28 de marzo de 2021

LIGA AGAX E DOMINGOS ONLINE

A Liga AGAX Sub12 concluiu cun empate entre Calasanz e Dominicos.

A vitoria dos primeiros é grazas ao desempate pola suma dos puntos individuais (43 fronte a 26).


Na clasificación individual tamén éxito para o Calasanz coa vitoria de Rubentro, se ben aqui os seguintes clasificados son de Dominicos.


DOMINGO ÁS 17,00

Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. O Circuito Domingos Online en principio ocupará uns 40 domingos deste 2021. Cada xogador que logre vencer nun dos torneos levará unha camisola. Para xogar hai que pertencer ao club online (non hai cota).

www.deporcultura.eu

19 de marzo de 2021

FIN DE SEMANA

A nosa proposta de actividades para estes días.
Temos a proposta de adestramento presencial o sábado.
 
VENRES ÁS 21,30


Lembramos que hoxe non hai torneo, o Circuito de Inverno de INCUDE xa rematou.

www.xadrezuniversitario.org

En abril comezará co Circuito de Primavera.


SÁBADO ÁS 16,00

Só para os nados en 2009 ou seguintes.

LIGA AGAX SUB12 ás 16,00

https://xogandocoxadrez.blogspot.com/2021/01/liga-agax-online-sub12.html

Torneo deste sábado: 

Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #9KThye5F • lichess.org


SÁBADO ÁS 17,30

Adestramento presencial con máximo 12 xogadores de calquera idade.
No Centro Comercial Los Rosales.
Unha proba para estudar se facemos actividades en Semana Santa.

Recomendamos asistir con xel e con máscara fp2. Haberá un dispensador de xel en cada taboleiro de xogo. Empregaremos dous espazos alternando desinfectando as pezas ao remate de cada partida.

Obrigatorio estar federado e entregar o documento de aceptación de riscos da COVID.

Adestramento con partidas a 15 minutos por xogador a celebrar entre as 17,30 e as 20,00.

Cota: 4 euros. É un adestramento e non haberá trofeos, pero como tiñamos algunha cousa preparada para o entroido, daremos ao primeiro clasificado sub12 o trofeo do mellor xogador do entroido. Os participantes recibirán tamén un chaveiro.

Para inscribirse hai que mandar mensaxe de whatsapp ao 654 60 37 16 indicando nome e club polo que está federado en 2021. A actividade realizarase cun mínimo de 6 inscritos. Confirmarase a celebración da proba ao chegar a ese grupo.


DOMINGO ÁS 17,00

Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. O Circuito Domingos Online en principio ocupará uns 40 domingos deste 2021. Cada xogador que logre vencer nun dos torneos levará unha camisola. Para xogar hai que pertencer ao club online (non hai cota).

www.deporcultura.eu

FEDERARSE

Lembra que se queres federarte para xogar xadrez presencial podes pasar polo espazo do CIDU (PREME) ou de Xadrez das Mariñas (PREME)

17 de marzo de 2021

Camiño da última rolda na Liga Sub12

A Liga AGAX Sub12 de Inverno chega a súa rolda final.

O pasado sábado o Calasanz logrou romper a racha do Dominicos, que agora está por diante por un só punto, polo que poderían rematar esta competición empatados se Calasanz volve a vencer.


Na clasificación individual Ruben Troiteiro do Calasanz lidera moi solidamente a proba, seguido de varios xogadores a distancia, nos que a loita polo 2º e 3º posto segue aberta.


Teremos este sábado unha xornada moi interesante.


12 de marzo de 2021

SEGUNDO FIN DE SEMANA DE MARZO

A nosa proposta de actividades para estes días.

A partir do próximo fin de semana (se non varian as normas) realizaremos algúns adestramentos presenciais tipo torneo como os do pasado nadal.
 
VENRES ÁS 21,30


Torneo de INCUDE. Circuito.

www.xadrezuniversitario.org


SÁBADO ÁS 16,00

Só para os nados en 2009 ou seguintes.

LIGA AGAX SUB12 ás 16,00

https://xogandocoxadrez.blogspot.com/2021/01/liga-agax-online-sub12.html

Torneo deste sábado: 

Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #kzPY3bCJ • lichess.org


DOMINGO ÁS 17,00

Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. O Circuito Domingos Online en principio ocupará uns 40 domingos deste 2021. Cada xogador que logre vencer nun dos torneos levará unha camisola. Para xogar hai que pertencer ao club online (non hai cota).

www.deporcultura.eu

FEDERARSE

Lembra que se queres federarte para xogar xadrez presencial podes pasar polo espazo do CIDU (PREME) ou de Xadrez das Mariñas (PREME)

10 de marzo de 2021

Dominicos segue a gañar

Os de Dominicos logran a súa cuarta vitoria consecutiva na Liga AGAX Sub12, a falta de dúas xornadas,. O Casino logra entrar na clasificación que a estas alturas é cousa de Dominicos e Calasanz.


Na clasificación individual o xogador de Dominicos MPC29 foi o vencedor do día, seguido por Rubentro, que é o claro dominador nesta clasificación. A loita nos postos seguintes afecta fundamentalmente a xogadores de Dominicos.



5 de marzo de 2021

DO 5 AO 7 DE MARZO

A nosa proposta de actividades para estes días. Nas que os nosos amigos de Futurix (Lisboa) teñen un apretado calendario.

Estamos a contemplar a posibilidade de facer un match presencial con eles nalgun momento se a COVID o permite.

Todo o seu programa en: https://www.facebook.com/FuturixEspreitaoFuturo


VENRES ÁS 21,30


Torneo de INCUDE. Circuito.

www.xadrezuniversitario.org


SÁBADO ÁS 16,00

Só para os nados en 2009 ou seguintes.

LIGA AGAX SUB12 ás 16,00

https://xogandocoxadrez.blogspot.com/2021/01/liga-agax-online-sub12.html

Torneo deste sábado: 

https://lichess.org/tournament/Nmq9IyE4

SÁBADO ÁS 22,25

Xogamos co equipo XDM no torneo de Futurix: 

Batalla por equipos 2 FUTURIX GAME OF THRONES FXE2 #BSEimrHr • lichess.org

SÁBADO ÁS 22,50

Xogamos co equipo XDM no torneo de Futurix: 



DOMINGO ÁS 17,00

Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. O Circuito Domingos Online en principio ocupará uns 40 domingos deste 2021. Cada xogador que logre vencer nun dos torneos levará unha camisola. Para xogar hai que pertencer ao club online (non hai cota).

www.deporcultura.eu

FEDERARSE

Lembra que se queres federarte para xogar xadrez presencial podes pasar polo espazo do CIDU (PREME) ou de Xadrez das Mariñas (PREME)

2 de marzo de 2021

DOMINICOS PASA A LIDERAR A LIGA SUB12

O conxunto do Dominicos pasa a liderar a Liga AGAX Sub12. O empate no que estaban a semana pasada co Calasanz (vencedor en 2020) rompeuse este pasado fin de semana a favor dos da Cidade Vella.


Onde non hai cambios é na clasificación individual onde Rubentro do Calasanz vai ampliando a súa diferencia cos perseguidores.