30 de xuño de 2023

1ª Fin de semana de xullo

A fin de semana non será de moita actividade no noso grupo pero temos as actividades que organiza INCUDE con motivo do Asalto ao Castelo en Vimianzo

Tes a información global  de INCUDE en:


E de toda a actividade do Asalto en:


Dende a nosa asociación ademais imos poñer as bases dun novo equipo por aqueles lares.

SÁBADO 1 DE XULLO:

11:20: Torneo presencial de xadrez.

Torneo suizo, cinco roldas e a ritmo de cinco minutos. O mellor recibirá un trofeo.

Será na praza do Concello de Vimianzo.

16:00: Torneo de Xadrez Online

Segundo ano que realizamos este torneo de partidas a 3 + 2 en modalidade area, dunha hora de duración.

En lichess.org, aberto a todos os interesados: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #t7Clwq3z • lichess.org

Os participantes nas actividades presenciais recibirán tamén un libro de agasallo. 


23 de xuño de 2023

ACTIVIDADE NO VERÁN

Rematado o curso hai varias actividades que imos recomendar, aínda que este fin de semana sexa de descanso.

Estas son algunhas das actividades que están previstas (pode que algunha aínda non apareza nas páxinas das entidades organizadoras).

Sabemos que INCUDE ten previstas varias actividades mais pero xa iremos informando:

MES DE XUÑO.

SEMANA DE XADREZ PARA RAPACES
Do luns 26 ao venres 30 de xuño. Centro Comercial Los Rosales.
Horario: De 11,00 a 14,00
Unha semana de xadrez de iniciación co temario de nivel 1 de AGAX (iniciación).
Cota: 50 euros

TORNEO AMIGABLE FOGUEIRAS DE SAN PEDRO
Mércores 28 de xuño - 20,00 horas. Centro Comercial Los Rosales.
Torneo de partidas a 5 minutos
Cota: De balde

MES DE XULLO.

ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO
Sábado 1 de xullo. Praza do Concello de Vimianzo.
Horario: De 11,00 a 14,00
Distintas actividades neste día.

SEMANA DE XADREZ E XOGOS
Do luns 3 ao venres 7 de xullo. Centro Comercial Los Rosales.
Horario: De 11,00 a 14,00
Unha semana de xadrez con xogos (xadrez, damas, mikado, dominó...).
Cota: 60 euros (inclúe un pequeno xogo de xadrez)

SEMANA DE ADESTRAMENTO
Do luns 3 ao venres 7 de xullo. Centro Comercial Los Rosales.
Horario: De 19,00 a 21,00
Unha semana de xadrez con unha hora de problemas de finais e outra hora de torneo amigable.
Cota: De balde

SEMANA DE XADREZ CON HECTOR RODRIGUEZ.
Do luns 17 ao venres 21 de xullo. Espazo a determinar.
Horario: De 9,00 a 14,00
Unha semana de xadrez con Héctor Rodríguez.
A información publicarase nos próximos días.

TORNEO DÍA MUNDIAL DO XADREZ
Xoves 20 de xullo - 20,30 horas. Centro Comercial Los Rosales.
Torneo de partidas a 5 minutos
Cota: De balde

TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR
Sábado 29 de xullo. Xadrez en Monforte de Lemos.
Horario: Pola tarde
Distintas actividades neste día.

MES DE AGOSTO.

TORNEO DÍA MUNDIAL DA XUVENTUDE
Sábado 12 de agosto - 17,00 horas. Centro Comercial Los Rosales.
Torneo de partidas a 15 minutos
Cota: De balde

TORNEO SANTA MARGARIDA
Domingo 27 de agosto
Pendente de mais info

MES DE SETEMBRO.

COPA GONZALEZ MARCH
Do 4 ao 8 de setembro no Sporting Club Casino
Torneo de partidas a 60 minutos
Información pendente de concretarse.

POSIBLE DESPRAZAMENTO DO CALASANZ A ALCALA
15 de setembro. Para participar no Campionato de España Escolar en Centros Comerciales.

OPEN SICENCE EN CAMBRE
15 e 16 de setembro.

OUTRAS ACCIONS.

