30 de decembro de 2022

Xadrez de Fin de Ano

LIGA AGAX SUB12

Edición Nadal.

Libre acceso a todos os nados en 2010 ou seguintes.

Será en Lichess

SABADO 31 ás 16,00

LIGA AGAX SUB12 DE NADAL Arena #b81KzP8E • lichess.org

Clave de acceso: SOYSUB12AGAX

O torneo será o típico das Ligas AGAX pero para facilitar o acceso nesta ocasión no será necesario estar en algún equipo. 

Trofeo para os tres primeiros clasificados.


Torneo Aninovo

Para empezar o novo ano con xadrez.

Torneo de Aninovo na noite do primeiro día do ano, ás dúas, torneo online.

Farémolo a través do Club CC Los Rosales.

TORNEO ANINOVO Arena #xe7MxgT9 • lichess.org

 Trofeo para o primeiro clasificado.

23 de decembro de 2022

Fin de semana de Noiteboa

Nesta fin de semana non temos ningunha actividade.

Durante a semana si que haberá cosas presenciais da man de Palaestra no seu espazo no Centro Comercial Los Rosales.

Mais info na súa web: www.palaestra.net

O día 31 teremos unha liga online sub12 especial e ademais pola noite o noso tradicional torneo de Aninovo.

Boas festas para todos!

16 de decembro de 2022

Terceiro fin de semana de Nadal

Fin de semana marcada pola celebración do LXXIV Torneo de Navidad. Moi probablemente non teñamos outro torneo deste tipo ata o entroido.

Hai que agardar a asemblea anual de aprobación de cotas para ver como queda calendario e demais, pero salvo celebración de provinciais non parece que en xaneiro vaiamos ter ningún torneo con moita xente.

VENRES 16

* As 20,00 no Centro Universitario de Riazor, torneo do Circuito de Outono de INCUDE-UDC. Aberto a tódolos interesados.

SÁBADO 17

Non temos Liga AGAX Sub 12 (tes os resultados en https://www.xogandocoxadrez.eu/2022/12/resultados-liga-agax-sub12.html.

Estamos agardando a confirmar unha xornada especial para Noiteboa.

Pero este sábado os interesados poden acudir a Culleredo ao Torneo de Nadal.

DOMINGO 18

* Ás 17,00 Torneo de Navidad en Artesanos. Torneo con trofeos por categorías e medallas.

Bases en: https://www.xadrecista.eu/2022/12/lxxiv-torneo-de-navidad.html


13 de decembro de 2022

Resultados Liga AGAX Sub12

Publicamos os resultados da Liga AGAX Sub12 na súa edición de outono.

Por colexios novamente o Calasanz logrou o primeiro posto:

Compañía de María foi segunda e a terceira praza foi para o Dominicos.

Na clasificación individual dous xogadores do Calasanz, Ruben e Pablo, quedaron nos dous primeiros postos, mentres que Xoán do Dominicos foi terceiro.

Antes de que acabe o ano teremos unha xornada especial de Liga de Nadal con trofeo para o mellor equipo e mellor xogador. Estamos a concretar as datas cos nosos socios de Asturias que o anos pasado dominaron a proba.

 

9 de decembro de 2022

Xadrez de fin de semana

Este fin de semana temos unha nova edición do Torneo de Nadal do Centro Comercial Los Rosales.

Estas son as nosas actividades para estes días:

VENRES 9

* As 20,00 no Centro Comercial Los Rosales, torneo do Circuito de Outono de INCUDE-UDC

SÁBADO 10

* Dende ás 11,30 Torneo de Nadal.

Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medallas para todos os sub14.

Toda a información deste torneo en https://www.deporcultura.eu/2022/11/xi-torneo-de-nadal-de-xadrez.html

DOMINGO 11

Domingo Online

* Ás 20,00 Torneo en Lichess. DOMINGO ONLINE Arena #tRCVoQVm • lichess.org

Hai que ser membro do equipo de Lichess de CC Los Rosales.

(A próxima fin de semana terá como actividade principal o Torneo de Navidad de Artesanos)

1 de decembro de 2022

Xadrez no acueducto

Pois chegados a este mes de nadal as distintas entidades que colaboran con AGAX teñen un calendario bastante amplo.
Nesta ponte en concreto hai que destacar o realizado polo CIDU nos seus torneos Maratón e Aniversario.

Imos con todo o que poderás facer en xadrez estes próximos días:

Venres 2 de decembro
Ás 20,00 no Centro Comercial Los Rosales torneo do Circuito de Outono de partidas rápidas.

Sábado 3 de decembro
Neste día moitos xadrecistas acudirán a Vigo á asemblea da federación Galega que debe escoller ao presidente. Tras a elección da asemblea hai unhas semanas o actual presidente conta cos apoios suficientes para ser reelexido.

Domingo 4 de decembro
Ás 17,00 Torneo de Outono no Centro Universitario de Riazor.

Luns 5 de decembro
Ás 18,00 empeza o Torneo Maratón. Son varios torneos, pero ten especial importancia o primeiro que é válido para ELO.

Martes 6 de decembro
Tanto se xogas o Torneo Maratón como se prefires ir despois de durmir o martes antes de xantar tes un torneo de damas e tamén outro torneo en ritmo blitz dentro das actividades do Maratón, válido para ELO.

E pola tarde dende as 17,30 no Sporting Club Casino terás o Torneo Aniversario do CIDU, válido para ELO.

Mércores 7 de decembro
Ás 19,30 teremos o Torneo Aniversario do CIDU en modalidade Blitz no Sporting Club Casino, válido para ELO.

Xoves 8 de decembro
Ás 17,00 no Centro Comercial Odeón en Narón o Torneo Aniversario do CIDU no Campus de Ferrol, válido para ELO.

Venres 9 de decembro
Ás 20,00 no Centro Comercial Los Rosales torneo do Circuito de Outono de partidas rápidas.

Sábado 10 de decembro
Ás 11,00 no Centro Comercial Los Rosales XI TORNEO DE NADAL

28 de novembro de 2022

Xadrez no Nadal

O xoves empeza o mes de decembro ou de nadal e como son moitos os que preguntan por actividades imos ir colocando aquí algunhas actividades propias de AGAX ou de entidades que colaboran ou coordinan calendario coa nosa.

Ides ter moitísimas actividades de xadrez, así que agardamos veros por algunha!

Polo de agora marcamos cousas que se van facer e aínda quedan algunhas por marcar.

Pasade por aqui para comprobar se houbo cambios. Polo de agora tes unha colección de torneos na web do CIDU en www.xadrezuniversitario.org

Xoves 1
Venres 2 4º Torneo Circuito Outono
Sábado 3 Asemblea FEGAXA
Domingo 4 Torneo de Outono
Luns 5 Maratón 24 horas
Martes 6 Maratón 24 horas + Aniversario
Mércores 7 Aniversario Blitz
Xoves 8 Aniversario no Odeón
Venres 9 5º Torneo Circuito Outono
Sábado 10 Torneo de Nadal
Domingo 11
Luns 12
Martes 13 Martes de xadrez
Mércores 14
Xoves 15
Venres 16 6º Torneo Circuito de Outono
Sábado 17 Torneo de Culleredo
Domingo 18 Torneo de Navidad
Luns 19
Martes 20
Mércores 21
Xoves 22
Venres 23
Sábado 24
Domingo 25
Luns 26 Semana de Xadrez
Martes 27 Semana de Xadrez
Mércores 28 Semana de Xadrez
Xoves 29 Semana de Xadrez
Venres 30 Semana de Xadrez
Sábado 31 Torneo Aninovo

26 de novembro de 2022

4ª Fin de semana de novembro

Na páxina do CIDU (www.xadrezuniversitario.org) tes un avance do que vai ser a semana da ponte en canto a xadrez organizado por esa entidade.

Sábado 26/11/2022
Liga AGAX Sub12
16,00 - 17,00 Seguimos coa competición por equipos dos rapaces a través de internet.

Domingo 27/11/2022
Domingo Online. 
20,00 - 21,00 
A través de Lichess e o club CC Los Rosales.

18 de novembro de 2022

Actividades 18 ao 20 de novembro

A actividade estes días ven marcada pola celebración de varios dos Torneos de Outono, que organiza o CIDU.

As probas presenciais deste venres e sábado terán lugar na súa sé, no Centro Universitario de Riazor, na rúa Almirante Lángara da Coruña.

Venres 18/11/2022
Circuito de Outono
20,30 – 21,30 aproximadamente.
Premio: Trofeo para o primeiro clasificado. 
O torneo vale para o Circuito de Outono de INCUDE.
Cota: 1 euro e 1 kilo de arroz ou pasta. 

Sábado 19/11/2022
Liga AGAX Sub12
16,00 - 17,00 Seguimos coa competición por equipos dos rapaces a través de internet.

Torneos de Outono: "Campionato do Mundo de Pasapezas" 
17,30 – 18,30 aproximadamente.Premio: Trofeo para os dous componentes da parella gañadora.
Cota: 2 euros e 1 kilo de arroz ou pasta (a cota vale para a outra actividade desta tarde). 
Os interesados deben anotarse en cidu@xadrezuniversitario.org

Liga de Outono por equipos.
19,00 – 20,30 aproximadamente. 
Torneo de partidas a 10' + 3'' para equipos integrados por 3 persoas.
Cota: 2 euros e 1 kilo de arroz ou pasta (a cota vale para a outra actividade desta tarde). 
Os interesados deben anotarse en cidu@xadrezuniversitario.org

Domingo 20/11/2022
Torneo de Outono Lóstrego Online. 
19,30-20,30 
A través de Lichess e o club que mantén nese espazo a nosa entidade.
Antes de inscribirte agradecemos que nos des os datos para poder completar a memoria da actividade non so cos nicks. PREME
Premio: Trofeo para o primeiro clasificado (terá que recollelo na sede do Club).

