27 de maio de 2022

FIN DE SEMANA

Este fin de semana témolo adicado ao peche do curso, que faremos en Curtis.

Buscamos promocionar o xadrez naquel espazo da zona das Mariñas, onde hai unhas semanas inciamos tamén unha colaboración co Centro Penitenciario de Teixeiro.

VENRES 27

Seguen a disputarse os torneos escolares do CBIS, algún deles xa na disputa das últimas partidas que foran adiadas.

20,15-21,15: Torneo de Rápidas do Circuito de Primavera. Será no Centro Universitario de Riazor.

SABADO 28

12,30: Inicio do Xogo de Pistas en Curtis.

16,00 - 17,00: Torneo de Rápidas en Curtis.

17,00 - en adiante: Última xornada da Liga das Mariñas, á que chegan Betanzos e Xadrez das Mariñas como favoritos na vitoria final.

26 de maio de 2022

O extraño caso do Rei Negro de Curtis

A habitación da súa vila de Brighton estaba, como de costume, desordenada e repleta de produtos químicos e de recordos de distintos casos. Sherlock comera unha hora antes e sentado na súa butaca preferida miraba pola xanela mentres acariñaba a súa pipa. 

Pensaba en como cos anos os seus costumes cambiaran; antes durmía moi poucas horas pero agora, desde o seu famoso caso "o escocés do balcón" que lle levou a Mallorca, acotumbrarase a ese bárbaro costume de durmir a sesta. Doutra banda o Dr. Watson lográra convencelo, tras anos de inistencia, de que deixase o tabaco. Agora pesaba vinte quilos máis e as pipas só usábaas para acariñalas mentres pensaba.

Á calor da cheminea e mirando a paisaxe quedou durmido.

Espertou sobresaltado. Estaba a soar o teléfono.

- Oh, ah, Si, quen é? -balbuceou ao responder a chamada.

- Señor Holmes -gritaron desde o outro lado- o Rei desapareceu! 

- A Raíña? -preguntou mentres tentaba aclarar os seus pensamentos.

- Non. O Rei... O Rei negro de Curtis. Ten que vir inmediatamente.

E cortouse a chamada.

Holmes apresurou á esquina da sala onde tiña un antigo globo terráqueo e empezou a buscar Curtis entre as antigas colonias da súa Maxestade.

Como Sherlock segue en Inglaterra buscando, necesitaremos a axuda dos detectives locais para descubrir, polo menos, onde estaba o rei negro de Curtis antes de desaparecer.

----

Ven pola actividade deste finde e axudanos a ir completando o misterio.

23 de maio de 2022

XADREZ EN CURTIS

Asociación Galega de Xadrecistas en colaboración co Concello de Curtis vai pechar as competicións por equipos deste curso realizando a actividade Xadrez na Festa das Flores.

O mesmo día de 12,30 a 14,00 teremos un xogo de pistas baseado no xadrez pola zona. Empezará á hora indicada no Cafe Español (Avenida Principal 11).

Nome do Torneo: I TORNEO FESTA DAS FLORES

Datas: 28 de maio de 2022.

Lugar: Recinto Ferial. Curtis (A Coruña).

Ritmo: 5 minutos finish.

Horario:
Presentacion: 16,00
1ª Rolda: 16,10
2ª Rolda: 16,20
3ª Rolda: 16,30
4ª Rolda: 16,40
5ª Rolda: 16,50

Situación COVID:
Recoméndase o emprego de máscara. A organización disporá de máscaras para os que o solicitem.
Haberá xel en tódalas mesas de xogo.
O número máximo de participantes será de 32.

Premios:
Haberá os trofeos para os seguintes postos:
- Primeiro absoluto
- Primeiro empadroado no Concello de Curtis.
- Primeiro sub14
- Primeiro sub12
- Primeiro sub10
Haberá tamén medallas para todos os sub14 (nados en 2008 ou seguintes).

Inscricións: Non hai cota de inscrición.

Pode facerse a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

20 de maio de 2022

Actividades 20 e 21 de maio

Tras a Ponte das Letras Galegas, na que disputáronse os torneos da fase provincial do programa Xogade da Xunta, estes días temos as seguintes actividades:

VENRES 20 DE MAIO
16,00-17,00: Final do Torneo Escolar no CBIS.

20,15-en adiante: Torneo Nocturnia.
Torneo dentro do Circuito de Primavera no Centro Universitario de Riazor.

SABADO 21 DE MAIO 
16,00-17,00: Liga AGAX Sub12

17,00-en adiante: Liga das Mariñas. Xornada en Betanzos.

-> A VINDEIRA SEMANA PROPOREMOS UNHA ACTIVIDADE ESPECIAL COMO PECHE DO CURSO EN CURTIS.

13 de maio de 2022

Ponte das Letras Galegas

Aínda que poidamos ter algunha actividade mais, esta son ás previstas para estes días:

VENRES 13

18,30-20,00: Final do Torneo Sub18 que celebra Palaestra no Centro Comercial Los Rosales. Mais de 30 participantes tivo esta proba en varios grupos que hoxe afronta a súa final.

20,15-21,15: Proba do Circuito de Primavera no Centro Universitario de Riazor.


SABADO 14

Xogos Escolares. Fase provincial.
Os xogos provinciais escolares terán lugar en Noia dende ás 11,00.
Os equipos alevin feminino xogarán en Cambre.

Liga Sub12
A pesar de que algúns estarán no provincial segue a Liga Escolar.
Para nadaos en 2010 ou seguintes. 


MARTES 17

19,00 - 20,30: A Escola Xadrez Pontevedra organiza un Torneo en Lichess con motivo do Día das Letras Galegas. Ritmo 5+2 


6 de maio de 2022

FIN DE SEMANA DO DIA DA CIENCIA NA RÚA

Este fin de semana temos unha das actividades nas que mais nos gosta participar. Hai 27 anos fomos invitados a tomar parte dunha idea novedosa; unha feira científica que consolidouse cos anos, parada só pola COVID.

Neste 2022 recúpérase o espazo no parque de Santa Margarita e alí estaremos cos nosos tradicionais torneos de pasapezas e lóstrego.

VENRES 6 DE MAIO

20,15 - 21,15: No Centro Universitario de Riazor. Torneo do Circuito de Primavera.

SABADO 7 DE MAIO

11,00 - 19,00: Día da Ciencia na Rúa. Taboleiro de xadrez xigante e distintas actividades.

* Torneo de Pasapezas (12,00-13,00).
* Torneo de Partidas Rápidas Absoluto (17,00-18,00). 
* Torneo de Partidas Rápidas Sub14 (18,00-19,00).