30 de agosto de 2023

Torneos Online

Este xoves publicaremos as actividades da fin de semana (que terán o día principal o sábado co Día da Familia en Eirís) pero de cara a nova temporada recomendamos anotaros no novo equipo de Lichess de AGAX para torneos abertos.

Para 2023-2024 incrementaremos as actividades e aproveitando a presenza de Brais en México andamos a pensar distintas competicións.

Así que se queres competir entra aqui e cubre os teus datos, xa que polas normas dalgunha das administracións necesitaremos os vosos datos reais para comprobar a participación nas actividades:

https://www.xadrecista.eu/2023/08/equipo-en-lichess.html

Este venres como é o aniversario de AGAX celebraremos a Copa AGAX Online.

Outros torneos previstos no grupo nos próximos meses (e aínda vaise incrementar):

Setembro: Torneo Día da Familia, Copa González March, Campus de Ferrol

Outubro: Rosario, Ludo, Ludo Lóstrego, Colexial por equipos, Curros

Novembro: Copa AGAX, Tódolos Santos, Outono, Liga de Outono, "Campionato Mundial de Pasapezas", Aniversario Narón

Decembro: Nadal, Navidad por parellas, Navidad 

24 de agosto de 2023

Cuarta fin de semana de agosto

As actividades nesta fin de semana estarán centralizadas pola promoción do xadrez na Romaría do Parque de Santa Margarida.

Aquí tes as actividades:

Venres 25: Os que o desen poden achegarse polo Centro Comercial Los Rosales dende 19,30 para botra unhas partidas.

Domingo 27: De 17,30 a 19,30 estaremos nos soportais da Casa das Ciencias e de 18,30 a 19,30 relizaremos un amigable de rápidas.

O premio para os primeiros será unha taza con motivo de xadrez... será a primeira actividade na que entreguemos este modelo.

Mais actividades:

Lembra que Palaestra e o Casino están a organizar a Copa AGAX do 4 ao 8 de setembro.

Nos próximos meses teremos moitísimas actividades como anos pasados así que pasa por aqui o polas nosas redes sociais para ir coñecendo as distintas actividades.

18 de agosto de 2023

Terceira fin de semana de agosto

Actividades estes días:

O venres 18 os que queiran poden ir botar unhas partidas no Centro Comercial Los Rosales.

O sábado 19 temos os Torneo de Cambre.
Como en años anteriores un de blitz pola mañá e outro de rápidas pola tarde.
Bases do torneo Blitz: 
Bases do torneo Rápidas:

O domingo 20 hai dúas actividades a recomendar
Por un lado Iniciativa Universitaria en Vimianzo, que incluirá un torneo de xadrez.
Info en:

Por outro lado temos o Torneo do verán de Sada, o "Torneo San enRoque"
Sete roldas desde ás 16,00

E para as vindeiras semanas o domingo 27 teremos unha actividade coincidindo coa Romaría de Santa Margarida na Casa das Ciencias.

10 de agosto de 2023

Fin de semana

As próximas semanas teremos bastantes actividades:

Venres 11
Ás 20,15 temos o Torneo de blitz previo ao Torneo do Día da Xuventude.
Cinco partidas a cinco minutos. Sen cota de inscrición.
O vencedor levará unha taza con motivo de xadrez.

Sábado 12
Ás 17,00 temos o Torneo día da Xuventude.
Cinco partidas a quince minutos. Sen cota de inscrición.
O mellor das categorías senior, absoluta, sub14, sub12, sub10 e sub 8 levará un trofeo.
Todos os participantes recibitán un libro.

Domingo 13
Ás 16,15 xógase o Torneo de San Roque en betanzos.
Xa teñen cubertas as súas 90 prazas.


Próximas actividades:

O sábado 19 temos os Torneo de Cambre.
Como en años anteriores un de blitz pola mañá e outro de rápidas pola tarde.
Bases do torneo Blitz: 
Bases do torneo Rápidas:

O domingo 20 hai dúas actividades a recomendar
Por un lado Iniciativa Universitaria en Vimianzo, que incluirá un torneo de xadrez.
Info en:

Por outro temos o Torneo do verán de Sada, o "Torneo San enRoque"
Sete roldas desde ás 16,00
Info: 

4 de agosto de 2023

Xadrez nas fins de semana

Estes días empezaron para nos rescatando este pequeno video de hai mais de vinte anos. Naquela época El Corte Inglés era un dos espazos de xogo mais habituais para o Grupo AGAX e alí creamos o que hoxe é a Copa Galicia. A actividade do video probablemente fora un zonal por categorías, as fases previas para os campionatos galegos, que daquela celebrábanse normalmente nos últimos meses do ano. Varios dos que aparecen seguen a xogar vinte anos mais tarde.



E na actualidade temos algunas cousas que comentar:

SABADO 5: Torneo de Lugnasad no Centro Comercial Los Rosales. 17,00 horas.
SÁBADO 12: Torneo Día da Xuventudeno Centro Comercial Los Rosales. 17,00 horas.
DOMINGO 13: Torneo de Betanzos
SÁBADO 19: Torneo de Cambre
DOMINGO 20: Torneo de Sada