19 de xaneiro de 2022

LIGA AGAX ONLINE SUB12

Voltamos coa Liga AGAX Online, que agardamos siga contando coa axuda do Concello da Coruña. 

Chega a edición de inverno da LIGA AGAX ONLINE SUB12. Como no 2021 a nosa intención é facer neste novo ano a liga de inverno, a de primavera e a de outono.

Coma nas edicións anteriores os encontros xogaranse en Lichess.

1. Sistema de xogo.
A competición desenvolverase durante oito xornadas, sendo un torneo independente cada xornada, que cada semana publicaremos neste espazo web. En principio serán torneos a ritmo de cinco minutos finish na modalidade Arena e que durarán unha hora.  Contarán os tres mellores xogadores de cada equipo.

2. Clasificación da Liga.
Os primeiros clasificados sumarán puntos cada semana (5 o primeiro, 4 o segundo, 3 o terceiro, 2 o carto e 1 o quinto). Establecerase deste xeito unha clasificación de toda a competición. Isto farase tanto para a clasificación por colexios como individual.

3. Participantes.
Poderán participar equipo representativos de centros de ensino da Coruña. Poden solicitar a inscrición en correo@agax.org. Os equipos teñen que estar formados polo alumnado que nacera no ano 2010 ou seguintes. Poden participar tódolos xogadores que o desexen dun mesmo centro e ir variando ao longo da proba. Igoalmente poden incorporarse equipos novos ao longo da duración do torneo. Os clubs autorizados a xogar non poderán optar aos premios de equipos.

4. Premios.
Na clasificación final da Liga recibirán un trofeo os tres primeiros equipos clasificados e tamén os tres mellores xogadores.

5. Datas e horario de xogo.
22 e 29 de xaneiro / 5, 12 e 19 de febreiro / 5, 12 e 19 de marzo
16,00 horas (nalgún dos folletos aparece por erro as 17,00)
Caso de iniciarse a Liga Galega estudiarase a posibilidade de reducir o tempo dos torneos semanais para asistir á mesma.

LIGA AGAX ONLINE SUB 12 
(NADOS EN 2010 OU SEGUINTES)

SABADOS DE 16,00 A 17,00 EN LICHESS.ORG
Torneos sistema area, de partidas a 5 minutos sen berseker e sen puntos extras por vitorias consecutivas.

Se queres xogar na Liga por equipos Sub 12:

1. Crea unha conta en Lichess.org (se xa a tes creada continua cos puntos 2 e 3) 

2. Escolle o equipo ao que pertenzas e comproba que xa estás inscrito como xogador. Se non terás que pedir ingreso... e atento a resolver o mate en unha xogada que te pedirá para enviar a solicitude.


Se non estás nalgún dos anteriores equipos pero queres participar escríbenos a correo@agax.org.

3. Unha vez inscrito, cada sábado con partida terás que anotarte e escoller o teu equipo (para iso tes que estar xa dentro do mesmo). Publicaremos as ligazóns neste mesmo espazo. Así que cada xornada entra en www.xogandocoxadrez.eu para participar na proba do día.


Ningún comentario: