27 de outubro de 2023

Moitas accións estes días.

Pechando o mes de outurbo temos moitas accións

Venres 27
Os do CIDU teñen actividades no Centro Universitario de Riazor dende ás 19,00 ata as 21,30.
Para membros da comunidade universitaria e xogadores do CIDU

Sábado 28
Club Ludo organiza nos Dominicos un torneo por colexios, que pretendía ser unha proba con media ducia de equipos e parece que vai ter o máximo de 12. 

Domingo 29
Non o levamos nos, pero na ERLAC fan un dos torneos promoción.

Martes 31
No Centro Comercial Los Rosales facemos a Xornada Lúdica do Samaín, mezclando xadrez e Carcasonne. O Centro estará con moitas actividades como actuacións musicais e demais.

Mércores 1
Celebraremos na tarde deste día festivo como xa vai sendo tradicional a Copa AGAX e o torneo Tódolos Santos.

Venres 3
O CIDU organiza a Liga de Outono por equipos (partidas blitz e 3 membros por equipo) e o chamado "Campionato do Mundo de Pasapezas"

Sábado 4
O CIDU organiza dentro do Circuito promoción da Federación Galega o Torneo de Outono para categorías sub14, sub12, sub10 e sub8 e os Torneos de Outono Absoluto e Lóstrego.

Animádevos a participar. Seguide as redes sociais dos distintos clubs e equipos para coñecer mais rápido as noticias.

Ningún comentario: