18 de abril de 2022

LIGA AGAX SUB12 DE PRIMAVERA

Durante os meses de abril, maio e xuño teremos a edición de primavera da nosa Liga Sub12.

Tal como fixemos en 2021 e está previsto que sigamos no 2022 a Liga AGAX Sub12 funciona como tres competicións diferenciadas no inverno, primavera e outono.

Cada unha delas formada por oito roldas que van sumando nun circuito.

Tamén no nadal realizaremos unha proba dun só día, como xa realizamos en 2021 onde poderán participar xogadores de calquera orixe, non só da cidade da Coruña.

Liga Primavera 2022.

Datas de xogo: Abril: 23 e 30 - Maio: 7, 14 e 28 - Xuño: 4, 11 e 18.

Por tanto a primeira rolda será xa este sábado, día 23 ás 16,00 horas.

A fase intercomarcal dos escolares é pola mañán, así que agardamos que todos poidan partipar.

SABADO 23 DE ABRIL (DIA DO LIBRO). 16,00

LIGAZON DO TORNEO: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #cHJnaEtJ • lichess.org

Por outra banda indicamos os resultados finais da Liga de Inverno, que non colocaramos anteriormente neste espazo.

O equipo vencedor foi o Calasanz, seguido de Pardo Bazán e Compañía de María.


Na clasificación individual o vencedor novamente foi Rubentro seguido de PabloIG (ambos do Calasanz) e de terceiro Martinchi (do Compañía de María).


Ningún comentario: