13 de marzo de 2022

Urxente: Xogos Escolares

Nos próximos días temos os Xogos Escolares da Xunta, do programa xogade.

Está destinado a estas categorías:

Benxamín: nados nos anos 2013-2012
Alevín......: nados nos anos 2011-2010
Infantil....: nados nos anos 2009-2008

Na competición toman parte equipos mixtos e femininos.

Varios equipos colaboran dende hai anos xuntando aos seus xogadores no Xadrez das Mariñas, que antes da pandemia consolidouse como un dos mellores equipos da provincia.

En principio interésanos xogar na fase de Cambre que será os domingos 27 de marzo e 3 de abril de 10:00 a 13:00 horas, no Pavillón Sofía Toro.

Se non podes xogar eses días podemos ver a opción de facer un equipo na Coruña, pero neste caso dan moi pouco tempo e xógase os venres 18 e 25 de marzo no Salón de Actos do Complexo Deportivo de 
Elviña I.

Que temos que facer?

Descargar e cubrir este formulario:

Facerlle unha foto e enviar o formulario ao whatsApp 654 60 37 16. 
Xunto coa foto hai que enviar se se desexa participar no de Cambre (preferente) ou de non poder no da Coruña.

11 de marzo de 2022

Segundo fin de semana de marzo

VENRES DE 18,00 A 18,3
Clases de iniciación no CC Los Rosales. Gratuitas. Para nados en 2008 ou seguintes.
Información AQUI (PREME)

VENRES DE 18,30 A 19,30
Torneo de partidas rápidas para nados en 2008 ou seguintes, tamén no Centro Comercial Los Rosales.
Información AQUI (PREME)

VENRES DE 20,15 A 21,15
No Centro Universitario de Riazor. Circuito de Inverno de partidas rápidas.
A información do circuito podela atopar AQUI (PREME)

SÁBADO DE 16,00 A 17,00
Liga AGAX Online Sub12
Ligazón desta semana: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #wJ4ZkGiG • lichess.org

SÁBADO DE 17,00 EN ADIANTE
Liga Galega de Xadrez
Información do seu desenvolvmento: www.fegaxa.org 
Algúns dos encontros deste sábado:

Xadrez Das Mariñas (XDM) - CXB LUGAMI A
CLUB XADREZ SMYSLOV SADA - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
SPORTING CLUB CASINO - XIRIA CALVO CARBALLO B
CIDU RIAZOR - SPORTING CLUB CASINO 1890
CIDU UDC - CIDU XUVENIL
XADREZ DAS MARIÑAS - ESCOLA XADREZ CAMBRE C

4 de marzo de 2022

Primeiro fin de semana de marzo

 Actividades para estes días, tras o parón do entroido.

VENRES DE 18,00 A 18,3
Clases de iniciación no CC Los Rosales. Gratuitas. Para nados en 2008 ou seguintes.
Información AQUI (PREME)

VENRES DE 18,30 A 19,30
Torneo de partidas rápidas para nados en 2008 ou seguintes, tamén no Centro Comercial Los Rosales.
Información AQUI (PREME)

VENRES DE 20,15 A 21,15
No Centro Universitario de Riazor. Circuito de Inverno de partidas rápidas.
A información do circuito podela atopar AQUI (PREME)

SÁBADO DE 16,00 A 17,00
Liga AGAX Online Sub12
Ligazón desta semana: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #4P8b756t • lichess.org


SÁBADO DE 17,00 EN ADIANTE
Liga Galega de Xadrez
Información do seu desenvolvmento: www.fegaxa.org 
Algúns dos encontros deste sábado:

CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - Xadrez Das Mariñas (XDM)
XIRIA CALVO CARBALLO B - CIDU RIAZOR
CIDU XUVENIL - SPORTING CLUB CASINO
SPORTING CLUB CASINO 1890 - XADREZ NAUTICO CAMARIÑAS
ESCOLA XADREZ CLUBEXA A - CIDU UDC
AVV O GAITEIRO-SIGRAS - XADREZ DAS MARIÑAS

28 de febreiro de 2022

Hoxe temos adestramento

Hoxe luns 28 de febreiro imos facer un adestramento para os socios de AGAX e xogadores federados do CIDU e do Sporting Club Casino.

Centro Comercial Los Rosales

17,00 - 19,30: Suizo a 5 roldas ritmo 15 min. finish

19,30 - 20,30: Xogos de mesa

20,30 - 21,30: Suizo a 5 roldas ritmo 15 min. finish

21,30 - 22,00: Partidas de pasapezas

O horario poderá variar se as roldas vanse adiantando.

Para os que queiran participar: 1 euro ou un kilo de comida.