30 de setembro de 2020

TORNEOS DO XXXI ANIVERSARIO

Este ano o Torneo Aniversario, que nos anos imapres recibe o nome de Copa González March, recreando a competición que se facia cada dous anos nos anos trinta do século XX, vai celebrarse de xeito online.

SÁBADO 3 DE OUTUBRO

Os tres torneos serán polo sistema area (sen berseker) cunha hora de duración e a ritmo de 3 min + 3 segundos. Si estará activado o modo de puntuación extra tras dúas vitorias consecutivas.

12:00 HORAS - CATEGORIA SUB12
Con trofeo para o mellor sub12 ( nados en 2008 ou seguintes)
https://lichess.org/tournament/Xj2Rsg8l
Contrasinal: SUB12

17,00 HORAS - CATEGORIA ABSOLUTA E SUB 14
Con trofeo para o mellor absoluto e o mellor sub 14 ( nados en 2006 ou seguintes)
https://lichess.org/tournament/xfSBl2Zz
Contrasinal: ABSOLUTA

20:00 HORAS - CATEGORIA SUB10 E SUB8
Con trofeo para o mellor sub 10 (nados en 2010 ou 2011) e o mellor sub8 ( nados en 2012 ou seguintes)
https://lichess.org/tournament/0S02PK9H
Contrasinal: SUB10

Acompañamos o video da edición do ano pasado, no que participou na clausura o mago Pedro Bugarín.



27 de setembro de 2020

Actividade e curso online co MI Wilson Palencia

A Escola de Xadrez de INCUDE ven de convocar un curso de outubro a setembro coa colaboración do Mestre Internacional Wilson Palencia.

Información en www.xadrezuniversitario.org

24 de setembro de 2020

Rei Bruxo

O Rei Bruxo 146, con moito colorido e o anuncio das novas máscaras que terá AGAX.



15 de setembro de 2020

O rei Bruxo 145

E temos xa un novo número do Rei Bruxo.
Recuperando pouco a pouco a actividade agardamos telo con nos se non cada semana dúas veces ao mes ata final do ano.

8 de setembro de 2020

E xa temos Facebook

Como tampouco é cousa de crear espazos sen contido o noso Facebook será compartido co Club Xadrez das Mariñas, aproveitando o espazo que xa tiñan eles.
En Facebook, Twitter e Instagram funcionaremos como @xadrecistas.
Séguenos nas redes sociais!

7 de setembro de 2020

VOLTAMOS

Tras case dous meses de parón retomamos a actividade.
Temos varias actividades previstas coa Deputación e co Concello da Coruña.
Queremos facer varias accións presenciais, seguramente xa esta semana, pero veremos que nos deixa facer a COVID.
Moitos xa coñecedes os casos positivos no Campionato de España de Segunda División, que obriga a suspender os de Primeira División que tiña que disputarse en Galicia.
Nos buscaremos actividades con moi pouca xente e con mascara e distancia entre os participantes. Probablemente será un xadrez mais aburrido do que tiñamos ata agora, pero hai que adaptarse.
A nosa presenza en internet vai crecer moito, e nesta web imos recoller o que vaiamos a facer coas axudas aprobadas deste 2020.
Empezamos polas accións do Concello (o blog dos xogos escolares da Coruña pasa a recoller toda a actividade feita co cargo as axudas municipais).
E empezamos hoxe co anuncio de que reabrimos o prazo para participar nos concursos de debuxo e de relatos.
E mañán mais, permanece atento.