12 de outubro de 2022

Liga AGAX Sub12

Durante os meses de outubro, novembro e decembro teremos a edición de outono da nosa Liga Online Sub12. A Liga de Outono serán oito roldas que van sumando nun circuito.

Tamén no nadal realizaremos unha proba dun só día, como xa realizamos en 2021 onde poderán participar xogadores de calquera orixe, non só da cidade da Coruña.

Liga Outono 2022. 

Datas de xogo: Outubro: 15, 22 e 29 - Novembro: 5, 12 e 26 - Decembro: 3 e 10.

Por tanto a primeira rolda será xa este sábado, ás 16,00 horas.

Só para os que naceron en 2010 ou seguintes,

LIGAZON DO TORNEO: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #1TYswFeK • lichess.org

Podes ver algunhas características das ligas deste ano nesta outra ligazón de principios de ano: https://www.xogandocoxadrez.eu/2022/01/liga-agax-online-sub12.html

Lembrade que hai trofeos para os tres mellores equipos tras as oito xornadas e para os oitos mellores xogadores individuais.

Ningún comentario: