2 de abril de 2020

2 DE ABRIL

A partir de hoxe cambiamos un pouco o xeito de anunciar os torneos e os resultados, nunha soa publicación diaria indicaremos o vencedor en cada torneo e a ligazón para o torneo de cada día. Ademais en abril publicaremos mais datos do Circuito, no que se pode ver os puntos conseguidos en cada torneo e a suma total do Circuito.

Como xa comentaramos en abril os fines de semana serán distintos, con actividades novedosas, os da primeira fin de semana as anunciaremos este venres cos resultados que deparen os tres torneos de hoxe.

CIRCUITO TORNEOS FISCHERRANDOM (960) - 17,00 HORAS
Con 10 xogadores adriasei gañou o primeiro dos torneos. A sorpresa foi que o anterior vencedor do circuito, rubentro, quedou fora do reparto de puntos.
Hoxe de novo torneo nesta ligazón PREME

CIRCUITO TORNEOS DO SERAN - 20,05 HORAS
Menos participantes que as xornadas anteriores, quizás polo adianto da hora pero maior participación dos rapaces que é do que se trataba.  Oito participantes e a vitoria de korchoi coa presenza de dous sub10 nos primeiros cinco postos. A partir de hoxe empezamos ás 20,05 para non coincidir cos aplausos das 20,00. Lembramos que nesta quincena o circuito do Serán vai ser de só 7 torneos, así que vai estar dificil recuperar unha mala actuación.
O de hoxe nesta ligazón PREME

CIRCUITO TORNEOS VAI DURMIR - 0,30 HORAS
Sete participantes no primeiro dos torneos que gañou franpedre, que gañara o circuito da anterior etapa.
O de hoxe nesta ligazón PREME


Certame de Debuxo Xadrecistico - Mais info aqui: PREME
Certame de Contos - Mais info aqui:  PREME

Ningún comentario: