19 de marzo de 2021

FIN DE SEMANA

A nosa proposta de actividades para estes días.
Temos a proposta de adestramento presencial o sábado.
 
VENRES ÁS 21,30


Lembramos que hoxe non hai torneo, o Circuito de Inverno de INCUDE xa rematou.

www.xadrezuniversitario.org

En abril comezará co Circuito de Primavera.


SÁBADO ÁS 16,00

Só para os nados en 2009 ou seguintes.

LIGA AGAX SUB12 ás 16,00

https://xogandocoxadrez.blogspot.com/2021/01/liga-agax-online-sub12.html

Torneo deste sábado: 

Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #9KThye5F • lichess.org


SÁBADO ÁS 17,30

Adestramento presencial con máximo 12 xogadores de calquera idade.
No Centro Comercial Los Rosales.
Unha proba para estudar se facemos actividades en Semana Santa.

Recomendamos asistir con xel e con máscara fp2. Haberá un dispensador de xel en cada taboleiro de xogo. Empregaremos dous espazos alternando desinfectando as pezas ao remate de cada partida.

Obrigatorio estar federado e entregar o documento de aceptación de riscos da COVID.

Adestramento con partidas a 15 minutos por xogador a celebrar entre as 17,30 e as 20,00.

Cota: 4 euros. É un adestramento e non haberá trofeos, pero como tiñamos algunha cousa preparada para o entroido, daremos ao primeiro clasificado sub12 o trofeo do mellor xogador do entroido. Os participantes recibirán tamén un chaveiro.

Para inscribirse hai que mandar mensaxe de whatsapp ao 654 60 37 16 indicando nome e club polo que está federado en 2021. A actividade realizarase cun mínimo de 6 inscritos. Confirmarase a celebración da proba ao chegar a ese grupo.


DOMINGO ÁS 17,00

Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. O Circuito Domingos Online en principio ocupará uns 40 domingos deste 2021. Cada xogador que logre vencer nun dos torneos levará unha camisola. Para xogar hai que pertencer ao club online (non hai cota).

www.deporcultura.eu

FEDERARSE

Lembra que se queres federarte para xogar xadrez presencial podes pasar polo espazo do CIDU (PREME) ou de Xadrez das Mariñas (PREME)

Ningún comentario: