27 de abril de 2020

RESULTADOS BELTAINE, CIRCUITOS E TORNEOS

Tras quedar segundo nas primeiras xornadas deste mes de abril, Jajaquemate logrou a vitoria nestas últimas, as Xornadas de Beltaine, sendo o segundo clasificado, de novo, Rubentro. Nesta ocasión o vencedor logrou a vitoria final grazas aos seus triunfos en dous dos torneos do sábado.

Polo demais os circuitos seguen mais ou menos onde estaban o venres.
Nos torneos Prexantar Rubentro aumentou a súa ventaxe de tal xeito que ainda sen participar no que queda do circuito sería o vencedor do mesmo.
Nos Torneos da sesta tamén Jajaquemate ampliou a marxe co segundo.
No Torneo da Noitiña, non houbo partidas dende o xoves, no que RoiandRoll asumiu o mando.
Tamén lidera os Torneo Vai durmir, RoiandRoll, pero baixa a súa ventaxe a  só 1 punto.
Quedan 4 xornadas para rematar este periodo.


E así o Circuito de Primavera vai deste xeito:


TORNEOS PARA HOXE:

CIRCUITO PREXANTAR - TORNEO 3 XAQUES - 13,00 HORAS PREME

CIRCUITO DA SESTA - TORNEO FISCHERRANDOM (960) - 17,00 HORAS PREME

CIRCUITO DA NOITIÑA - TORNEO FIDE - 21,00 HORAS PREME

CIRCUITO VAI DURMIR - TORNEO FIDE - 0,30 HORAS PREME

Lembra que temos tamen dos dous certames e o prazo de entrega en ambos remata o 30 de abril.

Certame de Debuxo Xadrecistico - Mais info aqui: PREME
Certame de Contos - Mais info aqui:  PREME

Ningún comentario: