9 de febreiro de 2024

Actividades do entroido

Estes días nos que se realizan campionatos galegos en distintas categorías non imos estar parados.
Estas son algunhas das actuvidades que teremos.

Venres 9:
CIRCUITO DE INVERNO
Só para universitarios da UDC e membros do CIDU.
No CUR comeza a serie de torneos de rápidas ás 20,30 horas.

Sábado 10: 
TORNEO DE ENTROIDO ABSOLUTO.
Horario: 17,00 a 20,00 aproximadamente.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Ritmo: 15' + 3''
Categoría única, para calquera idade. Suízo a 5 roldas. Máximo 32 participantes.
Cota: 4 euros. Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Mais info en: www.palaestra.eu

Luns 12: 
TORNEO DE ENTROIDO SUB14, SUB12, SUB10 E SUB8
Horario: 16,00 a 18,30 aproximadamente.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Ritmo: 10' + 3''
Categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8. Suízo a 5 roldas. 
Cota: 4 euros
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Medalla para todos os participantes.
Mais info en: www.palaestra.eu

Martes 13: 
TORNEO ONLINE DE ENTROIDO
Horario: 13,00.
No noso equipo en lichess.
Mais info en: www.agax.net

Mércores 14:
TARDE DE XOGOS
Horario: 18,00 a 20,00.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Como o martes é festivo, invitamos aos interesados a acudir o mércores a unha actividade de xadres e xogos:
De 18,00 a 19,00: Montaxe de Legos, Partida de Simón e de Carcasonne
De 19,00 a 20,00: Torneo de partidas blitz de xadrez
Cota: de balde
Mais info en: www.palaestra.eu

Xoves 15:
ADESTRAMENTO ONLINE DA LIGA
Para todos os interesados e de balde.
Marcos Martínez, xogador de ampla traxectoria en clubs coruñeses realizará unha clase ás 19,00.
Os adestramentos seguirán durante a Liga Galega de Xadrez.
As clases tamén se irán anunciando en www.agax.net

Venres 16:
CIRCUITO DE INVERNO
Só para universitarios da UDC e membros do CIDU.
No CUR comeza a serie de torneos de rápidas ás 20,30 horas.

Sábado 17:
COMEZA A LIGA GALEGA DE XADREZ
Como varios equipos disputarán esta primeira rolda no Centro Comercial Los Rosales, a idea será realizar algunha actividade especial.
Permanece atento á convocatoria do teu club e para este primeiro día consulta o que se publique en: www.palaestra.eu




Ningún comentario: