28 de outubro de 2026

Torneos da primeira quincena de novembro

Novembro chega cargado de xadrez. Na primeira quincena do mes temos citas para todos: un torneo online para quentar motores, a tradicional Copa AGAX e o Torneo Tódolos Santos, un gran encontro escolar e o xadrez lóstrego no museo da ciencia. Aquí tedes o calendario, ordenado por datas.

O 1 de novembro celebramos o Día de Tódolos Santos, unha festividade para lembrar a quen xa non está connosco. Tamén no xadrez temos presentes a tantos amigos, compañeiros, mestres e rivais que compartiron taboleiro con nós e que seguen vivos en cada partida que xogamos. Estes torneos son tamén unha homenaxe a eles.

Torneo Online Copa AGAX · Lichess · 1 de novembro

Torneo Online Copa AGAX 2026

O aperitivo perfecto para a Copa AGAX presencial: o domingo 1 de novembro ás 20:00 h (hora peninsular) xógase en Lichess o Torneo Online Copa AGAX, con ritmo de 3'+2''. A participación é gratuíta e aberta a todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess. Conta co patrocinio do Concello da Coruña.

Inscrición no torneo en Lichess  |  Máis información sobre a Copa AGAX Online 2026

Copa AGAX e Torneo Tódolos Santos · CC Los Rosales · 2 de novembro

Cartel da Copa AGAX e Torneo Tódolos Santos 2026

O luns 2 de novembro, na planta 1 do Centro Comercial Los Rosales (A Coruña), AGAX organiza dous torneos en paralelo:

  • Copa AGAX: cadro de eliminatorias sen eliminados (todos xogan ata o final e sae a clasificación completa) a 5 roldas, en formato Armageddon: brancas 5 minutos, negras 4 minutos; en caso de táboas gañan as negras.
  • Torneo Tódolos Santos: suízo a 5 roldas con ritmo de 10'+2''.

A presentación e o sorteo son ás 17:30 h e a entrega de trofeos ás 20:45 h. A inscrición é gratuíta, non require licenza federativa e está limitada a 32 xogadores por orde de inscrición. Haberá trofeos para os tres primeiros e o primeiro sub-10 da Copa AGAX, e para os tres primeiros do Tódolos Santos. Actividade coa axuda do Concello da Coruña.

Formulario de inscrición  |  Máis información sobre a Copa AGAX e o Torneo Tódolos Santos

V Torneo Escolar ERLAC · Cidade das TIC · 7 de novembro

O sábado 7 de novembro, a Cidade das TIC (Avda. de Pedralonga, A Coruña) acolle o V Torneo Escolar ERLAC, 13.º torneo do XIX Circuito Galego de Xadrez de Promoción 2026. Organiza a Escola de Xadrez ERLAC, coa colaboración da Fundación Escola de Relacións Laborais da Coruña e da Federación Galega de Xadrez. Xógase nas categorías sub-8, sub-10, sub-12 e sub-14, por sistema suízo a 7 roldas con ritmo de 10'+5''. A presentación é ás 10:45 h e a clausura ás 19:00 h. É necesario estar federado e hai un máximo de 200 prazas. A inscrición faise por correo electrónico a torneos@xadrezerlac.com ata as 23:00 h do 5 de novembro. Haberá trofeos para os cinco primeiros e o primeiro xogador local de cada categoría, agasallos para todos e sorteo de premios entre os participantes.

Máis información sobre o V Torneo Escolar ERLAC

Xadrez no MUNCYT · A Coruña · 14 de novembro

Cartel do torneo Xadrez no MUNCYT 2026

Dentro da Semana da Ciencia, INCUDE e o CIDU organizan a terceira edición de Xadrez no MUNCYT, o sábado 14 de novembro no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña. Será un torneo lóstrego a 5 roldas con ritmo de 3'+2''. A presentación é ás 16:15 h, a primeira rolda ás 16:30 h e a entrega de premios ás 18:20 h. A inscrición é gratuíta, limitada a 32 xogadores e só a través do formulario. É necesario ter licenza federativa (por obriga legal do seguro de accidentes) e o torneo non é válido para ELO FIDE. Haberá trofeos para os tres primeiros e medalla para todos os participantes. Conta co apoio da Deputación da Coruña.

Formulario de inscrición  |  Máis información sobre Xadrez no MUNCYT

Unha quincena chea de xadrez para todas as idades e niveis. Animádevos a participar e a compartir o calendario!


Organiza: AGAX — Asociación Galega de Xadrecistas
Máis información: agax.org

18 de outubro de 2026

Torneo XXX Aniversario do C.C. Los Rosales - Homenaxe EPR

O sábado 24 de outubro de 2026 celébrase na Coruña o Torneo XXX Aniversario do C.C. Los Rosales, que servirá de homenaxe do xadrez coruñés a Ernesto Pérez Ramil, socio fundador da AGAX.

A organización está coordinada por todas as asociacións de ASENCUDEGA. É un torneo amigable e aberto: pode participar calquera xogador, con ou sen licenza federativa. A cota de inscrición é solidaria: un quilo de alimentos para o Banco de Alimentos.

  • Data: sábado 24 de outubro de 2026, ás 17:00
  • Lugar: planta baixa do Centro Comercial Los Rosales, A Coruña
  • Ritmo: 10 minutos + 3 segundos por xogada, suízo a 5 roldas
  • Cota: un quilo de alimentos para o Banco de Alimentos

Bases do torneo

  • Nome: Torneo XXX Aniversario / Homenaxe a Ernesto Pérez Ramil
  • Data: sábado 24 de outubro de 2026
  • Lugar: planta baixa do Centro Comercial Los Rosales, A Coruña (segundo a participación, poderase habilitar algún espazo adicional)
  • Tipo de torneo: amigable, aberto a calquera xogador con ou sen licenza federativa
  • Hora de inicio: 17:00. Cómpre chegar antes para formalizar a inscrición
  • Horario das roldas: 17:00 / 17:40 / 18:20 / 19:00 / 19:40
  • Entrega de premios: a partir das 20:00
  • Sistema de xogo: suízo a 5 roldas
  • Ritmo de xogo: 10 minutos con 3 segundos de incremento por xogada
  • Categorías: sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e absoluta
  • Desempates: despois da última rolda sortearase a orde entre os seguintes criterios: Buchholz total, Buchholz -1, progresivo e número de partidas gañadas
  • Cota de participación: un quilo de alimentos, que se doará ao Banco de Alimentos
  • Premios: trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría e medalla para todos os participantes de categoría sub-14 e inferiores
  • Inscrición: a través do formulario en liña: https://forms.gle/3yQbDozQDrUt77Va7

Consideracións adicionais

  • A organización poderá xuntar categorías se non se chega ao número mínimo de participantes.
  • A organización poderá deixar algunhas categorías sen reloxo e colocalo só no caso de que a partida se alongue.
  • Os participantes autorizan a publicación dos seus datos persoais nos medios que a organización considere oportunos para a difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.), así como a súa presenza nas fotografías realizadas cos mesmos fins.
  • A participación no torneo implica a aceptación destas normas.

Bases orixinais publicadas en Palaestra: Torneo XXX aniversario

5 de outubro de 2026

Torneos de outono 2026

Chega o outono e con el unha das tempadas máis intensas para o xadrez na Coruña e arredores. Ao longo de outubro e nos primeiros días de novembro hai citas para todos os gustos: torneos presenciais e online, partidas lóstrego e rápidas, competición universitaria e por equipos. Aquí tedes o calendario completo, ordenado por datas.

Torneos de xadrez de outono 2026

XXXII Torneos Virxe do Rosario · A Coruña · 7 de outubro

O Club Ludo organiza os XXXII Torneos Virxe do Rosario, que se celebran o mércores 7 de outubro no Colexio Santo Domingo - FESD (Praza de Santo Domingo, A Coruña). Pola mañá xógase a modalidade lóstrego: suízo a 7 roldas con ritmo de 5'+2'' (inscrición ás 10:30 h e comezo ás 10:45 h). Pola tarde chega a modalidade de rápidas: suízo a 6 roldas con ritmo de 10'+3'' (inscrición de 16:00 a 16:20 h e comezo ás 16:30 h). A inscrición é gratuíta e aberta, cun máximo de 32 xogadores por modalidade. Haberá trofeos para os tres primeiros e para o mellor xogador escolar, trofeos por categorías de idade nas rápidas e medalla para todos os participantes.

Máis información sobre os XXXII Torneos Virxe do Rosario

XXXVII Torneo Universitario · A Coruña · 9, 16 e 23 de outubro

O CIDU e INCUDE organizan unha nova edición do Torneo Universitario, que se disputa durante tres venres no local de xadrez do CC Los Rosales. Será un suízo a 6 roldas (dúas por xornada) con ritmo de 25'+10'', válido para ELO. As partidas comezan ás 18:00 h (o primeiro día hai presentación ás 17:45 h). Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados e para o mellor estudante da UDC.

Máis información sobre o XXXVII Torneo Universitario

Torneo Virxe do Rosario Online · Lichess · 12 de outubro

Para celebrar as festas da patroa da Coruña, AGAX organiza o luns 12 de outubro ás 20:00 h un torneo arena dunha hora en Lichess, con ritmo blitz de 3'+2''. Para participar é imprescindible ser membro do equipo AGAX Aberto en Lichess. Conta co patrocinio do Concello da Coruña.

Máis información sobre o Torneo Virxe do Rosario Online

VII Liga de Equipos Xadrez das Mariñas · 17 de outubro

O sábado 17 de outubro, ás 17:00 h, arrinca a VII Liga de Equipos Xadrez das Mariñas, organizada por AGAX en colaboración co Clube Xadrez das Mariñas e co patrocinio da Deputación da Coruña. Reunirá 16 equipos da zona das Mariñas —A Coruña, Culleredo, Betanzos e Cambre, entre outros— nun encontro interxeracional con máis de 64 xogadores de todas as categorías.

Máis información sobre a VII Liga de Equipos Xadrez das Mariñas

Gran torneo para todos os niveis · CC Los Rosales · 24 de outubro

O sábado 24 de outubro está programado un gran torneo no Centro Comercial Los Rosales, pensado para xogadores de todos os niveis. En breve publicaremos as bases, os horarios e a forma de inscrición. Estade atentos!

Copa AGAX Online 2026 · Lichess · 1 de novembro

Como antesala da Copa AGAX presencial, o domingo 1 de novembro ás 20:00 h celebrarase en Lichess o Torneo Online Copa AGAX 2026, con ritmo de 3'+2''. A participación é gratuíta e aberta a todos os membros do equipo AGAX Aberto. Conta co apoio do Concello da Coruña.

Máis información sobre a Copa AGAX Online 2026

Copa AGAX e Torneo Tódolos Santos · CC Los Rosales · 2 de novembro

O luns 2 de novembro, na planta 1 do Centro Comercial Los Rosales, AGAX organiza dúas competicións simultáneas. A Copa AGAX xógase por eliminatoria en formato Armageddon (brancas 5 minutos, negras 4 minutos; en caso de táboas avanza o xogador con negras). O Torneo Tódolos Santos é un suízo a 5 roldas con ritmo de 10'+2''. A actividade desenvólvese de 17:30 a 20:45 h, coas finais e a entrega de premios ao remate. A inscrición é gratuíta, non require licenza federativa e está limitada a 32 xogadores por orde de inscrición. Haberá trofeos para o campión e o subcampión da Copa AGAX e para os tres primeiros do Tódolos Santos.

Máis información sobre a Copa AGAX e o Torneo Tódolos Santos

Un outono cheo de xadrez para todas as idades e niveis. Animádevos a participar e a compartir o calendario!


Organiza: AGAX — Asociación Galega de Xadrecistas
Máis información: agax.org

17 de setembro de 2026

Actividades de Introducción ó Xadrez

Introdución ao xadrez: maiores e pequenos en aprendizaxe cooperativo

Cando: Todos os mércores, ás 19:30h  |  Lugar: Centro Comercial dos Rosales

Introdución ao xadrez, maiores e pequenos en aprendizaxe cooperativo, todos os mércores ás 19:30h no Centro Comercial dos Rosales

Dentro do programa Xadrez e Saúde, AGAX pon en marcha unha nova actividade semanal no Centro Comercial dos Rosales: unha introdución ao xadrez pensada para que maiores e pequenos aprendan xuntos, compartindo mesa e apoiándose mutuamente. Non fai falla ter experiencia previa: o obxectivo é achegar o xadrez a todas as idades a través dunha metodoloxía de aprendizaxe cooperativo.

Que ofrece esta actividade

  • Formación práctica: sesións pensadas para introducir as regras e a lóxica do xadrez dun xeito ameno e progresivo.
  • Aprendizaxe cooperativo: maiores e pequenos comparten partida e aprenden un do outro, reforzando valores como a paciencia, o respecto e a escoita entre xeracións.
  • Horario: todos os mércores, a partir das 19:30h.
  • Lugar: Centro Comercial dos Rosales.
  • Colaboran: Deputación da Coruña e Centro Comercial dos Rosales.

Inscrición e máis información

A actividade é aberta e gratuíta; para calquera dúbida ou para apuntarse pódese contactar con AGAX a través de:


Organiza: AGAX — Asociación Galega de Xadrecistas
Máis información: agax.org

22 de agosto de 2026

Actividades de final de agosto

Nas últimas semanas do verán, o xadrez coruñés e os clubs veciños ofrecen varias citas destacadas para os afeccionados. Aquí un repaso rápido.

Copa González March 2026 · A Coruña · 24-28 de agosto

Cartel Copa González March 2026

O Club Ludo e o Sporting Club Casino organizan esta copa en homenaxe a José González March, histórico directivo do xadrez coruñés. O torneo absoluto (ELO estándar inferior a 2400) dispútase a 5 rondas con ritmo de 60'+30'', con validez para o ELO FIDE estándar. Haberá tamén torneo Sub-14 a 5 rondas (25'+10'', válido para ELO FIDE rápido). Os dous tableros xóganse no Sporting Club Casino, na Rúa Real 83 de A Coruña.

Máis información sobre a Copa González March 2026

Torneo de Xadrez de Verán 2026 · Cedeira · 28 de agosto

Cartel Torneo de Verán Cedeira 2026

O Concello de Cedeira acolle este torneo de verán a 5 rondas con ritmo de 10 minutos por xogador. Ademais da clasificación absoluta, haberá trofeos para as categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12, e todos os participantes recibirán medalla.

Máis información sobre o Torneo de Verán de Cedeira

Torneo Blitz XDM 2026 · Cambre · 29 de agosto

Xadrez das Mariñas organiza o seu torneo blitz anual na Casa da Cultura Vila Concepción de Cambre. Serán 7 rondas ao ritmo de 5'+3'' de incremento, con validez para o ELO FIDE Blitz. Agárdanse preto de 46 xogadores. A inscrición é de 5 € (2 € para socios do club). O torneo comeza ás 10:30 h e a clausura está prevista para as 13:30 h.

Máis información sobre o Torneo Blitz XDM 2026

24 de xullo de 2026

Actividades do Dia de Galicia


Lembra que esta noite, 26 de xullo ás 21:00h, temos o Torneo Online Día de Galicia en Lichess.

Toda a información e a ligazón para inscribirte: https://www.agax.net/2026/07/torneo-online-dia-de-galicia.html

Agardámoste!

15 de maio de 2026

Actividades no Dia das Letras Galegas

📅 Celebramos as nosas letras no taboleiro: Torneo do Día das Letras Galegas 2026

O vindeiro 17 de maio non só homenaxeamos a nosa lingua e cultura, senón que tamén o facemos coa paixón que nos une: o xadrez. Queremos recordarvos que xa está aberta a convocatoria para o Torneo Día das Letras Galegas 2026, unha cita imprescindible no calendario para os amantes do xaque mate.

Este evento, organizado polo Xadrez Universitario, promete ser unha xornada de convivencia e competición saudable. Non importa o teu nivel, o obxectivo é desfrutar dunha mañá (ou tarde) de estratexia celebrando a nosa identidade.

📍 Datos do Torneo

📅 Data: 17 de maio de 2026
📍 Lugar: Santiago de Compostela (Consultar bases para ubicación exacta)
📝 Inscrición: A través do formulario oficial ou correo electrónico indicado na web oficial.
"O xadrez, coma a lingua, é un xeito de entender o mundo. Participa e axúdanos a facer medrar a nosa comunidade!"

🔗 Máis información e Bases

Podes consultar todos os detalles técnicos, horarios e o formulario de inscrición na ligazón oficial do evento:

VER BASES E INSCRIBIRSE AQUÍ

Agardámosvos a todos para facer desta edición un éxito rotundo. Non o deixes para o último momento, as prazas son limitadas!


Publicado en colaboración con xadrecista.eu e xogandocoxadrez.eu.

27 de abril de 2026

Actividades na ponte do 1 de maio

Aproveitando a ponte do 1 de maio, o xadrez e os xogos de estratexia non descansan. Temos preparadas varias citas importantes na Coruña para que socios e afeccionados desfruten do taboleiro en diferentes modalidades. Aquí tes o resumo do que non podes perder:

1. Torneo de Rápidas e Xogos de Estratexia (30 de abril)

Comezamos a ponte o xoves pola tarde no CUR (Centro Universitario de Riazor) cunha dobre sesión:

  • 19:00 h: Torneo de Rápidas do Socio Colaborador.
  • 20:30 h: Xornada de difusión de Xogos de Mesa de Estratexia.
  • Actividades para socios de AGAX, INCUDE e comunidade universitaria (UDC).

👉 Máis información e detalles: Ver convocatoria completa.









2. Torneo do XXXII Aniversario (1 de maio)

O venres, día festivo, celebramos os 32 anos de traxectoria cun torneo especial. Unha oportunidade perfecta para celebrar a historia do noso xadrez universitario en plena competición.

  • Lugar: Instalacións do INCUDE / Campus Universitario.

👉 Toda a info aquí: Artigo do XXXII Aniversario.




3. Magistral María Pita

Ademais destas citas, recomendamos estar atentos a un dos eventos máis emblemáticos da cidade, o Magistral María Pita, onde o xadrez de alto nivel é o protagonista.

👉 Web oficial do evento: magistralmariapita.com


Vémonos nos taboleiros nesta ponte de maio!

5 de marzo de 2026

Xogade 2026

Temos xa a confirmación de datas para o Deporte Escolar - Xogade -.

Poden participar todos os rapaces nados en 2012 ou seguintes.

Hai que escoller entre unha das dúas opcións:

Opción A. Para os que prefiren os domingos.

Será en Cambre os días 15 e 23 de marzo ás 10,00. Os rapaces xogarían como XDM (Xadrez das Mariñas).

Ópción B. Para os que prefiren os venres tarde

Será en Coruña os venres 10 e 17 de abril ás 18,00. Os xadrecistas participarán como CIDU (Club de Iniciativas Deportivas Universitarias).

Como sabedes é unha competición que recomendamos a todos os rapaces.

En caso de quedar campions os equipos pasarían a una fase intercomarcal a celebrar en Cambre (Vila Concepción) o sábado 25 de abril. 

Anotate premendo AQUI.

13 de febreiro de 2026

Xadrez no entroido

A actividade Xadrez no Entroido serán neste 2026 tres actividades:

1. Torneo de Entroido Online.
Organiza: AGAX.
Data: Sábado 14 de febreiro.
Hora: 16,00 – 17,00.
Espazo: Club Online de AGAX.
Premios: Taza de AGAX.

2. Tarde de Xadrez no Entroido.
Organiza: Palaestra.
Data: Luns 16 de febreiro.
Hora: 16,00 – 19,00.
Espazo: Sala de Usos Múltiples/Xadrez C. C. Los Rosales.
Premios: Taza de Palaestra.

3. Torneo de Entroido.
Organiza: Sporting Club Casino.
Data: Martes 17 de febreiro.
Hora: 17,00.
Espazo: Sporting Club Casino.
Premios: Trofeos por categorías.

30 de xaneiro de 2026

Último fin de semana de xaneiro


O calendario segue cargado de propostas para quen queira xogar, aprender e compartir xadrez. Aquí van dúas citas moi especiais destes días… e lembramos tamén que continúa o torneo de lentas de Imbolc.

Torneo de Entroido no Sporting Club Casino

Recuperamos o tradicional Torneo de Xadrez de Entroido no Sporting Club Casino, unha festa de xadrez e máscaras que volve con forza este 2026.

  • Data: Martes 17 de febreiro de 2026
  • Hora: 17:00 (premios arredor das 19:30)
  • Lugar: Sporting Club Casino – Rúa Real, A Coruña – 1ª planta
  • Ritmo: 10 + 2, sistema suízo a 5 roldas
  • Categorías: Absoluto, Sub14, Sub12, Sub10, Sub8
  • Inscricións: ata o luns 16 de febreiro de 2026
  • Cota xeral: 5 € – Socios Sporting Casino: gratis
  • Licenza: é preciso contar con licenza federativa en vigor
  • Ambiente de Entroido: recoméndase vir disfrazado; haberá algunha sorpresa para os disfraces máis orixinais

Toda a información detallada e ligazóns de inscrición, en: Torneo de Entroido no Casino (Palaestra) .

Tarde de xadrez na Casa da Cultura Vila Concepción

Se che gusta o xadrez e queres vivir unha tarde diferente, tes unha cita na Casa da Cultura Vila Concepción co Club Xadrez das Mariñas.

  • Data: Sábado 31, a partir das 17:00
  • Lugar: Casa da Cultura Vila Concepción
  • Que haberá?
    • Partidas en directo da Liga Galega por Equipos (Preferente, Primeira e Terceira División).
    • Evento amigable aberto tamén a xogadores non federados.
    • Ambiente relaxado para xogar, aprender e coñecer outros afeccionados.
    • Análise de partidas ao remate, con instrutor certificado.

Máis detalles na nova completa: Tarde de xadrez na Casa da Cultura Vila Concepción (XDM) .

Segue en marcha o Torneo de lentas: Imbolc

Dentro dos Martes de Xadrez continúa o Torneo de lentas: Imbolc, pensado como preparación para a Liga Galega e para recuperar o gusto polas partidas a ritmo máis pausado.

  • Ritmo: 45 minutos por xogador
  • Días de xogo: Xaneiro: 20 e 25 — Febreiro: 3, 10 e 24
  • Hora: a partir das 19:15
  • Emparellamentos: cada martes, cinco minutos antes do inicio, cos xogadores presentes
  • Participación: aberta, con ou sen licenza federativa, e con posibilidade de incorporarse en calquera rolda
  • Cota: de balde, dentro da programación da escola de xadrez
  • Premio: trofeo para o gañador do torneo

As bases completas poden consultarse en: Torneo de lentas: Imbolc (Palaestra) .

Entre Entroido, Vila Concepción e as partidas lentas de Imbolc, hai moitas ocasións para seguir xogando co xadrez estes días. Vémonos diante do taboleiro!

16 de xaneiro de 2026

Actividade en xaneiro

Venres 16: Venres no CUR. Clases e actividades para universitarios e socios do CIDU.

Mais info: www.xadrezuniversitario.org

Sábado 17 e domingo 18: Campionatos absolutos provinciais.

Martes 20: Nos Martes de Xadrez inicio do Torneo de Imbolc

Mais info: www.palaestra.eu

Venres 23: Venres no CUR

Sábado 24: Comeza a Liga Galega de Xadrez

Domingo 25: O Club Xadrez Culleredo organiza un torneo por equipos pola mañá e individual pola tarde.

Mais info: https://www.facebook.com/profile.php?id=61573377534914

23 de decembro de 2025

Actividades de Nadal (III)


Torneos e Actividades de Nadal 2025

Recollemos aquí os últimos eventos publicados nestes días en distintas webs da comunidade. Tres torneos online organizados por AGAX, un torneo presencial dentro do ciclo Cidade Vella e un evento social de xadrez na rúa para celebrar o Nadal con inclusión e participación aberta.

♟️ Torneos Online AGAX

🎄 Torneo de Noiteboa

  • Data: Mércores 24 de decembro de 2025
  • Hora: 19:00
  • Plataforma: Lichess
  • Acceso: Aberto para membros do equipo AGAX
  • Máis información

🎅 Torneo Online de Nadal

  • Data: Xoves 25 de decembro de 2025
  • Hora: 20:00
  • Plataforma: Lichess
  • Acceso: Aberto para membros do equipo AGAX
  • Máis información

✨ Torneo de Aninovo 2026

  • Data: Xoves 1 de xaneiro de 2026
  • Hora: 02:30
  • Plataforma: Lichess
  • Acceso: Aberto para membros do equipo AGAX
  • Máis información

🏰 Torneo Xeneral Azcárraga (Torneos na Cidade Vella)

  • Data: Venres 26 de decembro de 2025 16:45
  • Lugar: Colexio Santo Domingo FESD, Praza de Santo Domingo, A CoruñaS
  • Formato: Torneo presencial de partídas rápidas
  • Máis información

🌟 Xadrez na Rúa – Nadal 2025

  • Tipo de actividade: Evento social e inclusivo
  • Data: Domingo 28 de decembro de 2025 desde as 12:00
  • Formato: Xadrez ao aire libre, participación aberta
  • Máis información


Un Nadal cheo de xadrez, tanto online como presencial, para que ninguén quede sen xogar. Vémonos nos taboleiros!

9 de decembro de 2025

Actividades de Nadal 2025 (II)


O mes de decembro segue cargado de torneos para todos os públicos. Aquí recollemos as próximas catro propostas destacadas para gozar do xadrez en ambiente festivo:

🏰 Torneo Cidade Vella

  • Data: Venres 12 de decembro
  • Lugar: Centro Cívico Cidade Vella, A Coruña
  • Hora: Presentación ás 17:15, roldas desde as 17:30
  • Ritmo: 5'+3"
  • Sistema: Suízo a 6 roldas
  • Premios: Trofeos para os 3 primeiros e mellor alumno/a do Colexio Santo Domingo
  • Inscrición: Gratuita. Formulario
  • Non é preciso estar federado
  • Máis información en www.clubludo.com

🎁 XIV Torneo de Nadal (Los Rosales)

  • Data: Sábado 13 de decembro
  • Lugar: Centro Comercial Los Rosales, A Coruña
  • Hora: Inicio ás 17:00
  • Ritmo: 10'+3"
  • Sistema: Suízo a 5 roldas
  • Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10, Sub8
  • Premios: Trofeos para os 3 primeiros en cada categoría. Medallas para os máis pequenos
  • Inscrición: Aportando 1 kg de pasta ou arroz. Formulario
  • Non é preciso estar federado
  • Máis información en www.deporcultura.eu

⚡ Torneo Blitz Nadal 2025

  • Data: Domingo 21 de decembro (mañá)
  • Lugar: Centro Comercial Espacio Coruña
  • Hora: Presentación ás 10:15, roldas desde as 10:30
  • Ritmo: 5'+3"
  • Sistema: Suízo a 7 roldas
  • Premios: 75€, 40€, 25€, + premios sub1800 e sub1600
  • Inscrición: 10€ (socios 5€, titulados FIDE gratis). Formulario
  • É preciso estar federado
  • Máis información en www.xadrezdasmariñas.org

⭐ LXXVII Torneo de Nadal

  • Data: Domingo 21 de decembro (tarde)
  • Lugar: Centro Comercial Espacio Coruña
  • Hora: Presentación ás 15:50, roldas desde as 16:00
  • Ritmo: 10'+3"
  • Sistema: Suízo a 7 roldas
  • Premios: Ata 80€, trofeos por categorías e medallas para sub14
  • Inscrición: 10€ (socios 5€, titulados FIDE gratis). Formulario
  • É preciso estar federado
  • Máis información en www.xadrezdasmariñas.org

Bo Nadal e boas partidas para todos!

2 de decembro de 2025

Actividades de Nadal 2025


Actividades de Nadal 2025

Este mes de decembro a cidade da Coruña énchese de xadrez grazas á implicación de diferentes entidades que organizan torneos abertos para todas as idades. Aquí vai un resumo das principais propostas:

Torneos "Nadal na Cidade Vella" - Club Ludo

  • Datas: Cada venres de decembro
  • Lugar: Variado, dentro da Cidade Vella
  • Formato: Torneos abertos, nunha única categoría
  • Inscrición: Gratuíta. Non é necesario estar federado

Máis información

XVIII Torneo Club Ludo - Santo Domingo

  • Data: Venres 5 de decembro
  • Lugar: Colexio Santo Domingo FESD
  • Hora: Presentación ás 17:30, roldas desde as 18:00
  • Ritmo: 10'+5"
  • Sistema: Suízo a 5 roldas
  • Premios: Trofeos para os 3 primeiros. Medalla para todos os participantes
  • Inscrición: Gratuíta. Máximo 32 xogadores. Formulario de inscrición

Máis información

Torneo Aniversario AGAX

  • Data: Domingo 7 de decembro
  • Hora: 20:00 (hora peninsular)
  • Plataforma: Lichess.org
  • Formato: Torneo aberto para membros do equipo AGAX Aberto
  • Organiza: AGAX, co apoio do Concello da Coruña

Máis información

XIV Torneo de Nadal - SCD Palaestra

  • Data: Sábado 13 de decembro
  • Lugar: Centro Comercial Los Rosales
  • Hora: Inicio ás 17:00, entrega de premios ás 19:30
  • Ritmo: 10'+3"
  • Sistema: Suízo a 5 roldas
  • Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8
  • Premios: Trofeos para os 3 primeiros de cada categoría. Medallas para os máis pequenos
  • Inscrición: A través de este formulario. A cota consiste nun quilo de pasta ou arroz

Máis información

LXXVII Torneo de Nadal - Xadrez das Mariñas

  • Data: Domingo 21 de decembro
  • Lugar: Centro Comercial Espacio Coruña
  • Hora: Presentación ás 15:50, roldas desde as 16:00
  • Ritmo: 10'+3"
  • Sistema: Suízo a 7 roldas
  • Premios: Económicos e trofeos por categorías. Medallas para todos os sub14
  • Inscrición: Ata o 19 de decembro ou completar aforo (110 xogadores). Formulario de inscrición

Máis información

Con estas propostas (temos moitas mais de camino), o xadrez convértese nunha das actividades protagonistas do Nadal coruñés. Participa, aprende e desfruta!

27 de novembro de 2025

Novidades da última semana de novembro 2025

Para os xogadores federados temos o torneo III Open Internacional Jose Antonio Ferreno o próximo día 30 de novembro. Podes consultar máis informacion en info64.org e no enlace oficial de Facebook.

Ademais, para os xogadores no federados (e os federados) pedímosvos que reservedes xa a data do 13 de decembro para o Torneo de Nadal de Xadrez en Palaestra . Será unha cita especial para despedir o ano entre amigos e boas xogadas.

Estamos pendentes dos próximos torneos de LUDO (WEB) que se celebrarán os próximos venres de decembro

Clases de Xadrez

Non esquezades que cada martes continúan as clases en Palaestra.eu, abertas a todos os niveis e cun ambiente acolledor para aprender e mellorar.

Tamén están dispoñibles os cursos da tempada 25/26 de Xadrez das Mariñas , unha excelente oportunidade para seguir formándose e compartir paixón polo xogo.

Seguimos traballando para que o xadrez sexa un punto de encontro e celebración da nosa comunidade. Agardámosvos en cada actividade!

20 de novembro de 2025

Outro fin de semana con xadrez

Esta semana temos varias propostas para seguir xogando e aprendendo xadrez:

  • 📍 III Torneo Xadrez no Temple
    Celebrarase o sábado 22 de novembro na Casa da Cultura Vila Concepción (Cambre), cun ritmo de 10+3 e cinco roldas. A presentación será ás 17:00 e a clausura ás 20:00.
    Máis información e inscricións: www.xadrecista.eu.
  • 🌰 Torneo Online Magosto
    O domingo 23 de novembro ás 20:00 celébrase un torneo en formato arena en lichess.org, exclusivo para membros do equipo AGAX Aberto.
    Detalles e acceso ao torneo: www.agax.net.
  • ♟️ Martes de Xadrez en Palaestra
    Continúan as sesións semanais nos Rosales. Este martes haberá actividade de 19:00 a 20:30, cun torneo amigable para celebrar o espírito do xadrez.
    Máis detalles: www.palaestra.eu.

