16 de febreiro de 2024

Fin de semana do inicio da Liga e mais

Centramos a fin de semana no comezo da Liga Galega de Xadrez.
Agardamos que todos teñades un bó inicio nesta competición e aqui deixamos algunhas das cousas que poden ser do voso interese na fin de semana e días posteriores:

Venres 16:
CIRCUITO DE INVERNO
Só para universitarios da UDC e membros do CIDU.
No CUR segundo torneo deste circuito ás 20,30 horas.

Sábado 17: 
COMEZA A LIGA GALEGA DE XADREZ
Horario: 17,00 en adiante.
Nesta primeira xornada destacamos que 4 equipo van xogar como locais no Centro Comercial Los Rosales, así que 32 xogadores darán ambiente a primeira partida.
Para todos aqueles interesados poden ir a ver as partidas e botar partidas a partir das 16,00 que abrirá a sala.
Mais info en: www.palaestra.eu

Martes 20: 
TORNEO DE LENTAS
Horario: 19,00 en adiante.
Na sala de xadrez do Centro Comercial Los Rosales, Palaestra inicia un novo torneo de partidas lentas disputándose unha partida cada semana.
Mais info en: www.palaestra.eu

Xoves 22:
ADESTRAMENTO ONLINE DA LIGA
Para todos os interesados e de balde.
Marcos Martínez, xogador de ampla traxectoria en clubs coruñeses realizará unha clase ás 19,00.
Os adestramentos comezaron esta semana e seguirán durante a Liga Galega de Xadrez.
As clases tamén iranse anunciando en www.agax.net

Ningún comentario: