30 de xuño de 2023

1ª Fin de semana de xullo

A fin de semana non será de moita actividade no noso grupo pero temos as actividades que organiza INCUDE con motivo do Asalto ao Castelo en Vimianzo

Tes a información global  de INCUDE en:


E de toda a actividade do Asalto en:


Dende a nosa asociación ademais imos poñer as bases dun novo equipo por aqueles lares.

SÁBADO 1 DE XULLO:

11:20: Torneo presencial de xadrez.

Torneo suizo, cinco roldas e a ritmo de cinco minutos. O mellor recibirá un trofeo.

Será na praza do Concello de Vimianzo.

16:00: Torneo de Xadrez Online

Segundo ano que realizamos este torneo de partidas a 3 + 2 en modalidade area, dunha hora de duración.

En lichess.org, aberto a todos os interesados: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #t7Clwq3z • lichess.org

Os participantes nas actividades presenciais recibirán tamén un libro de agasallo. 


Ningún comentario: