Pero estes días estaremos con bastante calma, pero atendede a esta web e as redes sociais para ver o que se vai convocando (tedes abaixo un calendario aproximado). Haberá moitos cambios porque ahi faltan moitos torneos que van facerse antes de que remate o curso, pero aínda están por confirmarse.
Venres 27:
TORNEO AMIGABLE E PROPOSTAS DE ACTIVIDADESPara todos os interesados.
Centro Comercial Los Rosales, 20,00 horas.
Un torneo de rápidas e ao tempo recollida de ideas para o curso 2024-2025.
ALGUNHAS COUSAS XA PREVISTAS:
Outubro:
Venres 4:
A partir das 19,30. Torneo do Rosario na modalidade lóstrego. Valedeiro para ELO FIDE.
Sábado 5:
II Torneo Xadrez no Temple. Partidas Rápidas. Vila Concepción.
Sábado 12
A partir das 16,30. Torneo do Rosario na modalidade rápidas. Valedeiro para ELO FIDE.
www.clubludo.com (ainda sen publicar bases)
Novembro:
Venres 1:
Copa AGAX e Torneo Tódolos Santos
Sábado 2:
Liga de Outono, dentro do circuito Promoción.
Torneo XXVIII Aniversario C. C.Rosales
Decembro:
Sábado 14:
Torneo de Nadal de Los Rosales
Por aquelo das cousas raras da vida administrativa coincidirá co Torneo Agosto en Cambre (non hai erro).
Domingo 22:
LXXVI Torneo de Navidad.
E para os interesados nas clases:
Palaestra empezou os seus Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales, unha actividade de balde consistente nunha pequena clase e torneo lóstrego. Martes ás 19,00 (www.palaestra.eu). É unha actividade fundamentalmente lúdica cun pequeno temario de finais.
Por outra banda Xadrez das Mariñas anuncia que o mesmo día (os martes) terá actividades en Vila Concepción (Cambre). Será "Ajedrez y Memoria" ás 17,45 e "Curso de Ajedrez" ás 18,50. (www.xadrezdasmariñas.org). Esta actividade empezará en outubro, pasado o festivo do día 12.
Ningún comentario:
Publicar un comentario