades lebra que temos xornadas de adestramento nos dous Campus.


6 de novembro de 2023

Liga AGAX Sub12: Sábado 11

Este sábado comezamos a Liga AGAX Sub12.

Tes as bases completas nesta mesma web, pero basicamente serán 5 sábados disputando partidas lóstrego de 16,00 a 17,00.

Equipos de colexios que sexan formados por alumnos nados en 2011 ou seguintes.

Ligazón ao encontro desta semana: 

Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #2FWHmaVm • lichess.org

Información mais detallada da competición en: https://www.xogandocoxadrez.eu/2023/11/liga-agax-sub12.html 

5 de novembro de 2023

LIGA AGAX SUB12

Un ano mais voltamos coa Liga AGAX Sub12 Online, dentro das actividades co Concello da Coruña.

Coma nas edicións anteriores os encontros xogaranse en Lichess.

1. Sistema de xogo.
A competición desenvolverase durante cinco xornadas, sendo un torneo independente cada xornada, que cada semana publicaremos neste espazo web. Serán torneos a ritmo de TRES minutos con incremento de 2 segundos por xogada na modalidade Arena e que durarán unha hora.  Para os resultados de cada equipo contará a actuación dos tres mellores representantes de cada un.

2. Clasificación da Liga.
Os primeiros clasificados sumarán puntos cada semana (5 o primeiro, 4 o segundo, 3 o terceiro, 2 o carto e 1 o quinto). Establecerase deste xeito unha clasificación de toda a competición. Isto farase tanto para a clasificación por colexios como individual.

3. Participantes.
Poderán participar equipo representativos de centros de ensino da Coruña. Poden solicitar a inscrición en correo@agax.org. Os equipos teñen que estar formados polo alumnado que nacera no ano 2011 ou seguintes. Poden participar tódolos xogadores que o desexen dun mesmo centro e ir variando ao longo da proba. Igoalmente poden incorporarse equipos novos ao longo da duración do torneo. Os clubs autorizados a xogar non poderán optar aos premios de equipos.

4. Premios.
Na clasificación final da Liga recibirán un trofeo os tres primeiros equipos clasificados e tamén os tres mellores xogadores.

5. Datas e horario de xogo.
Xogarase de 16,00 a 17,00 os seguintes días:
11 de novembro
18 de novembro
25 de novembro
2 de decembro
9 de decembro

A idea é realizar a continuación un torneo aberto a calquera interesado (16 de decembro) e unha Liga Especial de Nadal sub12 con centros de calquera procedencia (23 de decembro).

LIGA AGAX ONLINE SUB 12 
(NADOS EN 2011 OU SEGUINTES)

SABADOS DE 16,00 A 17,00 EN LICHESS.ORG
Torneos sistema area, de partidas a 5 minutos sen berseker e sen puntos extras por vitorias consecutivas.

Se queres xogar na Liga por equipos Sub 12:

1. Crea unha conta en Lichess.org (se xa a tes creada continua cos puntos 2 e 3) 

2. Escolle o equipo ao que pertenzas e comproba que xa estás inscrito como xogador. Se non terás que pedir ingreso... e atento a resolver o mate en unha xogada que te pedirá para enviar a solicitude.


Se non estás nalgún dos anteriores equipos pero queres participar escríbenos a correo@agax.org.

3. Unha vez inscrito, cada sábado con partida terás que anotarte e escoller o teu equipo (para iso tes que estar xa dentro do mesmo). Publicaremos as ligazóns neste mesmo espazo. Así que cada xornada entra nesta web para participar na proba do día.