Na web www.xadrezuniversitario.org poderás seguir o desenvolvemento das probas de outono.

E se queres xadrez nos próximos días nos vas poder protestar... O calendario deste ano dos clubs colaboradores con AGAX supera a calquera ano de antes da COVID.

11 de novembro de 2022

Actividades este fin de semana

Hoxe é San Martiño, unha data especial en moitos sitios de Galicia. Podes aproveitar para coñecer a historia dos dous San Martiños.

E aqui tes as nosas actividades para estes días:

VENRES 11

* As 20,00 no Centro Comercial Los Rosales, torneo do Circuito de Outono de INCUDE-UDC

SÁBADO 12

* As 16,00 Liga AGAX Sub12 Online.

Ligazón para esta semana: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #SU5btaRZ • lichess.org

* As 17,00 en Vila Concepción (Cambre), Torneo amigable para todos os integrantes de Sigrás, XDM,
CIDU e Casino. Aproveitarase para ir organizando algo da actividade da Liga e demais.

DOMINGO 13

Retomamos os Torneos Online para calquera idade de aqui a final de ano.

* Ás 20,00 Torneo en Lichess. DOMINGO ONLINE Arena #b716cQ4F • lichess.org

Hai que ser membro do equipo de Lichess de CC Los Rosales.

5 de novembro de 2022

Resultados Torneo Tódolos Santos


Coincidiendo coa celebración da Copa AGAX celebrouse o torneo suizo paralelo que gañou Francisco Javier García Veiras.




A clasificación foi a seguinte:

1    FRANCISCO GARCIA,            4.5       9.5         4   14.5 15.5
2    IAGO SOTO,                        4         10.0         3   12.5 16.5
3    ALBERTO SANCHEZ,              4          9.5         3   12.0 15.5

4    SERGIO COUTO,                    4          7.5         3   11.0 14.0
5    DAVID PEREZ,                      3.5       7.0         3   11.0 12.5
6    JORGE MARTI,                      3         10.0         3   12.0 16.0
7    JULEN COUTO,                      3          7.5         3    8.0 11.5
8    RODRIGO LOPEZ,                    3          7.0         3   11.0 11.5
9    CARLOS OSORIO,                    3          6.0         3    8.0 10.5
10  NICOLAS BUDIÑO,                  2          8.5         2    5.0 13.0
11  MARTIN COUTO,                    2          8.5         1    5.0 12.0
12  OLIVER SANCHEZ,                  2          8.0         2    6.0 12.5
13  LUCAS TRILLO,                    2          7.5         2    8.0 12.0
14  SERGIO BARBEIRA,              2          7.5         1    5.0 11.0
15  ALVARO ROGET,                    1          7.5         1    1.0 10.0
16  ANDER GARCIA,                    1          6.0         1    3.0   9.5
17  MARKEL GARCIA,                    1          6.0         0    2.0 10.0
18  JACOBO DIAZ-PACHE,            0          6.5         0    0.0 10.5



4 de novembro de 2022

Xadrez na fin de semana

Estas son as dúas actividades destes días:

Venres 4

20,00: Torneo do Circuito de Outono.

No Centro Comercial Los Rosales. Cota de 1 euro.


Sábado 5

16,00: Liga AGAX Sub12

O Calasanz lidera a proba tras tres xornadas.

Ligazón desta semana: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #RpGoEfQk • lichess.org



3 de novembro de 2022

Resultados da Copa AGAX

Resultados da Copa AGAX celebrada o pasado día 1 no Centro Comercial Los Rosales.

En cada rolda aparece en negro quen pasa: 

Rolda eliminatoria 

Martín Couro - Alberto Sánchez

Oitavos

Nicolás Budiño - Lucas Trillo

Markel Garcia - Carlos Osorio

Oliver Sánchez - Ander García

Jacobo Díaz-Pache - Sergio Couto

Julen Couto - Fco. Javier García

Jorge Martí - Rodrigo López

Sergio Barbera - Iago Soto

David Pérez - Alberto Sánchez

Cuartos

Rodrigo López - Carlos Osorio

Iago Soto - Nicolás Budiño

Oliver Sánchez - Fco. Javier García

Alberto S´ñanchez - Sergio Couto

Semifinais

Sergio Couto - Fco. Javier García

Iago Soto - Rodrigo López

Final

Iago Soto - Sergio Couto

2 de novembro de 2022

Resultados Torneo Rei de Mesa

A intensa ponte destes días pasados tivo o sábado como data de celebración da segunda edición do Torneo Rei de Mesa.

Unha actividade na que se primaba vencer mantendo o sitio na mesa (en caso de perder habia que descansar ata que rematara outra partida).

