13 de marzo de 2022

Urxente: Xogos Escolares

Nos próximos días temos os Xogos Escolares da Xunta, do programa xogade.

Está destinado a estas categorías:

Benxamín: nados nos anos 2013-2012
Alevín......: nados nos anos 2011-2010
Infantil....: nados nos anos 2009-2008

Na competición toman parte equipos mixtos e femininos.

Varios equipos colaboran dende hai anos xuntando aos seus xogadores no Xadrez das Mariñas, que antes da pandemia consolidouse como un dos mellores equipos da provincia.

En principio interésanos xogar na fase de Cambre que será os domingos 27 de marzo e 3 de abril de 10:00 a 13:00 horas, no Pavillón Sofía Toro.

Se non podes xogar eses días podemos ver a opción de facer un equipo na Coruña, pero neste caso dan moi pouco tempo e xógase os venres 18 e 25 de marzo no Salón de Actos do Complexo Deportivo de 
Elviña I.

Que temos que facer?

Descargar e cubrir este formulario:

Facerlle unha foto e enviar o formulario ao whatsApp 654 60 37 16
Xunto coa foto hai que enviar se se desexa participar no de Cambre (preferente) ou de non poder no da Coruña.

Ningún comentario: