28 de xaneiro de 2022

Fin de semana de xadrez

Algunhas das actividades previstas para este venres e sábado.

VENRES 28
Día de Santo Tomás.

18,00 - 19,30:
Clases e torneos para os sub12 no Centro Comercial Los Rosales.


20,00 - 21,30:
Actividades previas a Liga no Centro Comercial Los Rosales.
Torneo de xadrez, pasapezas e organización dos equipos do CIDU.


SABADO 29

16,00 - 17,00:
Segunda rolda da Liga AGAX Sub12

O pasado sábado Calasanz, Pardo Bazán e Compañía de María ocuparon os postos de honra.

Xa sabedes... nesta ligazón está o Torneo

17,00 - en adiante:
O sábado toca a XDM e Sigrás preparar a Liga. No seu local de Vila Concepción haberá partidas na tarde deste día.


DOMINGO 30

Remata o prazo para facer as ordes de forza dos equipos.
Lembramos a todos os interesados para que falen cos seus delegados.
(No caso do CIDU teñen un formulario de inscrición: https://www.xadrezuniversitario.org/2022/01/cotas-sociais-2022.html)



22 de xaneiro de 2022

19 de xaneiro de 2022

LIGA AGAX ONLINE SUB12

Voltamos coa Liga AGAX Online, que agardamos siga contando coa axuda do Concello da Coruña. 

Chega a edición de inverno da LIGA AGAX ONLINE SUB12. Como no 2021 a nosa intención é facer neste novo ano a liga de inverno, a de primavera e a de outono.

Coma nas edicións anteriores os encontros xogaranse en Lichess.

1. Sistema de xogo.
A competición desenvolverase durante oito xornadas, sendo un torneo independente cada xornada, que cada semana publicaremos neste espazo web. En principio serán torneos a ritmo de cinco minutos finish na modalidade Arena e que durarán unha hora.  Contarán os tres mellores xogadores de cada equipo.

2. Clasificación da Liga.
Os primeiros clasificados sumarán puntos cada semana (5 o primeiro, 4 o segundo, 3 o terceiro, 2 o carto e 1 o quinto). Establecerase deste xeito unha clasificación de toda a competición. Isto farase tanto para a clasificación por colexios como individual.

3. Participantes.
Poderán participar equipo representativos de centros de ensino da Coruña. Poden solicitar a inscrición en correo@agax.org. Os equipos teñen que estar formados polo alumnado que nacera no ano 2010 ou seguintes. Poden participar tódolos xogadores que o desexen dun mesmo centro e ir variando ao longo da proba. Igoalmente poden incorporarse equipos novos ao longo da duración do torneo. Os clubs autorizados a xogar non poderán optar aos premios de equipos.

4. Premios.
Na clasificación final da Liga recibirán un trofeo os tres primeiros equipos clasificados e tamén os tres mellores xogadores.

5. Datas e horario de xogo.
22 e 29 de xaneiro / 5, 12 e 19 de febreiro / 5, 12 e 19 de marzo
16,00 horas (nalgún dos folletos aparece por erro as 17,00)
Caso de iniciarse a Liga Galega estudiarase a posibilidade de reducir o tempo dos torneos semanais para asistir á mesma.

LIGA AGAX ONLINE SUB 12 
(NADOS EN 2010 OU SEGUINTES)

SABADOS DE 16,00 A 17,00 EN LICHESS.ORG
Torneos sistema area, de partidas a 5 minutos sen berseker e sen puntos extras por vitorias consecutivas.

Se queres xogar na Liga por equipos Sub 12:

1. Crea unha conta en Lichess.org (se xa a tes creada continua cos puntos 2 e 3) 

2. Escolle o equipo ao que pertenzas e comproba que xa estás inscrito como xogador. Se non terás que pedir ingreso... e atento a resolver o mate en unha xogada que te pedirá para enviar a solicitude.


Se non estás nalgún dos anteriores equipos pero queres participar escríbenos a correo@agax.org.

3. Unha vez inscrito, cada sábado con partida terás que anotarte e escoller o teu equipo (para iso tes que estar xa dentro do mesmo). Publicaremos as ligazóns neste mesmo espazo. Así que cada xornada entra en www.xogandocoxadrez.eu para participar na proba do día.


7 de xaneiro de 2022

FIN DE SEMANA

Pouca actividade neste primeiro fin de semana. Palaestra retoma xa as súas actividades no Casino e están na súa web os grupos do primeiro trimestre no Centro Coemrcial Los Rosales.

VENRES

Ás 17,30 reinician as clases da escola de xadrez do Sporting Club Casino.

Se houbese sub10 (nados en 2012 ou seguintes) interesados participaríamos ás 19,30 nun pequeno torneo organizado por Futurix.

https://lichess.org/tournament/mWsHquI4

Ás 19,00 en Rosales Palaestra empeza unha nova actividade... O Club de Xogos de Mesa, onde irán probando xogos de mesa. Nesta primeira ocasión probando Hombres Lobos de Castronegro, en caso de xuntarse xente (está recomendado para maiores de 10 anos e de 8 xogadores en adiante). No caso de ser menos xente sería co xogo Virus (non, non vai de COVID19)

SABADO

Ás 10,30 torneo sub12 en lichess organizado por Sada (ver foto)

Ás 12,00 retómanse as clases da escola de xadrez do Sporting Club Casino.

Ás 12,30 torneo absoluto organizado por Sada (ver foto)

Lembramos que este fin de semana temos que confirmar os clubes e equipos que se inscriben na Liga, así que falade cos vosos clubes para asegurar a participación!

6 de xaneiro de 2022

c5?

Do concurso de relatos de AGAX do que aínda temos pendente a entrega.

C5?

-Cabalo e7,...,non, mellor Cabalo f6

Xurxo axustouse as luvas de látex e a máscara, virou o  pomo da porta da súa casa e saíu ás escaleiras. 

Era verán, o 15 de Agosto de 2020 e a corentena había vinte días que quedara atrás, pero non había que confiarse, o virus podía estar en todas partes porque non entendía de calendarios, no interruptor da luz, no ascensor, en todas partes...

Baixou andando e unha vez no portal abriuno coidadosamente co cóbado, tal e como lle ensinara o seu pai e saíu á rúa. Os raios de sol cegárono levemente pero a calor e a luz eran reconfortantes despois de tantos meses entre catro paredes.

-Cabalo f6, é mellor deixar o cabalo defendendo un posible enroque curto.

Os seus pensamentos estaban enfocados nun único obxectivo, derrotar por fin a Dani e converterse por primeira vez no taboleiro número un do seu colexio, o María Barbeito. A corentena atrasara o momento, pero a hora chegara. Por fin acabaríanse as risas e a broma. Desde que catro anos antes inscribísense nas clases de xadrez, Xurxo xamais derrotara a Dani en partida oficial. Si, gañáralle algunha partida amigable, pero sen nada importante en xogo. Nos torneos, e á hora da verdade, o seu compañeiro de clase sempre se impuña.

- Até logo Xurxo - Xurxo saudou cunha leve inclinación de cabeza á súa veciña do 5º cando se cruzaron na beirarrúa. Nunca lle caera ben, e ademais non podía permitirse o luxo de perder a concentración. 

Dani sempre abría con e4, el respondíalle con e5, entraban en posicións da apertura italiana e seis ou sete xogadas despois e, non sabía moi ben como, xa tiña dous ou tres peóns de menos e iso púñao nervioso.  A Xurxo gustáballe xogar con material de máis, maldita sexa, e a quen non...

Xurxo cruzou polo paso de peóns principal de rua Mosteiro de Caaveiro e con paso firme continuou a marcha até o seu colexio.

-A ver que cara pos cando mova o peón a c5...

Xurxo sorriu. Preparara a conciencia a defensa siciliana grazas a uns vídeos tutoriales de YouTube. E non unha liña calquera, a variante Najdorf, a favorita do seu ídolo, Kasparov. Dani prefería a Carlsen, pero na humilde opinión de Xurxo, Garry tiña algo que lle faltaba ao noruegués, aínda que non sabía explicar moi ben o que. Uns anos mais tarde atoparía a palabra que buscaba, carisma,  pero tiña 12 anos, non 16...

Claro que Dani podía empezar con d4 e nese caso...

O coche golpeouno practicamente á altura da cadeira e arroxouno cinco metros cara atrás. Xurxo sentiu un estalido vermello brillante cando a súa cabeza impactou contra o asfalto quente. O último que escoitou foron os berros desesperados da súa veciña do 5º pedindo axuda, esa que lle caía mal...

Xurxo esquecera a regra de ouro de calquera xadrecista, nunca perdas de vista as ameazas reais.

A pouca distancia, o semáforo que se acababa de saltar, pasou da cor vermella ao verde.

-Mal...dito Dani..., outra vez vaise... librar...- pensou Xurxo antes de desvanecerse.

FIN

3 de xaneiro de 2022

Primeiros días do ano

Empezamos o ano, con distintas actividades. Agradamos que algunha delas sexa do voso interese.

Lembramos que esta semana é a última para indicar cantos equipos van xogar a Liga Galega, así que animamos a todos a que faledes cos vosos clubs e renovedes a ficha anual canto antes.

LUNS 3 DE XANEIRO
Se estás no nivel de iniciación ou simplemente queres botar unhas partidas, De 17,00 a 20,00 hai clases gratuitas no Centro Comercial Los Rosales.

MARTES 4 DE XANEIRO
Como o luns, hai a mesma actividade nos Rosales, pero só unha hora. Logo, a partir das 18,00 e durante pouco mais de dúas horas hai o Torneo Aniversario no mesmo espazo (www.xadrezuniversitario.org)

MÉRCORES 5 DE XANEIRO
Neste día as clases son de 17,00 a 19,00. Despois hai un torneo de partidas rápidas.

Animádevos a participar!