30 de xaneiro de 2026

Último fin de semana de xaneiro


O calendario segue cargado de propostas para quen queira xogar, aprender e compartir xadrez. Aquí van dúas citas moi especiais destes días… e lembramos tamén que continúa o torneo de lentas de Imbolc.

Torneo de Entroido no Sporting Club Casino

Recuperamos o tradicional Torneo de Xadrez de Entroido no Sporting Club Casino, unha festa de xadrez e máscaras que volve con forza este 2026.

  • Data: Martes 17 de febreiro de 2026
  • Hora: 17:00 (premios arredor das 19:30)
  • Lugar: Sporting Club Casino – Rúa Real, A Coruña – 1ª planta
  • Ritmo: 10 + 2, sistema suízo a 5 roldas
  • Categorías: Absoluto, Sub14, Sub12, Sub10, Sub8
  • Inscricións: ata o luns 16 de febreiro de 2026
  • Cota xeral: 5 € – Socios Sporting Casino: gratis
  • Licenza: é preciso contar con licenza federativa en vigor
  • Ambiente de Entroido: recoméndase vir disfrazado; haberá algunha sorpresa para os disfraces máis orixinais

Toda a información detallada e ligazóns de inscrición, en: Torneo de Entroido no Casino (Palaestra) .

Tarde de xadrez na Casa da Cultura Vila Concepción

Se che gusta o xadrez e queres vivir unha tarde diferente, tes unha cita na Casa da Cultura Vila Concepción co Club Xadrez das Mariñas.

  • Data: Sábado 31, a partir das 17:00
  • Lugar: Casa da Cultura Vila Concepción
  • Que haberá?
    • Partidas en directo da Liga Galega por Equipos (Preferente, Primeira e Terceira División).
    • Evento amigable aberto tamén a xogadores non federados.
    • Ambiente relaxado para xogar, aprender e coñecer outros afeccionados.
    • Análise de partidas ao remate, con instrutor certificado.

Máis detalles na nova completa: Tarde de xadrez na Casa da Cultura Vila Concepción (XDM) .

Segue en marcha o Torneo de lentas: Imbolc

Dentro dos Martes de Xadrez continúa o Torneo de lentas: Imbolc, pensado como preparación para a Liga Galega e para recuperar o gusto polas partidas a ritmo máis pausado.

  • Ritmo: 45 minutos por xogador
  • Días de xogo: Xaneiro: 20 e 25 — Febreiro: 3, 10 e 24
  • Hora: a partir das 19:15
  • Emparellamentos: cada martes, cinco minutos antes do inicio, cos xogadores presentes
  • Participación: aberta, con ou sen licenza federativa, e con posibilidade de incorporarse en calquera rolda
  • Cota: de balde, dentro da programación da escola de xadrez
  • Premio: trofeo para o gañador do torneo

As bases completas poden consultarse en: Torneo de lentas: Imbolc (Palaestra) .

Entre Entroido, Vila Concepción e as partidas lentas de Imbolc, hai moitas ocasións para seguir xogando co xadrez estes días. Vémonos diante do taboleiro!

Ningún comentario: