24 de novembro de 2023

Última fin de semana de novembro

Chegamos á derradeira fin de semana deste mes de novembro.

Venres 24

De 19,30 a 21,30 para membros da Universidade da Coruña e socios do CIDU hai actividade no Centro Universitario de Riazor. www.xadrezuniversitario.org

Sábado 25

De 16,00 a 17,00 temos a Liga AGAX Online Sub12

Ligazón: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #kDpBrLaR • lichess.org

De 17,30 en adiante temos no CC Los Rosales a Xornada de Xadrez dos 50 anos de torneos por sistemas suizo na cidade. Con varios trofeos e medallas para os participantes.

Ligazón: https://www.xadrecista.eu/2023/11/torneo-50-anos-de-suizos.html

Outras cousas:

O seguinte sábado, 2 de nadal, Palaestra organizará o XII Torneo de Nadal. As bases as teredes pronto aqui. E se queredes viaxar a Asturias o mesmo día Héctor realiza un torneo en Posada de Llanera.

E deixamos outra ligazón, neste caso para apoiar a Celanova nunha competición navideña con outras localidades https://www.ferrerorocher.com/es/es/xp/pueblos/vota.html?pueblo=celanova

Ningún comentario: