27 de setembro de 2024

Xa estamos no outono

Chegados á primeira fin de semana do outono imos a ter bastante calma no xadrez que nos afecta. Algún rapaz irá a Vilagarcía a xogar o torneo en memoria de Adolfo Pedrido, unha persoa que tivo moito que ver co inicio do xadrez autonómico chegada a democracia.

Pero estes días estaremos con bastante calma, pero atendede a esta web e as redes sociais para ver o que se vai convocando (tedes abaixo un calendario aproximado). Haberá moitos cambios porque ahi faltan moitos torneos que van facerse antes de que remate o curso, pero aínda están por confirmarse.

Venres 27: 
TORNEO AMIGABLE E PROPOSTAS DE ACTIVIDADES
Para todos os interesados.
Centro Comercial Los Rosales, 20,00 horas.
Un torneo de rápidas e ao tempo recollida de ideas para o curso 2024-2025.


ALGUNHAS COUSAS XA PREVISTAS:

Outubro:

Venres 4: 
A partir das 19,30. Torneo do Rosario na modalidade lóstrego. Valedeiro para ELO FIDE.

Sábado 5:
II Torneo Xadrez no Temple. Partidas Rápidas. Vila Concepción.

Sábado 12
A partir das 16,30. Torneo do Rosario na modalidade rápidas. Valedeiro para ELO FIDE.
www.clubludo.com (ainda sen publicar bases)

Novembro:
Venres 1:
Copa AGAX e Torneo Tódolos Santos

Sábado 2:
Liga de Outono, dentro do circuito Promoción.
Torneo XXVIII Aniversario C. C.Rosales

Decembro:
Sábado 14:
Torneo de Nadal de Los Rosales
Por aquelo das cousas raras da vida administrativa coincidirá co Torneo Agosto en Cambre (non hai erro).

Domingo 22:
LXXVI Torneo de Navidad.

E para os interesados nas clases:

Palaestra empezou os seus Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales, unha actividade de balde consistente nunha pequena clase e torneo lóstrego. Martes ás 19,00 (www.palaestra.eu). É unha actividade fundamentalmente lúdica cun pequeno temario de finais.

Por outra banda Xadrez das Mariñas anuncia que o mesmo día (os martes) terá actividades en Vila Concepción (Cambre). Será "Ajedrez y Memoria" ás 17,45 e "Curso de Ajedrez" ás 18,50. (www.xadrezdasmariñas.org). Esta actividade empezará en outubro, pasado o festivo do día 12.

19 de setembro de 2024

Última finde de verán

Aínda que agardamos que siga o bo tempo chegamos ao remate deste verán e cada vez son mais os centros e clubes que recuperan a súa actividade tradicional. Aínda que en moitos lugares será no mes de outubro.

Que temos estes días? O Torneo de Narón pecha nunhas horas a inscrición.

Venres 20: 
TORNEO BENVIDA UDC
Só para a comunidade universitaria da UDC e socios do CIDU.
Centro Comercial Los Rosales, 20,30 horas.
Gratuío. Trofeo para o vencedor.

Sábado 21:
TORNEO DE PROMOCION EN NARÓN
Todo o día.. Torneo do Circuito Galego Promoción.
Para xadrecistas de 14 anos ou menos.

Domingo 22:
COPA ONLINE DO ANIVERSARIO
Para todos os interesados ás 20,00.
Mais info en: www.agax.net

Mais cousas:

Como todos os anos nestes últimos meses imos ter moitísima actividade.
Practicamente cada fin de semana haberá torneo, así que a prepararse para o que ven.

E para os interesados nas clases:

Palaestra empezou os seus Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales, unha actividade de balde consistente nunha pequena clase e torneo lóstrego. Martes ás 19,00 (www.palaestra.eu). É unha actividade fundamentalmente lúdica cun pequeno temario de finais.

Por outra banda Xadrez das Mariñas anuncia que o mesmo día (os martes) terá actividades en Vila Concepción (Cambre). Será "Ajedrez y Memoria" ás 17,45 e "Curso de Ajedrez" ás 18,50. (www.xadrezdasmariñas.org). Esta actividade empezará en outubro, pasado o festivo do día 12.

7 de setembro de 2024

Inicio do curso

Para os mais interesados hoxe sábado temos unha xornada de xadrez en Vila Concepción (Cambre) con clase e torneo, e para o domingo hai torneo en Ordes.

A próxima semana inicia o curso escolar no que este ano as diferentes escolas terán varias novidades.