Maiores e pequenos disfrutaron dunha tarde na que a clasificación foi a seguinte:

1.- Luis Patiño (Xadrez das Mariñas)
2.- Daniel Codesido (CIDU)
3.- Carlos Calzado (Sigras)
4.- Rashid Navarro (Sigras)
5.- Ernesto Pérez (Casino)
6. - Fernando José García (Sigras)
7.- Matías González-Chas (ETX)
8.- Ariana López (Ames)
9.- Alex López (Ames)
10.- Carlos Blanco (Mirko)
11.- Enrique Lopes (Sigras)
12. Ruper 
13. Felix López 


Mais fotos no nos facebook

1 de novembro de 2022

LIGA AGAX SUB 12 - TROFEOS

Aproveitando a celebración da Copa AGAX entregamos algúns dos trofeos que tíñamos pendentes.

Así que os rapaces do Compañía de María levaron o seu trofeo do terceiro lugar na Liga AGAX Online Sub12 e un deles, Martin Seijo, alias Martinchi en lichess, tamén o de terceito mellor xogador individual na primeira das Ligas AGAX de 2022.

En próximos días clasificacións e fotos da Copa AGAX. 

Grazas ao Concello da Coruña pola súa aportación para a Copa AGAX e as Ligas Online.

29 de outubro de 2022

2º Día da ponte

Nesta xornada de sábado temos dúas actividades.
Unha para rapaces sub 12; a terceira xornada da Liga AGAX e outro o Torneo Rei de Mesa.

Sábado 29.

LIGA AGAX ONLINE SUB 12
16,00 - 17,00 aprox. en Lichess.

TORNEO REI DE MESA
16,45 - 19,30 aprox. en Vila Concepción (Cambre). 


27 de outubro de 2022

Ponte de gran actividade

Veñen por diante uns días con actividade diversa en xadrez. Agardamos que te interese algunha delas.

Venres 28.
CIRCUITO DE OUTONO
20,00 – 21,00 no Centro Comercial Los Rosales. Cota de 1 euro.
Torneo amigable de cinco partidas de cinco minutos durante unha hora.

Sábado 29.

LIGA AGAX ONLINE SUB 12
16,00 - 17,00 aprox. en Lichess.

TORNEO REI DE MESA
16,45 - 19,30 aprox. en Vila Concepción (Cambre). 

Domingo 30.
COPA AGAX ONLINE
20,00 - 21,00 na plataforma Lichess
Torneo amigable de partidas de cinco minutos durante unha hora. Trofeo para o vencedor.

Lunes 31.
TORNEO 960 OU FISCHERRANDOM
19,30 – 21,00 aprox. no Centro Comercial Los Rosales

Martes 1.
COPA AGAX E TORNEO TÓDOLOS SANTOS
16,00 – 21,00 no Centro Comercial Los Rosales.
Dous torneos simultáneos. Mais info en https://www.xadrecista.eu/2022/10/copa-agax-2022.html

25 de outubro de 2022

Copa AGAX Online

Tras dous anos con moita actividade online debido á pandemia, neste 2022 pouco fixemos salvo as ligas sub12.

Pero igoal que a Liga AGAX Online Sub12 veu para quedarse na nosa programación, no que queda de ano temos previstas varias actividades mais por internet.

A primeira este domingo día 30, a Copa AGAX Online.

A Copa AGAX será o día 1 no Centro Comercial Los Rosales e a competición online será o domingo 30 no equipo online Club CC Los Rosales en Lichess.

A pertenza a este club virtual é gratuita. 

A Copa AGAX Online, dentro das actividades co apoio do Concello da Coruña, terá lugar o domingo 30 ás 20,00 horas. Torneo modelo area sen berseker nen puntos extra por racha de victorias. Haberá trofeo para o mellor clasificado que se entregará o martes na Copa AGAX presencial.

Como participar?

1. Se xa es membro do Club... visita a ligazón publicada en Lichess e anótate.


2. Se non es membro segue os seguintes pasos:

2.1. Crea unha conta en lichess.org

Se xa tes unha conta segue ao seguinte paso

2.2. Pide entrada do equipo de Lichess 


Un dos administradores dará validez a túa entrada en canto teñas cumplido o terceiro paso;

2.3. Cubre o formulario de inscrición no club online.

Alguén comprobará que están ben cubertos os datos e dará acceso ao Club (pode tardar unhas horas).





23 de outubro de 2022

Fotos de BICA en Facebook

O equipo de Xadrez das Mariñas quedou terceiro no torneo en taboleiro xigante dentro do Festival Bica Pawn.

Os integrantes do equipo aproveitaron para facerse unha foto con Rei Enigma e co GM Iván Salgado o mellor xogador galego, que foi campión de España.

Podes ver mais fotos no Facebook da nosa asociación.

21 de outubro de 2022

Fin de semana.