Animádevos a participar e compartide estas propostas con quen poida estar interesado!

14 de novembro de 2025

Novembro entre taboleiros

O mes de novembro chega cargado de propostas para os amantes do xadrez. Aquí van tres recomendacións para que non perdas ningunha oportunidade de mover pezas:

📍 Sábado 15 - Xadrez no MUNCYT

Coincidindo coa Semana da Ciencia, celébrase un torneo lóstrego no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), na Coruña. A segunda edición deste evento organizado por INCUDE e CIDU, coa colaboración da Deputación da Coruña, promete emoción e rapidez.

  • Ritmo: 3'+2"
  • Horario: Desde as 16:15 ata as 18:20
  • Premios: Trofeos para os tres primeiros e medallas para todos os participantes
  • Inscricións: De balde, máximo 32 xogadores. Formulario aquí

Máis info: Xadrez no MUNCYT

🌐 Domingo 16 - Torneo Online Magosto

Para os que prefiren xogar desde casa, AGAX organiza un torneo online en lichess.org o domingo ás 20:00. Aberto a todos os membros do equipo AGAX Aberto.

  • Formato: Arena
  • Premio: Trofeo para o vencedor
  • Ligazón directa: Accede aquí

Se aínda non es membro do equipo, podes unirte seguindo estas instrucións.

📅 Martes 18 - Martes de Xadrez en Los Rosales

Lembramos que continúan os Martes de Xadrez organizados pola SCD Palaestra no Centro Comercial Los Rosales. Un espazo aberto para aprender, practicar e compartir partidas nun ambiente relaxado.

🏛️ Sábado 22 - III Torneo Xadrez no Temple

Un torneo pensado para os que están comezando no mundo do xadrez, con ambiente amigable e formativo. Terá lugar na Casa da Cultura Vila Concepción (Cambre).

  • Ritmo: 10'+3"
  • Horario: De 17:00 a 20:00
  • Premios: Trofeos para os tres primeiros, mellor sub-14 e sub-10. Medallas para o resto
  • Inscricións: 3€ (socios AGAX exentos)

Máis info: III Torneo no Temple

🎯 Cotro opcións, catro estilos, e moitas máis actividades en marcha. Anímate a participar e a compartir estas propostas cos teus compañeiros de taboleiro.

6 de novembro de 2025

Xadrez no outono

Fin de semana cos Torneos do Outono organizados polo CIDU.

Venres 7
No Centro Comercial Los Rosales.
18,30 Liga de Outono de Xadrez.

20,00 Torneo Lóstrego de Outono. Valedoiro para ELO FIDE. 20,00.

Sábado 8
No Centro Comercial Los Rosales:

Torneo de Outono. Circuito Promoción da Federación Galega.

Torneo de Pasapezas.
Actividade de complemento dos anteriores a mediodía.

Próxima semana
Lembramos que están realizándose os martes de xadrez por parte da SCD Palaestra no Centro Comercial Los Rosales.
Ademais na fin de semana o CIDU organiza un Torneo no MUNCYT e dende AGAX organizaremos o domingo un torneo online.

31 de outubro de 2025

Xadrez e mais na ponte

Unha ponte longa na que temos algunhas cousas que recomendar:

Venres 31
Noite de Samaín. Pola tarde os veciños dos Rosales celebran unha serie de actividades no barrio e no Centro Comercial. Pode ser unha boa idea participar nalgunha delas. 
Info: https://www.cclosrosales.com/viernes-31-tarde-de-halloween/

Sábado 1
Celebramos un dos torneos mais raros do ano; a Copa AGAX que dende hai xa unhas edicións xogase mesturado co torneo Tódolos Santos. Unha ocasión para disputar un suizo e unha proba eliminatoria. Aproveita tamén a tarde para facerte socio da nosa entidade e apoiar este tipo de probas.
Será no Casino a partir das 16,00.
Info: https://www.xadrecista.eu/2025/10/torneos-copa-agax-e-todolos-santos.html

Domingo 2
Dentro do circuito online co Concello da Coruña temos a Copa AGAX Online.
Será ás 20,00 en Lichess.
Info: Torneo Online Copa Agax Arena #nqd7qJ3j • lichess.org

Martes 4
Lembramos que están realizándose os martes de xadrez por parte da SCD Palaestra no Centro Comercial Los Rosales.

E na fin de semana seguinte os torneos de Outono do CIDU, con diferentes probas, desde pasapezas a torneos valedeiros para ELO.