14 de abril de 2020

NOVO CIRCUITO ATA FINAL DE ABRIL

Iniciamos hoxe un novo grupo de circuitos.

Temos visto que están consolidados os tres que facemos a diario e que funciona ben a idea das Xornadas Lúdicas das fins de semana.

Que imos facer estes dias que quedan ata finais de abril?

Imos manter as programacións diferenciadas de venres a domingo, coas actividades de Xadrez das Mariñas individuais e por equipos en Lichess e engadiremos mais actividades e non só xadrez.

A diario imos volver a retomar a idea do torneo prexantar, que se realizará ás 13,00 os 15 dias que restan desde este día 15 e que serán da modalidade 3 xaques.

Por qué outro torneo mais? Porque ademais dos circuitos imos facer o premio da xeral, que levará un trofeo.

Para a xeral cada participante sumará o seu mellor resultado do día nun dos circuitos. Así que si un gaña o torneo FischerRandom sumará 5 puntos, independentemente de se tamén gaña o torneo da noite. A mellor marca do día é a que pasará.

Creemos que así tamén daremos maiores posibilidades aos rapaces de competir nesta clasificación xeral. O gañador da xeral recibirá un trofeo como vencedor dos circuitos de Primavera.

Por outra banda cambiamos de novo o horario dos torneos da Noitiña ás 21,00.

Imos?

Torneos para hoxe martes día 14.

CIRCUITO TORNEOS FISCHERRANDOM (960) - 17,00 HORAS PREME

CIRCUITO TORNEOS DA NOITIÑA - 21,00 HORAS PREME

CIRCUITO TORNEOS VAI DURMIR - 0,30 HORAS PREME

Lembra que tedes estes concursos para participar:


Certame de Debuxo Xadrecistico - Mais info aqui: PREME
Certame de Contos - Mais info aqui:  PREME

Ningún comentario: