22 de febreiro de 2024

Fin de semana da segunda rolda de Liga

A fin de semana da segunda rolda de Liga ten as seguintes actividades que propoñemos dende a nosa entidade. Agardamos que todos teñades un bó inicio nesta competición e aqui deixamos algunhas das cousas que poden ser do voso interese na fin de semana e días posteriores:

Venres 23:
CIRCUITO DE INVERNO
Só para universitarios da UDC e membros do CIDU.
No CUR segundo torneo deste circuito ás 20,30 horas.

Sábado 24: 
COMEZA A LIGA GALEGA DE XADREZ
Horario: 17,00 en adiante.
O Centro Comercial Los Rosales acolle distintas partidas na súa sala de xadrez que estará aberta dende as16,00.
Mais info en: www.palaestra.eu

Martes 27: 
TORNEO DE LENTAS
Horario: 19,00 en adiante.
Na sala de xadrez do Centro Comercial Los Rosales, Palaestra inicia un novo torneo de partidas lentas disputándose unha partida cada semana.
Mais info en: www.palaestra.eu

Xoves 28:
ADESTRAMENTO ONLINE DA LIGA
Para todos os interesados e de balde.
Marcos Martínez, xogador de ampla traxectoria en clubs coruñeses realizará unha clase ás 19,00.
As clases tamén iranse anunciando en www.agax.net

Ningún comentario: