28 de marzo de 2021

LIGA AGAX E DOMINGOS ONLINE

A Liga AGAX Sub12 concluiu cun empate entre Calasanz e Dominicos.

A vitoria dos primeiros é grazas ao desempate pola suma dos puntos individuais (43 fronte a 26).


Na clasificación individual tamén éxito para o Calasanz coa vitoria de Rubentro, se ben aqui os seguintes clasificados son de Dominicos.


DOMINGO ÁS 17,00

Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. O Circuito Domingos Online en principio ocupará uns 40 domingos deste 2021. Cada xogador que logre vencer nun dos torneos levará unha camisola. Para xogar hai que pertencer ao club online (non hai cota).

www.deporcultura.eu

Ningún comentario: