25 de outubro de 2022

Copa AGAX Online

Tras dous anos con moita actividade online debido á pandemia, neste 2022 pouco fixemos salvo as ligas sub12.

Pero igoal que a Liga AGAX Online Sub12 veu para quedarse na nosa programación, no que queda de ano temos previstas varias actividades mais por internet.

A primeira este domingo día 30, a Copa AGAX Online.

A Copa AGAX será o día 1 no Centro Comercial Los Rosales e a competición online será o domingo 30 no equipo online Club CC Los Rosales en Lichess.

A pertenza a este club virtual é gratuita. 

A Copa AGAX Online, dentro das actividades co apoio do Concello da Coruña, terá lugar o domingo 30 ás 20,00 horas. Torneo modelo area sen berseker nen puntos extra por racha de victorias. Haberá trofeo para o mellor clasificado que se entregará o martes na Copa AGAX presencial.

Como participar?

1. Se xa es membro do Club... visita a ligazón publicada en Lichess e anótate.


2. Se non es membro segue os seguintes pasos:

2.1. Crea unha conta en lichess.org

Se xa tes unha conta segue ao seguinte paso

2.2. Pide entrada do equipo de Lichess 


Un dos administradores dará validez a túa entrada en canto teñas cumplido o terceiro paso;

2.3. Cubre o formulario de inscrición no club online.

Alguén comprobará que están ben cubertos os datos e dará acceso ao Club (pode tardar unhas horas).





Ningún comentario: