26 de setembro de 2023

Torneo en Narón

O Sábado 30 celébrase en Narón un dos torneos do Circuito Promoción.

Será dende as 11,00 con 7 roldas a ritmo de 15 minutos + 3 segundos.

Haberá catro categorías Sub14 (2010-2009), Sub12 (2011-2012), Sub10 (2013-2014) e Sub8 (2015 e seguintes).

Información completa aqui... PREME

16 de setembro de 2023

Noraboa ao Calasanz

Unha fin de semana sen actividade en AGAX, salvo a viaxe a Alcalá do Calasanz.

Os rapaces marcharon a participar na fase final do MasterChess, tras gañar en xuño a fase galega.

O euipo formado por Rubén Troiteiro, Pablo Iglesias, Carlos Pardo e Nico Vigo lograron o terceiro posto, por detrás do Gredos de Alcalá que xogaba na casa e do La Salle de Alfaro.

A aposta do xadrez por colexios era unha das liñas de traballo en 2023, e teremos oportunidade de reforzala o vindeiro mes de outubro co torneo a disputar nos Dominicos.

8 de setembro de 2023

Fin da Copa González March

O xogador do Sporting Club Casino, Marcos Martínez, lidera a proba que remata esta tarde coa última partida das cinco programadas.

Marcos é o único xogador que conseguiu gañar todas as partidos e hoxe xogará contra Anxo Carreira que nas catro partidas só cedeu un empate.

Anxo gañou onte a Roque Bouza e lidera a clasificación de mellor universitario.

Como actividades previas ás 17:30 horas haberá un torneo blitz para os que o desexen (para calquera interesado federado) e ás 18:45 horas, pouco antes do comezo da quenda, unha competición de resolución de problemas en Lichess.

A rolda comezará coma sempre ás 19.00 horas e posteriormente terá lugar a entrega de premios.

Lembrámosvos tamén que se publicaron resumos fotográficos de cada día no Instagram e X de Palaestra (@scdpalaestra)

3 de setembro de 2023

Hoxe Copa AGAX Online

Hoxe celebramos a Copa AGAX Online. Dende este curso este torneo terá lugar no aniversario da nosa entidade.

Estreamos tamén un modelo de premio en tarxeta regalo que veremos que tal funciona.

Hoxe disputaremos as partidas a partir das 19,00.

Lembramos que hai que ser membro do equipo aberto de AGAX en Lichess.

Un trámite que en principio só vai ser necesario facer unha vez, xa que estes datos quedarán xa  para o futuro.

Algúns cubriron o formulario pero despois non solicitaron entrar no equipo... Aínda estades a tempo.

Copa AGAX Online

Domingo 3 de setembro de 2023

19,00 horas

1 de setembro de 2023

Actividades desta fin de semana.

Hoxe 1 de setembro chegamos a 34 anos de actividades.

Venres 1 de setembro.

Dende hoxe temos aberta a nova inscrición para o curso 2023-2024. PREME.

Sábado 2 de setembro.

Estaremos no Día da Familia en Eiris.

Desde 16,00 ás 20,00. Co xadrez xigante.

Faremos un torneo ás 18,30. Os tres primeiros levarán tres tazas con motivo de xadrez (Ista vez serán cunha imaxe do libro de Alfonso X) 

Domingo 3 de setembro.

As 19,00 Temos a Copa AGAX Online.

Lembra que tes que inscribirte antes no noso equipo de Lichess PREME

Torneo de 3' + 2'' modo Arena, sen berseker e sen racha de vitorias nesta Ligazón:

COPA AGAX ONLINE 2023 Arena #u3oROPOw • lichess.org