Actividades para estes días:

VENRES 21
20,00 Inicia o Circuito de Outono de INCUDE.
Será no Centro Comercial Los Rosales

SABADO 22

14,30 Saída para participar nas actividades do BICA Pawn en Santiago

16,00 Segunda Rolda da Liga AGAX Online Sub 12.
Aínda que coincida co desprazamento indicado, mantemos a actividade online.
Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #L7mYsrJj • lichess.org

15 de outubro de 2022

Torneo colexial en Esclavas

Os próximos luns 17 e 24 teremos no colexio Esclavas un torneo colexial.

Agradamos que este tipo de actividades axuden á difusión do xadrez no centro.

Estes días agardamos ir anunciando novas actividades.

E lembrade que hai que anotarse para a actividade do sábado no Bica Pawn en Santiago.

14 de outubro de 2022

Fin de semana

Lembramos que esta fin de semana temos a primeira rolda da Liga AGAX Sub 12.

Aproveitamos para ilustrar esta nova coa copia do albarán remitido por Banco de Alimentos sobre a comida recollida o pasado domingo no torneo Virxe do Rosario.

Grazas a todos por colaborar.

Sábado 15 de outubro ás 16,00.  Só para os que naceron en 2010 ou seguintes,

LIGAZON DO TORNEO: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #1TYswFeK • lichess.org

Próximas actividades:

Nesta mesma web atoparás información sobre o traslado a Bica Pawn o sábado 22. Ainda que queda unha semana necesitamos confirmar o bus.

O venres 21 tamén dará comezo o Circuito de Outono que organiza INCUDE-CIDU do que iremos infiormando.

13 de outubro de 2022

BICA PAWN - PARA SUB 12

O sábado día 22 terá lugar en Santiago unha nova competición para equipos sub 12 en taboleiro xigante. Esta actividade forma parte do Festival Xacobeo BICA PAWN que se celebra do 19 ao 22 na Cidade da Cultura de Santiago. A programación de todo este gran evento pódese ver na súa páxina web. PREME.

Polo que nos toca aos coruñeses irán dous equipos; un agrupando aos que nos escolares xogan como Xadrez das Mariñas e outra formado pola Escola de Xadrez Mirko. Os equipos estarán formados por entre catro e seis xogadores, aínda que pode haber acompañantes.

Lembrámos aos membros de Xadrez das Mariñas que leven a camiseta que se empregou nos torneos escolares (se non a tedes avisa ao monitor).
 
Os equipos estarán formados por alumnos de primaria de 6 a 12 anos.

Tempo: os equipos disporán de 10 minutos máis 5 segundos por xogada para completar cada un dos xogos. Utilizaranse reloxos aprobados e se un equipo consume todo o seu tempo, perderá a partida.

Sistema de competición: o sistema de xogo será o modo Playoff con roldas eliminatorias.
Os equipos dividiranse en grupos de 4, xogando uns contra outros unha partida.
Unha vez rematada a fase de liga, os equipos disputarán un desempate en función da súa posición no grupo, onde disputarán a súa posición final no torneo.

A organización resérvase o dereito de introducir variantes no sistema de competición en función do número de equipos inscritos

Puntuación: na fase de grupos outorgaranse 4 puntos por vitoria, 2 por empate e 1 punto por derrota.
Os sistemas de desempate serán na fase de grupos:
- Resultado directo entre os equipos empatados
- Maior número de vitorias
- 5 minutos de xogo rápido
Nos playoffs:
- 5 minutos de xogo rápido

Horario: 
16:00 - Primeira Quenda
16:40 - Segunda Quenda
17:20 - Terceira Quenda
18:00 - Desempate
18:40 - Fase final
19:30 - Entrega de premios

Traslado:
Poñeremos un autobús que sairá ás 14:30 horas do Centro Universitario de Riazor.
O autobús pasará logo polo Temple (aprox. 15 minutos despois e dende alí a Santiago)
Necesitaremos un mínimo de 15 viaxeiros.

Custo: 10 euros.
En caso de chegar a 30 viaxeiros (polos acompañantes) ou custo sería de 5 euros.
(Actualización do mércores 19; temos case os 30).

12 de outubro de 2022

Liga AGAX Sub12

Durante os meses de outubro, novembro e decembro teremos a edición de outono da nosa Liga Online Sub12. A Liga de Outono serán oito roldas que van sumando nun circuito.

Tamén no nadal realizaremos unha proba dun só día, como xa realizamos en 2021 onde poderán participar xogadores de calquera orixe, non só da cidade da Coruña.

Liga Outono 2022. 

Datas de xogo: Outubro: 15, 22 e 29 - Novembro: 5, 12 e 26 - Decembro: 3 e 10.

Por tanto a primeira rolda será xa este sábado, ás 16,00 horas.

Só para os que naceron en 2010 ou seguintes,

LIGAZON DO TORNEO: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #1TYswFeK • lichess.org

Podes ver algunhas características das ligas deste ano nesta outra ligazón de principios de ano: https://www.xogandocoxadrez.eu/2022/01/liga-agax-online-sub12.html

Lembrade que hai trofeos para os tres mellores equipos tras as oito xornadas e para os oitos mellores xogadores individuais.

11 de outubro de 2022

Resultados Torneo do Rosario

Publicamos as listaxes completas do Torneo do Rosario:

CATEGORIA ABSOLUTA E SUB 14

  1    JORGE RODRÍGUEZ GUILLÉN,  2135     C FERROLANO  5          9.0  13.5   15.0
  2    IAGO SOTO,        1465     CIDU  4.5        8.0  13.0   13.0
  3    JACOBO VIEITES PEREZ,   1786     USC                4          8.0  15.0   13.0

  4    RAMIRO DEL VALLE RODRIGUE,  1352     ETX                3.5        8.5  16.0   11.5
  5    JOSÉ ANGEL RODRÍGUEZ TOJE,     1665     TUI                3.5        8.0  14.0   11.0
  6    CARLOS OSORIO,    CIDU               3.5        7.5  12.0    9.0
  7    CARLOS CASTEDO DE CASTRO,  1599     XDM 3  10.0  16.0   11.0 MELLOR SENIOR
  8    ALBERTO SÁNCHEZ BARDANCA,  1699     BOVEDA   3  9.0  14.0   10.0
  9    ESTEBAN ARIEL,  SIGRAS             3          7.0  12.0    9.0
  10   JORGE MARTÍ MARTÍN, ETX SUB14          3          6.5  11.0    8.0 1º SUB14
  11   JOSE MARIA DORADO REBORED,  1581     CLUBEXA            3          5.0   9.0    6.0
  12   ALBERTO GARCÍA REINO,  1292     CIDU               2.5       10.5  17.0   10.0
  13   ENRIQUE LOPES DO ROSARIO,  SIGRAS             2.5        9.5  15.5    8.5
  14   FRANCISCO CANOVAS,  SIGRAS             2.5        9.0  14.0    8.5
  15   TEO GALIÑANES OSORIO,  MIRKO              2.5        7.5  12.5    6.5
  16   CARLOS BLANCO MARTINEZ., MIRKO SUB14        2          8.0  12.0    6.0
  17   ADRIÁN ROSENDE CANEDO,  CIDU               2          7.5  13.5    7.0
  18   ÁLVARO ROGET GARCÍA,  CIDU               2          7.5  12.0    5.0
  19   ROBERTO BLANDON,  1400     SIGRAS             2          6.5  11.0    4.0
  20   ROQUE SANDE SEIANE,   CIDU               2          6.5  10.0    6.0
  21   RUOWAN LIN,     SIGRAS             2          5.5   9.0    6.0
  22   ALEXANDRO MONTES DIRLAU,  MIRKO              1          7.5  14.5    2.0
  23   ANTONIO SERRANO, CIDU               1          7.5  12.0    3.0
  24   ÓSCAR GALIÑANES OSORIO,  MIRKO              1          7.5  11.5    5.0
  25   FERNANDO JOSE GARCIA PERE, 1150     SIGRAS             1          6.5  10.0    1.0
  26   LUIS BALADRON JIMENEZ, 1036     BETANZOS           0          1.5   1.5    0.0
CATEGORIA SUB 12

  1    DIEGO RODRÍGUEZ TIRAPU,                   5          6.5  11.0   15.0
  2    PABLO ABEAL GARCÍA,                       3.5        6.5  13.0    9.0
  3    GABRIEL DEL RIO SAS,                      3          6.5  13.0    9.0
  4    MATEO NÚÑEZ MACÍAS,                       2.5        7.0  13.5   10.0
  5    DIEGO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ,                2          8.0  14.5    6.0
  6    SERGIO FERNANDEZ BARCENA,                 2          7.5  14.0    6.0
  7    DIEGO ABEAL GARCÍA,                       2          6.5  11.0    5.0
CATEGORIA SUB10

  1    ÓLIVER SÁNCHEZ TORREIRO,         1029     4.5        8.5  13.0   13.5
  2    ZOE RODRÍGUEZ COLLAZO,                    4          8.0  12.5   10.0
  3    MARTÍN COUTO BELLO,              1001     4          7.0  10.5   11.0
  4    ALEJANDRO LOPEZ NUNEZ,                    3.5        7.0  13.0   12.5
  5    NICOLÁS BUDIÑO GARCÍA,                    3         10.5  16.0   11.5
  6    ÓLIVER BORRAZÁS DARRIBA,                  3          9.5  16.0   11.0
  7    ROMÁN FANDIÑO GONZÁLEZ,                   3          8.5  14.0    9.0
  8    MATEO REDONDA REY,                        3          8.0  14.5    8.0
  9    SIMÓN GARCÍA VIÑA,                        2.5        8.5  14.0   10.5
  10   MARTIN GOMEZ PRIETO,                      2.5        8.5  13.5    8.0
  11   THIAGO GESTAL FAILDE,                     2.5        5.5   9.0    6.0
  12   TEO SANTAMARTA SUÁREZ,                    2          9.5  14.5    5.0
  13   XOAN SANDE SEOANE,                        2          7.5  11.5    7.0
  14   ADRIÁN FERNÁNDEZ BARCENA,                 2          5.5   8.5    3.0
  15   XOEL JANEIRO ANDÚJAR,                     1.5        7.5  12.0    4.0
  16   PEDRO CORTIZO CARREIRA,                   1          7.0  12.0    3.0
  17   SARA LAPIDO MANCEBO,                      1          6.5  11.5    2.0
  18   ÁNGEL BALADRÓN ARÉVALO,          1022     0          2.5   2.5    0.0
CATEGORIA SUB8

1. EMMA ETTERBEEK POMBO  S8 ETX
2. DENYS DEMYDOV S8 SMYSLOV SADA
3. ARIADNA LÓPEZ NÚÑEZ S8 Ames
4. MAR RODRÍGUEZ COLLAZO S8 TDFC
5. JOAQUÍN DEL RÍO SAS S8 MIRKO
6. LUCAS RODRÍGUEZ VICENTE S8 ETX

Un total de 57 xogadores aos que agardamos ver nas futuras edicións.

Algúns dos eventos previstos en outubro: Sábado 15 inicia la Liga AGAX Online para xogadores sub12, venres 21 inicia o circuito de xadrez lóstrego do CIDU, sábado 22 actividade do Bica Chess en taboleiro xigante, sábado 29 Torneo Rei de Mesa...
Séguenos na nosa web para estar informado.

7 de outubro de 2022

Anotados Torneo do Rosario

Hoxe venres pecharemos a inscrición nesta edición do Torneo do Rosario que vai celebrarse o domingo.

Xa temos os trofeos, que podedes ver na imaxe, coa torre da igrexa dos Dominicos na Cidade Vella, onde está a talla da Virxe do Rosario, patroa da cidade.

Ata agora estes son os anotados:

José Angel Rodríguez Tojeira ABS TUI
Alberto Sánchez Bardanca ABS BOVEDA
Adrián Rosende Canedo ABS CIDU
Iago Soto Paíno ABS CIDU
Jorge Rodríguez Guillén ABS Círculo Ferrolano
Jose Maria Dorado Reboredo ABS Clubexa
Ramiro del Valle Rodriguez ABS ETX
Fernando jose garcia perez ABS SIGRAS
Enrique Lopes do Rosario ABS SIGRAS
Ruowan Lin ABS SIGRAS
Jacobo Vieites Perez ABS USC
Fernando Recaman Solla ABS XDM
ADRIAN QUEVEDO PEREZ ABS XDM
Carlos Castedo de Castro ABS XDM

Ariadna López Núñez  S8 Ames
Denys Demydov S8 SMYSLOV SADA
Lucas Rodríguez Vicente S8 ETX
Emma Etterbeek Pombo  S8 ETX
Joaquín del Río Sas S8 MIRKO
Mar Rodríguez Collazo S8 TDFC

Alejandro Lopez Nunez S10 Ames
Teo Santamarta Suárez S10 CIDU
MARTIN GOMEZ PRIETO S10 SMYSLOV SADA
Román Fandiño González S10 MIRKO
Mateo Redonda Rey S10 ETX
ÓLIVER BORRAZÁS DARRIBA S10 MIRKO
Óliver Sánchez Torreiro S10 MIRKO
Nicolás Budiño García S10 SMYSLOV SADA
Martín Couto Bello S10 SMYSLOV SADA
PEDRO CORTIZO CARREIRA S10 SMYSLOV SADA
Zoe Rodríguez Collazo S10 TDFC

Mateo Núñez Macías S12 PERILLO
Gabriel del Rio Sas S12 MIRKO
Diego Rodríguez Tirapu S12 CASINO

Carlos Blanco Martinez. S14 MIRKO

29 de setembro de 2022

Torneo do Rosario

A Asociación Galega de Xadrecistas vai celebrar o XXVIII Torneo do Rosario, un dos mais antigos de cantos celebramos, xa que o iniciamos en 1995. 

Nome do Torneo: XXVIII TORNEO DO ROSARIO

Datas: 9 de outubro de 2022.

Lugar:  Sporting Club Casino (Rúa Real) - A Coruña.

Ritmo: 10 minutos + 3 segundos na categoría absoluta e15 minutos no resto das categorías.

Horario:
Presentación: 16,30
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,35
3ª Rolda: 18,10
4ª Rolda: 18,45
5ª Rolda: 19,20
Entrega de Trofeos: 19,50

Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros das categorias absoluta, sub12 (2010 e 2011), sub10 (2012 e 2013) e  sub8 (nados en 2014 ou seguintes). Entregarse un trofeo ao mellor senior (+60).  Haberá tamén medalla para todos os sub 14.
Para recibir trofeos e medallas será obrigatoria a presencia na entrega de trofeos.