CAMPAMENTOS DE MIRKO - CAMBRE
As semanas de xullo de luns a venres de 11,00 a 13,00

CAMPAMENTOS DE SMISLOV - SADA
Neste caso hai tres no verán; primeira quincena de xullo, segunda quincena de xullo e primeira quincena de agosto

CLASES EN SIGRÁS
Os martes de 11,00 a 12,30 no seu local social.

TORNEOS EN CAMBRE E BETANZOS
Os tradicionais torneos do verán terán lugar o 13 de agosto (Betanzos) e 19 de agosto (Cambre).

16 de xuño de 2023

3ª Fin de semana de xuño

Estamos a día 16 e tal día coma hoxe de hai 34 anos tiña lugar a fundación da Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX). Pero dende o principio normalmente celebramos o noso aniversario o día 1 de setembro, día que foi aprobada oficialmente no rexistro do Ministerio do Interior e que parécenos mais práctico para iniciar a temporada.

Estas son as actividades que teremos estes días:

VENRES 16

20,30 - 21,30 TORNEO NO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR.
Na categoría senior aberto a membros da Comunidade Universitaria e xogadores do CIDU e aberto aos rapaces nados en 2009 ou seguintes (haberá trofeo para os tres mellores destes últimos).

SÁBADO 17 DE XUÑO

17,00: Un equipo do Colexio Calasanz competirá en Vigo no Torneo de Colexios organizado no Centro Comercial Vialia.

17,00: Ten lugar a Liga de Xadrez das Mariñas.

DOMINGO 18 DE XUÑO

11,00: Día do Deporte na Rúa. Un ano mais AGAX é a entidade referencia do xadrez coruñés e nesta ocasión mudamos de lugar. Estaremos na Praza de Portugal. Como xa publicamos de 12,00 a 14,00 realizaremos un Torneo amigable.

E para os previsores imos informando de datas:

En breve publicaranse máis accións no verán, e o vindeiro luns 19 teremos bastantes novidades, xa que estamos pendentes dunha xuntanza ás 17,30. Algunhas datas que parecen xa confirmadas:

Do luns 26 ao venres 30 de xuño de 11,00 a 14,00 horas.
Semana de xadrez de Palaestra nos Rosales. Curso de xadrez co temario nivel 1 de AGAX.

1 xullo: Asalto ao Castelo de Vimianzo
17 ao 21 de xullo: Semana de xadrez para rapaces en Riazor.
29 de xullo: Tarde de xadrez no Pazo de Tor

13 de agosto: Torneo de Betanzos
19 de agosto: Torneos de Cambre

Semana do 4 de setembro: Copa González March

14 de xuño de 2023

DIA DO DEPORTE NA CORUÑA

O domingo 18 teremos na Coruña o Día do Deporte onde un ano mais AGAX levará a actividade de xadrez.

Este ano temos dúas novidades: Cambio de Ubicación. Estaremos na Praza de Portugal e ademais realizaremos un pequeno torneo amigable.

A actividade comezará ás 11,00 horas.

9 de xuño de 2023

2ª Fin de semana de xuño

A fin de semana está protagonizada polo Torneo de Primavera deste 2023.

VENRES 9

Centro Comercial Los Rosales. A Coruña. 20,15.
Suízo a 5 roldas. 5 minutos a finish.
Absoluta e Universitaria.

SABADO 10

Centro Comercial Los Rosales. A Coruña. 17,00.
Suízo a 5 roldas. 15 minutos a finish.
Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

PREME PARA INSCRIBIRSE

2 de xuño de 2023

Empezamos o mes de xuño

Empezamos o mes de xuño con relativa calma.

VENRES 2

Os membros da Comunidade Universitaria tñene un novo "venres no cur" dende 19,30.

SÁBADO 3

Ás 11,00 terá lugar a Asemblea da federación Galega de Xadrez, con interesantes puntos na súa orde do día. Parece evidente que hai que modificar cousas no modelo da Liga Galega de Xadrez.

Pola tarde ten lugar o Campionato Galego Lóstrego.

DOMINGO 4

Durante todo o día ten lugar o Galego de Rápidas.

Lembramos que na próxima fin de semana se desenvolve o Torneo de Primavera de Los Rosales. Estás xa anotado?