Inscricións:
Este ano a inscrición vai consistir en 2 kilos de pasta ou arroz. 
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1:  Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. No caso dos socios do Casino o seu seguro cubre a participación no torneo. Para o resto é obrigatorio contar coa licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

26 de setembro de 2022

Martes de Xadrez

Os nosos socios da Asociación Palaestra, coa colaboración da Deputación da Coruña comezan os Martes de Xadrez, que consistirán nunhas clases gratuítas para calquera interesado. 

Horario de 19,00 a 20,30 horas na Sala de Xadrez do Centro Comercial Los Rosales. 

As clases dividiranse en dous partes, a primeira duns 30 minutos cunha pequena explicación teórica e o resto para xogar partidas libres.

Días de actividade: 

Setembro: 27/09/2022

Outubro: 04/10/2022, 11/10/2022, 18/10/2022 e 25/10/2022

Novembro: 01/11/2022, 08/11/2022, 15/11/2022, 22/11/2022 e 29/11/2022

Decembro: 13/12/2022 e 20/12/2022

23 de setembro de 2022

Fin de semana

Este sábado temos unha tarde de xadrez en Vila Concepción (Cambre).

Todos aqueles que teñan ganas de botar unhas partidas poden achegarse por alí a partir das 17,30 e faremos un pequeno torneo ás 18,00 entre os que aparezan por alí.

Trátase de enmpezar a marcar días para destrar e aproveitaremos a tarde para ir falando dos vindeiros torneos (o próximo importante en outurbro o Torneo do Rosario) e actividades dos próximos meses.

Se tes algunha suxerencia, non o dubides e proón.

A actividade é de balde e o gañador do torneiño recibirá unha taza (que terá que recoller en futura actividade en Los Rosales).

Animádevos a vir botar unhas partidas.

19 de setembro de 2022

Resultados Ludo Lóstrego

O XVII Torneo Ludo Lóstrego tivo como vencedor a Rodrigo Pena, do Sigrás, que xa gañara tamén o Ludo Activo no mes de xullo e esta mesma proba no 2020.

En segunda posición quedou David Pérez do Xadrez das Mariñas e o terceiro posto foi para José María Dorado do Clubexa.

O Torneo tivo lugar no Espazo TeuTeu que foi un éxito de aceptación entre os participantes.

O seguinte torneo na Coruña está previsto para o 9 de outubro, cando se celenbre o Torneo do Rosario.

Clasificación do torneo:

1 RODRIGO PENA,   1691  5 10.0 15.0 15.0
2 DAVID PEREZ,     4 8.0 13.0 15.0
3 JOSE MARIA DORADO,   1580  4 7.0 11.0 13.0
4 CARLOS CASTEDO,   1599  3 9.0 10.0 16.0
5 LUIS PATIÑO,   1580  3 8.0 9.0 13.0
6 FRANCISCO GARCIA,   1632  3 7.0 10.0 14.0
7 ADRIAN FERNANDEZ,     2 9.0 7.0 14.0
8 ALVARO ROGET,     2 7.0 3.0 11.0
9 FRANCISCO CANOVAS,   1210  2 6.0 7.0 11.0
 DIEGO TIRAPU,     2 6.0 7.0 11.0
11 ADRIAN MARTINEZ,   1410  2 6.0 5.0 10.0
12 ROBERTO BLANDON,   1172  1 7.0 4.0 13.0
13 SERGIO FERNANDEZ,     1 6.0 3.0 9.0
14 ANTONIO SERRANO,     1 5.0 1.0 10.0

 
HISTORIAL DO TORNEO LOSTREGO

I TORNEO - 2006
GAÑADOR: Jorge Rodríguez
II TORNEO - 2007
GAÑADOR: Aleksa Strikovic
III TORNEO - 2008
GAÑADOR: Bruno Figueredo
IV TORNEO - 2009
GAÑADOR: Diego García-Muñoz
V TORNEO - 2010
GAÑADOR: Pablo Sánchez
VI TORNEO - 2011
GAÑADOR: José Sande
VII TORNEO - 2012
GAÑADOR: José Sande
VIII TORNEO - 2013
GAÑADOR: José Sande
IX TORNEO - 2014
GAÑADOR: Pablo Sánchez
X TORNEO - 2015
GAÑADOR: Santiago Domínguez
XI TORNEO - 2016
GAÑADOR: José María Dorado
XII TORNEO - 2017
GAÑADOR: José Ramón Gómez Torre
XIII TORNEO - 2018
GAÑADOR: Daniel Pousada
XIV TORNEO - 2019
GAÑADOR: Daniel Codesido
XV TORNEO - 2020
GAÑADOR: Rodrigo Pena
XVI TORNEO - 2021
GAÑADOR: Francisco Pedreira
XVII TORNEO - 2022
GAÑADOR: Rodrigo Pena